No mes de novembro hai que facer a renovación parcial do Consello Escolar, para o que está previsto celebrar eleccións entre o 23 e o 29 de novembro, seguindo o calendario establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, DOG do 30 de setembro.
O primeiro paso do proceso é constitución da Xunta Electoral. Para iso, o vindeiro mércores de 2 de novembro ás 11:30h haberá no salón de actos un sorteo público para designar a varios dos seus membros (un profesor ou profesora, un pai/nai/titor/a legal, un representante do PAS, un alumno/a).