Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Blogues

PRESENTACIÓNS INICIO DE CURSO - ENSINO DE ADULTOS

MÓDULO 3 DE ESA: 13 de setembro ás 16:00 h.

BACHARELATO: 14 de setembro ás 16:00 h (1º de Bach) e ás 18:00 h (2º de Bach).

As presentacións serán no salón de actos.

ENSINO DE ADULTOS - PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA

A partir do 1 de setembro ábrese un prazo extraordinario de matrícula para o módulo 3 da ESA e o Bacharelato - adultos.

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA 2023-2024 PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

Publicouse o RDE do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/2024.

Poden acceder a toda a información aquí.

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL

A axuda para vales de material poderá recollerse na Secretaría do IES a partires do catro de setembro.  Na rede tamén poden consultar esta resolución coa Chave 365 ou con Certificado Dixital, a través da aplicación fondolibros.

LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES E 1º ADXUDICACIÓN ORDINARIA DE CICLOS DE FP

FP

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes de admisión e a primeira adxudicación ordinaria de ciclos de FP.

Prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido do 19 de xullo ata as 13:00 horas do 24 de xullo de 2023.

Podedes consultar máis información premendo aquí.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2023/2024

Dende hoxe pódese consultar no taboleiro interior do centro a listaxe provisional de admitidos no Fondo solidario de libros de texto para o curso 2023/2024.

ADMISIÓN A GRAOS BÁSICOS DE FP

portal_fp

Onte publicouse a listaxe provisional de admitidos aos graos básicos de FP para o curso 2023/24. Pódese consultar a listaxe de admitidos premendo aquí, ou ben consultando o arquivo adxunto.

RESUMO DE FIN DE CURSO NA ESO E NO BACHARELATO DIÚRNO

Na documentación adxunta atópase toda a información do fin de curso 2022/2023. TODO O ALUMNADO DA ESO virá recoller as súas notas en papel ao instituto o día 26 de xuño de 11.30 a 12.30 na súa aula de referencia, tal e como se recolle no primeiro arquivo adxunto.

 

fin_de_curso

ADMISIÓN CICLOS FP

 

Achégase o enlace coas instruccións para solicitar on line a admisión nos ciclos de FP así como un arquivo coas datas previstas.

https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-2023-servizos-en-lina

Un saúdo

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut