Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

blogue de admin

OS POLOS CREATIVOS XA ESTÁN AQUÍ!

Polos Creativos

O programa de Polos Creativos xa está en marcha no noso IES! Pero tede paciencia, porque inda estamos a formarnos  para levar a cabo actividades na aula con todos vós. Somos once docentes ben curiosos e inquedos, que remataremos a nosa formación sobre maio, pero antes de rematala, xa estaremos en condicións de facer algunha cousiña nas aulas. 

Seguiremos informando.

Vémonos nos Polos!

Polos Creativos (Curso 2023-2024)

Polos Creativos

EXCURSIÓN AO COUREL CON 1º DA ESO

Tres días incríbeis cargados de bos momentos! O luns visitamos os museos de Quiroga (Etnográfico e Xeolóxico) camiñamos polo val das Mouras, unha paisaxe kárstica de conto chea de covas e vexetación exhuberante. Parada na poza das Mulas para darnos un baño (a auga estaba xeada!) e ver e analizar o bicherío que vive no río Lor.

 

EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA - ESA E BACHARELATO DE ADULTOS

No arquivo pdf adxunto indícanse os días e as horas dos exames da convocatoria extraordinaria do módulo 4 de ESA e de 1º e 2º de Bacharelato de adultos.

Os exames serán os días 19, 20 e 21 de xuño pola tarde.

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA XUÑO: EXAMES DE PENDENTES DA ESO E DO BACHARELATO DIÚRNO.

Achégase no ficheiro adxunto o calendario da convocatoria extraordinaria de xuño. Estas datas están dirixidas ao alumnado que presenta materias pendentes de cursos anteriores na ESO , así coma ao alumnado de 2º de BAC con materias pendentes de 1º BAC.

pendentes_xuño_23

Xornada de sensibilización e comprensión dos nenos/as e adolescentes no Espectro do Autismo

No día de onte o Departamento de Orientación organizou unha Xornada de Sensibilización e Comprensión sobre as persoas no Espectro do Autismo para o alumnado da ESO. As sesións foron impartidas por Marlene Horma Castiñeiras, psicóloga de recoñecida traxectoria que traballa apoiando ás persoas no Espectro do Autismo e as súas familias.

PROBAS EXTRAORDINARIAS DO MÓDULO 3 DE ESA (1º cuadrimestre) - CURSO 2022/23

3 de maio:

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN: Inglés /Francés – de 16:00 a 17:30 h.

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN: L. Galega e L. Castelá – de 17:40 a 19:10 h.

4 de maio:

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023/2024

ADMISIÓN E MATRÍCULA 2023-2024

O prazo oficial de solicitude admisión para o alumnado novo é entre o 1 e o 20 de marzo, ambos incluídos. 

Semana de ENTROIDO

Comeza a conta atrás para a celebración do entroido o próximo venres despois do recreo... Para írmonos preparando, facemos unha proposta de disfraces para cada día da semana. Anímate a participar!

PRESENTACIÓN DO MÓDULO 4 DE ESA - 2º Cuadrimestre (Ensino de adultos)

Será o mércores 8 de febreiro ás 17:00 horas no salón de actos.

O comezo das clases co horario normal será o xoves 9 de febreiro.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut