III Encontro Internacional do Erasmus+ que tivo lugar do 10 ao 16 de marzo, en Calenzano (Italia) realizouse un intercambio interbibliotecario entre o Istituto Comprensivo e o IES Nº1 de Ribeira, no que se fai entrega duns libros e marcapáxinas deseñados polos alumnos.
O mércores 13 de marzo, o alumnado de ESO participou na actividade de animación á lectura organizada pola biblioteca en colaboración coa librería Aenea.
O xoves día 7 o alumnado de 4º ESO realizou unha saída a Santiago de Compostela organizada polo Departamento de Lingua Castelá. Visitaron dúas exposicións, a primeira no CGAC, co título de Homless, de Ángela de la Cruz; e a segunda, na fundación Abanca, a MIIC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea).