Recementemente publicouse a ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.
O obxectivo é premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria.
Destinatarios: alumnado que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en ESO e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
Prazos: dende o 31 de maio ata o 30 de xuño de 2023. Preferiblemente por medios electrónicos ou, no seu defecto, presencialmente.
Características:
- Deberán realizar unha proba presencial, igual para toda a comunidade, o 6 de setembro de 2023.
- Outorgaranse 20 premios con dotación económica.
- Anotarase esta distinción no expediente académico.
Consulta toda a información no seguinte enlace.