Igaciencia convocou un concurso para dar nomes en galego de algúns novos poliedros.
Para participar había que crear o novo poliedro, e poñerlle un nome en galego.
Participaron neste concurso 5 alumnas de 2º da ESO C, fixeron un deseño en papel, utilizando a papiroflexia, e outro deseño cun desenrolo plano do dodecaedro. Logo coa axuda de Xurxo Sánchez Arines, profesor de programación e tecnoloxía, conseguimos tamén un modelo coa impresora 3D.
O nome das alumnas participantes é:
Alejandra Castro Santiago
Sabrine Farid
Inés Garrido Fernández
Presentamos o poliedro feito por estas alumnas e acompañadas pola profesora Carmen Sánchez.
Chámase: "ESTRELEDRO"
Podes ver todos os traballos na páxina de Igaciencia.
http://www.igaciencia.eu/gl/node/371
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ESTRELEDRO. mp4.mp4 | 9.29 MB |