Estas foron as principais accións desenvolvidas no curso 2022-2022 na modalidade EDU innova:
A principal acción desenvolvida cos estudantes foi o proxecto Out of Eden Learn, unha iniciativa pública, educativa e de investigación, de Project Zero (Harvard Graduate School of Education) e National Geographic . Estas actividades leváronse a cabo en horario lectivo dentro da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e propuxeron actividades de ampliación a través da aula virtual do noso centro educativo e da plataforma dixital de Out of Eden Learn.
Co inglés como lingua vehicular formamos parte dun grupo de traballo internacional xunto con outras escolas internacionais de EEUU, Grecia, África, etc.
Realizamos catro actividades do itinerario Introduction to Planetary Health (diseñado por Harvard Graduate School of Education en colaboración con Planetary Health Alliance) que tiñan como obxectivo explorar o entorno local, coa perspectiva da saúde planetaria, e desenvolver a creatividade e a producción artística. En cada actividade os estudantes compartiron co resto de escolas os seus traballos e interactuaron promovendo a comprensión e a reflexión.
En canto as habilidades para o século XXI traballáronse especialmente as habilidades cidadá local-cidadá do mundo, ou competnecia global, a investigación, a autorregulación, o manexo e procesamento da información e o pensamento creativo. O seguinte cadro resume os ámbitos traballados:
O proxecto permitiu mellorar de forma interdisciplinar e dun xeito significativo todas as competencias clave, destacando especialmente a mellora en competencia lingua estranxeira, competencia dixital, en ciencia e tecnoloxía, en expresións culturais, aprender a aprender e iniciativa emprendedora.
As familias recibiron un dossier informativo co programa do proxecto, unha carta de presentación e indicacións para seguir as actividades nas redes sociais do proxecto. No noso centro educativo tamén elaboramos un mural onde compartimos coa comunidade educativa o avance das actividades.
Tamén adquirimos tecnoloxía de última xeneración para formar un entorno educativo basado en Apple Education. Compramos varios dispositivos iPads e configuramos o sistema de xestión do entorno educativo Apple Education. Estas accións implicaron a alta de dispositivos, a configuración e sincronización das plataforma Jamf School e Apple School Manager e a configuración das aplicacións Tareas de Clase e Aula, configurando clases e contas de estudantes e docentes.
As principais accións desenvolvidas no curso 21-22 na modalidade EDUexcelencia foron:
- Proxecto artístico de desenvolvemento do estilo persoal e organización de exposición (3º ESO). Realización de pinturas en cor, técncia acrílicos, e debuxos en claroscuro con carboncillo. Montaxe e exposición de traballos.
- Proxecto STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxenería, Arte e Matemáticas) de robótica e programación con Legos (4º ESO e 1º BAC). Construcción de robot con pezas de LEGO (Creative Toolbox) e superación de diferentes retos de programación seguindo o programa gamificado LEGO BOOST: Build, Code, Play.
- Promoción da excelencia na Competencia Matemática, Científica e Tecnolóxica mellorando as destrezas no ámbito do debuxo técnico (2º BAC).
- Diseminación do coñecemento. Deseño e exhibición no noso centro educativo do póster científico “Situación actual de la atención a los estudiantes con necesidades de apoyo educativo por altas capacidades en el sistema educativo español”. O póster ademais de exhibirse no noso centro presentouse no curso de 4º de ESO e na “VII Reunión Científica de Jóvenes Investigadores” en Avilés, en colaboración coa Universidade de Oviedo, a Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña e a Universidade de Vigo.