Skip to Content

Contratos-Programa

Información do grupo de formación do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) do centro ligado á participación na convocatoria de Contratos Programa liña de excelencia.

VISITA Á CENTRAL HIDROELÉCTRICA DE BELESAR

O alumnado de 4º de ESO e de 1º de FP Básica-INFOFI tivo a oportunidade de participar nas visitas que ofrece o programa EduTecEmprende para o curso 23/24 da Xunta de Galicia, impulsado polos departamentos de Tecnoloxía e Economía. A visita realizada foi á central hidroeléctrica de Belesar, no corazón da Ribeira Sacra (Chantada). Os alumnos e alumnas tiveron a gran ocasión de coñecer as instalacións ó completo. A planta e o encoro son as máis grandes de Galicia. A obra de Belesar data dos anos 60 e consta de dous edificios, o primeiro deles considerado de interese cultural, representando a arquitectura de estilo contemporáneo, obra do arquitecto galego Castañón; e a segunda, xa no interior da presa, coñecida como a mini central, realizada a posteriori, para un maior aproveitamento enerxético. Sen dubida ningunha, unha gran oportunidade académica para o noso alumnado.

EDUexcelencia

Nesta modalidade participaron ademais da docente e coordinadora Sonia González Varela o Departamento de Orientación, con funcións de acompañamento e apoio, o Departamento de Ciencias e a Biblioteca.

Respecto ao alumnado, despois de consultar á xunta de avaliación e ao Departamento de Orientación, realizouse unha proposta de estudantes susceptibles de participar no programa. Para a proposta de estudantes tamén tivemos en conta aqueles nenos e nenas que participaron no programa en pasadas edicións e mostraron interese en participar novamente. O programa estivo aberto a todo o alumnado que mostrou interese en participar.

As actividades comezaron en setembro e estendéronse ata xuño. Sdemais de participar o grupo de estudantes previstos (3º ESO) tamén participaron estudantes de 1º ESO, 2º ESO, 4º ESO, 1º BAC e FP.

En xeral os obxectivos cumpríronse, especialmente os relacionados coa mellora da calidade da ensinanza; atención a alumnado con necesidades educativas por altas capacidades; desenvolvemento dos intereses, da motivación e da autoestima; desenvolvemento persoal e xestión das emocións; fomento do talento; mellora das competencias clave e habilidades para o século XXI e promoción da equidade e a igualdade. 

Desenvolvimos diferentes  proxectos que se organizaron segundo o Modelo SEM (siglas que corresponden a School Enrichment Model ou modelo de enriquecemento escolar). As actividades partiron dos intereses do alumnado e a docente asumiu un rol de facilitadora. As funcións principais da docente foron: motivar aos estudantes, achegar os recursos necesarios para a realización dos proxectos, prestar axuda nas dificultades, promover a reflexión e animar a afondar nos procesos e acadar o máximo potencial. 

As principais accións desenvolvidas foron:

  • Proxecto artístico de desenvolvemento do estilo persoal: creación, edición, publicación e presentación do libro “Nuestros sueños”. En formato papel o libro está dispoñible na biblioteca do centro e en formato dixital pódese descargar na iBookstore. Neste proxecto participaron alumnas de 4º de ESO da materia Educación Plástica, Visual e Audiovisual. As actividades desenvolvéronse no Taller de Debuxo e o libro presentóuse na biblioteca en colaboración co Equipo de Biblioteca.
  • Sesións de aprendizaxe de linguaxe de programación Swift co programa Swiftplayground no que participaron estudantes de 1º ESO durante os recreos no Taller de Debuxo e no que se utilizaron iPads.
  • Proxecto Cuaderno Científico no que participou o grupo completo de estudantes de 1º ESO A en colaboración co Departamento de Artes e o de Ciencias. Realizouse unha entrega de premios con dous premios e tres accésits. 
  • Proxecto Disfraces Anatómicos no que participaron estudantes de 1º BAC en colaboración co Departamento de Artes e o de Ciencias no Taller de Debuxo. 
  • Proxecto de desenvolvemento dos intereses do alumnado: Torneo de fútbol. Organizado por estudantes de 3º ESO dentro da materia Proxecto Competencial e no que participaron estudantes de toda a ESO e BAC. Utilizouse o Taller de Debuxo para as actividades organizativas e o Pavillón de Deportes para as actividades deportivas. Realizouse unha entrega de premios e unha merenda saudable para os finalistas. 
  • Proxecto de desenvolvemento dos intereses do alumnado: Torneo de Xadrez. Organizado por estudantes de 3º ESO dentro da materia Proxecto Competencial e no que participaron estudantes de toda a ESO, BAC e FP. Utilizouse o Taller de Debuxo para as actividades organizativas e o Laboratorio de Ciencias para as actividades. Realizouse unha entrega de premios e entregáronse camisetas conmemorativas a todos os participantes. 

 

As actividades iniciaronse en setembro e estendéronse ata final de curso, dedicáronse horas lectivas dentro da mateira Proxecto Competencial de 3º de ESO; Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 4º de ESO; e numerosos recreos durante todo o curso escolar. Superouse amplamente a temporalización programada, que se establecía inicialmente en 25 horas. Tamén se superou o número de estudantes participantes no que finalmente participaron estudantes de todos os niveis educativos de ESO, BAC e FP.

 

As familias puideron facer un seguimento das actividades a través das publicacións periódicas que difundimos no perfil de Facebook e de Instagram “Cerebritos Encendidos” (proxecto de muro dixital educativo coordinado pola profesora Sonia González Varela).

EDUexcelencia

EDUinnova

Transformouse o taller de debuxo nun espazo flexible dotandoo dos recursos necesarios para promover o clima, as interaccións e a contorna adecuadas para aplicar metodoloxías activas e un modelo pedagóxico innovador. A importancia do ámbito artístico para a innovación e o desenvolvemento fan do obradoiro de debuxo un núcleo de acción para a transformación educativa. O modelo de Ecosistema A+I+D+i promove un modelo de ensino activo e presenta unha solución para resolver as tensións existentes entre o contexto social, económico e político e os espazos educativos actuais.  Transformar o obradoiro de debuxo nun ambiente flexible e dotalo dos recursos necesarios que xeren o clima, as interaccións e o ambiente adecuados é unha tarefa complexa que require superar diferentes obstáculos. No noso caso o maior obstáculo é o espazo como recurso. O Taller de Debuxo actualmente divídese en dúas partes, unha das partes se destina a outros fins e só contamos con 55 m2 aproximadamente, o que limita o seu uso a grupos e materias optativas cun límite de 10 alumnos. O espazo dispoñible está lonxe dos 250 m2 que ocupa o Future Classroom Lab e os 110 m2 que a lei educativa española prevé, como mínimo, para o obradoiro de debuxo.

Actualmente o sistema funciona case por completo para grupos de 10 estudantes e agardamos nos próximos anos poidamos acadar o obxectivo de atender a grupos completos duns 20 alumnos.

Taller de DebuxoTaller de Debuxo 2

- Diseminación do coñecemento presentando na “VIII Reunión Científica de Jóvenes Investigadores” o póster científico “Del taller de dibujo al ecosistema A+i+D+I Lab”.  As xornadas desenvolvéronse na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, en colaboración coa Universidade de Oviedo, a Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña e a Universidade de Vigo. O póster ademais exhibiuse na entrada do noso centro. 

 

PRINCIPAIS ACCIÓNS DESENVOLVIDAS NO CURSO 21-22 NA MODALIDADE EDU INNOVA

Estas foron as principais accións desenvolvidas no curso 2022-2022 na modalidade EDU innova: 

A principal acción desenvolvida cos estudantes foi o proxecto Out of Eden Learn, unha iniciativa pública, educativa e de investigación, de Project Zero (Harvard Graduate School of Education) e National Geographic . Estas actividades leváronse a cabo en horario lectivo dentro da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e propuxeron actividades de ampliación a través da aula virtual do noso centro educativo e da plataforma dixital de Out of Eden Learn. 

Co inglés como lingua vehicular formamos parte dun grupo de traballo internacional xunto con outras escolas internacionais de EEUU, Grecia, África, etc. 

Realizamos catro actividades do itinerario Introduction to Planetary Health (diseñado por Harvard Graduate School of Education en colaboración con Planetary Health Alliance) que tiñan como obxectivo explorar o entorno local, coa perspectiva da saúde planetaria, e desenvolver a creatividade e a producción artística. En cada actividade os estudantes compartiron co resto de escolas os seus traballos e interactuaron promovendo a comprensión e a reflexión. 

En canto as habilidades para o século XXI traballáronse especialmente as habilidades cidadá local-cidadá do mundo, ou competnecia global, a investigación, a autorregulación, o manexo e procesamento da información e o pensamento creativo. O seguinte cadro resume os ámbitos traballados: 

O proxecto permitiu mellorar de forma interdisciplinar e dun xeito significativo todas as competencias clave, destacando especialmente a mellora en competencia lingua estranxeira, competencia dixital, en ciencia e tecnoloxía, en expresións culturais, aprender a aprender e iniciativa emprendedora.  

As familias recibiron un dossier informativo co programa do proxecto, unha carta de presentación e indicacións para seguir as actividades nas redes sociais do proxecto. No noso centro educativo tamén elaboramos un mural onde compartimos coa comunidade educativa o avance das actividades. 
foto
 
 
 foto
 
 

Tamén adquirimos tecnoloxía de última xeneración para formar un entorno educativo basado en Apple Education. Compramos varios dispositivos iPads e configuramos o sistema de xestión do entorno educativo Apple Education. Estas accións implicaron a alta de dispositivos, a configuración e sincronización das plataforma Jamf School e Apple School Manager e a configuración das aplicacións Tareas de Clase e Aula, configurando clases e contas de estudantes e docentes.  

 

As principais accións desenvolvidas no curso 21-22 na modalidade EDUexcelencia foron:

  • Proxecto artístico de desenvolvemento do estilo persoal e organización de exposición (3º ESO). Realización de pinturas en cor, técncia acrílicos, e debuxos en claroscuro con carboncillo. Montaxe e exposición de traballos.     
  • Proxecto STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxenería, Arte e Matemáticas) de robótica e programación con Legos (4º ESO e 1º BAC). Construcción de robot con pezas de LEGO (Creative Toolbox) e superación de diferentes retos de programación seguindo o programa gamificado LEGO BOOST: Build, Code, Play. 
 
  • Promoción da excelencia na Competencia Matemática, Científica e Tecnolóxica mellorando as destrezas no ámbito do debuxo técnico (2º BAC).
  • Diseminación do coñecemento. Deseño e exhibición no noso centro educativo do póster científico “Situación actual de la atención a los estudiantes con necesidades de apoyo educativo por altas capacidades en el sistema educativo español”. O póster ademais de exhibirse no noso centro presentouse no curso de 4º de ESO e na “VII Reunión Científica de Jóvenes Investigadores” en Avilés, en colaboración coa Universidade de Oviedo, a Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña e a Universidade de Vigo. 
 foto
 foto
 
foto
 

Exposición artística de debuxos

Exposición artística de debuxos elaborados por Nahir Armesto Pallares e Carlos Jackson Muthia

Exposición artística- Fotografía 1  Exposición artística- Fotografía 2  Exposición artística- Fotografía 3  Exposición artística- Fotografía 4  Exposición artística- Fotografía 5

MURR

Esta revista temática é o resultado do traballo interdisciplinar e en equipo do alumnado do IES Muralla Romana (1º de ESO A y B, e 3º de ESO A, B e PEMAR) e o grupo de docentes participantes no grupo de formación Desenvolvemento do Talento e Altas Capacidades do CFR Lugo, 2020-21.

Revista temática en pdf pdf
Revista temática en epub epub

Ligazón para acceder á revista en Apple Books (Mac, iPhone, iPad…) Ligazón á revista en Apple Books

 

 

 

 

A TRÍADA ESCURA

Acabamos de presentar en las redes sociales (cerebritos encendidos) el videojuego A tríada escura, desarrollado por Alexandre Fraga en colaboración con el resto del grupo de estudiantes de la convocatoria Contratos Programa y coordinado por Sonia González Varela.

Formas de acceder:

https://edu.cospaces.io/VXT-XQL

 código QR

 

Distribuir contido


by Dr. Radut