Skip to Content

XIC

Xornadas de Interrelación Curricular

Vídeo II Concurso "Lucus Intercentros"


 
II Concurso "Lucus Intercentros"

 

Resumo II Concurso "Lucus Intercentros", publicado pola Deputación de Lugo

 

II Concurso "LUCUS INTERCENTROS"

X XORNADAS DE INTERRELACIÓN CURRICULARX XORNADAS DE INTERRELACIÓN CURRICULAR

II CONCURSO
"LUCUS INTERCENTROS"

BASES DO CONCURSO

Ao IES As Mercedes foille comunicado que pasarán a ser Centro Integrado de Formación Profesional. Entre as medidas adoptadas polo seu Equipo Directivo estivo a de non participar no II Concurso Lucus Intercentros. Nesta edición foi substituído polo IES O Camiño de Palas de Rei.

1.- INTRODUCIÓN

É este un concurso de preguntas e respostas dirixido a alumnos de primeiro curso de bacharelato. Está organizado dentro das X Xornadas de Interrelación Curricular. Estas xornadas, como o seu nome indica, teñen como finalidade interrelacionar currículos de diferentes ensinanzas e persoas de distintos centros educativos.

2.- OBXECTIVOS

2.1. Interrelacionar alumnos de primeiro curso de Bacharelato dos Institutos de Educación Secundaria da cidade de Lugo: Anxel Fole, As Mercedes, Leiras Pulpeiro, Lucus Augusti, Muralla Romana, Nosa Señora dos Ollos Grandes, Sanxillao e Xoán Montes.

2.2. Poñer en práctica a parte do currículo dos alumnos do Ciclo Superior de Secretariado referida á organización de eventos e actos públicos.

2.3. Interrelacionar profesores dos IES da cidade de Lugo.

2.4. Vivir unha xornada lúdica agradable para todos os participantes.

3.- DA ORGANIZACIÓN

3.1. Organización e colaboracións

a) Organizan os alumnos do Ciclo Superior de Secretariado do IES Muralla Romana e a profesora de Proxecto Integrado.

b) Colaboran:

- Na elaboración das preguntas que se plantexan ao longo das diferentes fases do concurso, profesores dos Institutos da cidade.

- Profesores e alumnos do departamento da Familia de Informática do IES Muralla Romana, para a presentación dixital do mesmo.

- Profesores e alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC (Deputación Provincial de Lugo) na publicidade, produción e realización.

- Profesores e alumnos do CIFP Politécnico de Lugo, na creación dos pulsadores.

- Profesores e alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño “Ramón Falcón”, na fotografía.

3.2. O II Concurso “Lucus Intercentros” terá lugar o día 5 de abril de 2013 no Salón de Actos do IES Muralla Romana de Lugo e poderá ser visto en directo pinchando nun banner, que a tal efecto, aparecerá na web da Fundación TIC: www.fundaciontic.org.

4.- DOS PARTICIPANTES

4.1. Poderán participar oito equipos, un por cada Instituto de Educación Secundaria público da cidade de Lugo. O nome xenérico de cada equipo virá dado polo do centro ao que pertence. Cada equipo pode elixir un nome específico. Exemplo: “Os Senlleiros” do Muralla Romana. Os institutos, comunicarán o nome específico, do equipo e o nome e apelidos dos alumnos participantes antes do día 15 de marzo de 2013 ás 12:00 usando a dirección de correo electrónico: estheraldariz@edu.xunta.es.

Cada equipo estará composto por tres membros.

4.2. Todos os equipos deberán estar no Salón de Actos do IES Muralla Romana o día 5 de abril ás 10:00 horas.

5.- DO PROCEDEMENTO

5.1. Datas e horarios

5.1.1. Día 15 de marzo de 2013.

12:00 horas: Remata o prazo para que os Institutos envíen o nome dos tres compoñentes e o nome específico do equipo (se fora o caso).

5.1.2. Día 4 de abril de 2013.

11:30 horas: Sorteo público para as eliminatorias de cuartos de final. Salón de Actos do IES Muralla Romana.

5.1.3. DÍA 5 de abril 2013.

10:00 horas.- Presentación de todos os equipos no Salón de Actos do IES Muralla Romana.

10:30 horas.- Primeira eliminatoria de cuartos de final

10:50 horas.- Segunda eliminatoria de cuartos de final

11:10 horas.- Terceira eliminatoria de cuartos de final

11:30 horas.- Cuarta eliminatoria de cuartos de final

11:50 horas.- DESCANSO

12:20 horas.- Primeira semifinal. Confrontaranse os gañadores da primeira e da terceira eliminatoria de cuartos de final.

12:40 horas.- Segunda semifinal. Confrontaranse os gañadores da segunda e cuarta eliminatoria de cuartos de final.

13:00 horas.- Terceiro e cuarto posto. Disputarán o terceiro posto os eliminados en semifinais.

13:20 horas.- Final. Disputarán o primeiro e segundo posto os gañadores de semifinais.

13:40 horas.- Entrega de premios.

5.2. Eliminatorias

O procedemento será o mesmo en todas as eliminatorias:

- Cada equipo nomeará a un portavoz que será o que pulse a resposta acordada.

- Plantéxanse 10 preguntas de cultura xeral sobre os seguintes temas: Actualidade, Bioloxía e Xeoloxía, Deportes, Física e Química, Francés, Inglés, Latín e Grego, Lingua e Literatura casteláns, Lingua e Literatura galegas, Matemáticas, Música e Xeografía e Historia.

- Unha vez formulada a pregunta, e ofrecidas as tres posibles opcións (A, B e C), os equipos contarán con 15 segundos para marcar a que consideren acertada. Se a resposta é correcta, sumaranse no marcador do equipo 10 puntos. Se non é correcta o marcador permanecerá invariable.

- En caso de empate ao final das 10 preguntas:

- Pasarase a utilizar o pulsador. Cada un dos equipos terá un pulsador.

- O primeiro en acender a luz, despois da palabra “TEMPO” dita polo presentador do concurso, será o que teña a opción de contestar a pregunta nos seguintes 15”. Se acerta, será o gañador da eliminatoria,

- Se non acerta, o outro equipo poderá responder; se a resposta é correcta, será o gañador da eliminatoria. De fallar, pasarase á seguinte pregunta na que se actuará do mesmo xeito.

6.- DOS PREMIOS

1º PREMIO.- Unha tablet BQ Readers Maxwell - Plus, para cada un dos membros do equipo que se proclame vencedor.

2º PREMIO.- Unha tablet BQ Readers Maxwell - Lite, para cada un dos membros do equipo que acade a segunda posición.

3º PREMIO.- Unha memoria USB de 32 G para cada un dos membros do equipo que acade a terceira posición.

4º PREMIO.- Unha memoria USB de 16 G para cada un dos membros do equipo que acade a cuarta posición.

ACCÉSIT.- Unha memoria USB de 8 G para cada un dos equipos participantes que non teñan acadado ningún dos premios citados con anterioridade.

Participantes e Colaboradores
Participantes e Colaboradores

Acta do sorteo - eliminatorias cuartos de final - II concurso "Lucus Intercentros".

Vídeo

Fotografías

 II CONCURSO "LUCUS INTERCENTROS"
CLASIFICACIÓN FINAL E PREMIOS
POSTO EQUIPO PREMIO ENTREGADO POR
1  "SANXILLAO" do IES SAN XILLAO TABLET BQ READERS MAXWELL - PLUS O Sr. Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U.
D. José Jesús Ramos Ledo
2  "OS LEIRAS DE LEIRAS" do IES LEIRAS PULPEIRO TABLET YARVIK Luna 7c O Sr. Inspector Xefe da Consellería de Cultura, Educación e O.U.
D. Jaime Santoalla Varela
3  "ÁNXEL FOLE" do IES ÁNXEL FOLE MEMORIA USB DE 32 GB. Sr. Inspector do IES Muralla Romana
D. Federico Pérez Morán
4  "LUCUS AUGUSTI" do IES LUCUS AUGUSTI MEMORIA USB DE 16 GB. Sra. Directora do IES Muralla Romana
Dª Mª Antonia Varela Trigo
ACCÉSIT  "OS CAMIÑANTES" do IES DO CAMIÑO MEMORIA USB DE 8 GB. Sr. Xefe de Estudos do IES Muralla Romana
D. Jerónimo Villamarín Camiño
ACCÉSIT  "OLLOS GRANDES" do IES A NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES MEMORIA USB DE 8 GB. Sr. Secretario do IES Muralla Romana
D. José Carlos Salvador Pérez
ACCÉSIT "A PIRIN CREW" do IES MURALLA ROMANA MEMORIA USB DE 8 GB. Sr. Xefe do Departamento da Familia de Administración e Xestión
D. Salustiano Velo Sabín
ACCÉSIT "PORTANONA" do IES XOAN MONTES MEMORIA USB DE 8 GB. Sra. Titora do Ciclo Superior de Secretariado (curso organizador)
Dª Aida Rabanal Fernández

I Concurso "Lucus Intercentros" en vídeo

I Concurso "Lucus Intercentros" en vídeo

 

 

IX Xornadas de Interrelación Curricular

20/04/2012 20:00
20/04/2012 23:00

IX Xornadas de Interrelación Curricular
Resumo en imaxes


Presentación realizada pola organización
Fotografías

Distribuir contido


by Dr. Radut