Skip to Content

Actividades

Actividades realizadas polo EDNL

Rutas literarias

28/01/2015 10:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTAS LITERARIAS
 Contos de Medo no Museo

 

Día:          28 de xaneiro   
Organiza:  Dpto. de Lingua Galega e Dinamización Lingüística
Hora:       10:00 h.
Lugar:       Museo de Lugo
Para:        4º ESO e 4º PDC


 

Actividade didáctica incluída no programa ofertado polo Museo Provincial de Lugo.

Hai catro rutas: a do botón, a do gato, a do anel e a do pozo. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro Contos de medo no museo, que os estudantes deberán levar xa lido. Ditos relatos son: O botón encarnado, Sangue de gato negro, O anel dos destinos cruzados e O pozo dos desexos.

Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.

Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, exlibris e bloc) e didácticos (caderno do alumnado).

As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan aos estudantes nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.

Deixan descargar o libro, desde a web do museo Información do libro na rede

Blog do Departamento de Didáctica da Rede Museística de Lugo Información do libro na rede

Sesión de cine: A ESMORGA.

17/12/2014 09:30
17/12/2014 12:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:  Sesión de cine - A ESMORGA
 Día:         17 de decembro
Organiza:  Dpto. L. Galega e EDNL
Hora:        09:30-12:30
Lugar:      Cine de AS TERMAS
Para:        4º ESO, 1º e 2º BAC

Alumnos/as de 4º de ESO e os/as de Bacharelato asistirán á proxección da película "A ESMORGA", nos cines das Termas.

Sinopse: Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.
 
Baseada no libro de Eduardo Blanco Amor, de lectura obrigatoria para o alumnado.
 

Vídeos: Recitado dun poema de Celso Emilio Ferreiro

Vídeos do RECITAL: Un poema de Celso Emilio Ferreiro.

O 12 do 12 do 2012 ás 12h. no salón de actos do IES Muralla Romana soaron versos de Celso Emilio Ferreiro, nun recital poético que protagonizaron alumnos de 1º de BAC.

Momento que recollen os seguintes vídeos, no que cabe destacar a interpretación do poema na lingua de signos.



Unha pequena homenaxe destes estudantes, uníndose así á conmemoración do centenario do poeta celanovés. 2012 foi declarado Ano Celso Emilio Ferreiro polo Parlamento Galego co gallo do centenario do nacemento do escritor e político ourensán.
Distribuir contido


by Dr. Radut