Skip to Content

Actividades

Actividades realizadas polo EDNL

Ruta ROSALÍA

12/04/2018 08:30
12/04/2018 19:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTA ROSALÍA
Casa de Rosalía

Día:
Organiza:
Hora:
Lugar:

Para:
 

12 de abril
Dpto. Lingua Galega
08:50-19:30
Padrón e Santiago de Compostela
1º BAC

ITINERARIO:

08:30 h - Saída do centro.

11:00 h - Visita ao Museo de Rosalía (Padrón)

12:00 h - Visita á Fundación Camilo José Cela (Padrón)

16:30 h - Visita ao Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela)

19:30 h - Hora de regreso estimada ao centro.

 

Os alumnos/as desprazaranse a mediodía desde Padrón a Santiago de Compostela, onde xantarán, ou ben de bocata que leven da casa ou ben no lugar que escollan en Santiago.

Rutas literarias polo museo

01/03/2018 12:00
01/03/2018 14:20
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTAS LITERARIAS
 Contos do Museo

 

Día:         1 de febreiro e 1 de marzo   
Organiza:  Dpto. Lingua Galega/EDNL
Hora:        12:00
Lugar:       Museo de Lugo
Para:         4º ESO-A o 1/2/2018
                 4º ESO-B o 1/3/2018

Recursos a empregar: libro e follas de ruta.

Hai catro rutas: a de Minos, a do Astrágalo, a do Paxaro e a do Carneiro Alado. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro: “Contos de Fantasmas no Museo”. Conta cunha folla de ruta que o alumnado debe completar xa no museo. Logo comprobarán os resultados de cada unha das catro expedicións.

Deixan descargar o libro, desde a web do museo Información do libro na rede

FOTOGRAFÍAS

Asistencia á representación da obra teatral "Logos"

22/01/2018 11:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Asistencia á representación da obra de teatro LOGOS
  Cartel da obra teatral Logos Día:     22 de xaneiro
Hora:   11:30 ás 14:20
Lugar:  Auditorío Gustavo Freire
Para:    1º BAC
Organiza: Dpto. Lingua Galega

 

Concurso Portada LATRICADAS 2018

Os Departamentos de Dinamización Lingüística e Plástica convocan un concurso para a creación da portada da revista Latricadas.

  • Lugar de presentación: Vicedirección.
  • Prazo: Remata o 9 de marzo.
  • Premio único: Camiseta en algodón con lenda en galego.
  • Entrega de premio: No salón de actos o 16 de marzo.

 

De non presentaren os traballos a calidade precisa, o premio poderá declararse deserto.

Asistencia á representación da obra teatral "Pelos na lingua"

25/10/2017 08:00
25/10/2017 19:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Asistencia á representación da obra de teatro "Pelos na lingua".
 Cartel da obra teatral Pelos na linguao

Día:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:
 

25 de outubro
Dpto. Lingua Galega
08:50-19:30 (aprox)
Santiago de Compostela
4º ESO  A e B

O alumnado asistirá á representación da obra teatral, Pelos na lingua, da compañía Talía Teatro.

Distintos autores e autoras galegas participaron na creación deste espectáculo que interpretan Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez, baixo a dirección de Avelino González.

Unha comedia estruturada en sketches que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega; tratando o tema dun xeito irónico, sarcástico e retranqueiro.

É unha útil ferramenta didáctica para traballar contidos relacionados coa sociolingüística: os múltiples e variados prexuízos lingüísticos, a relación lingua-mocidade... A finalidade é a reflexión do alumnado.

Máis información Web de Talía Teatro

Os alumnos tamén visitarán ó Museo do Pobo Galego.

Viaxe cultural á Costa da Morte - Ruta Pondaliana

29/05/2017 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe cultural Costa da Morte

Día:         29 de maio
Organiza:  EDLG
Hora:       08:50-20:30
Lugar:      Ponteceso / Ézaro / Fisterra
Para:        4º ESO A e B

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:  RUTA PONDALIANA, na Costa da Morte.

Ponteceso: Ofrenda floral e lectura de poemas.

Castro de Borneiro.

Cabana de Bergantiños: Dolmen de Dombate

Muxía: Descanso para comida (que levarán da casa) - Santuario Virxe da Barca, Pedra de Abalar.

Ézaro: Museo da Electricidade, Vista da Fervenza

Fisterra (faro)

Carnota (se hai luz, ver a Praia)

Mazaricos

Sigüeiro

Chegada estimada a Lugo 20:30 h

logo
Ruta Pondaliana

Correlingua 2017

04/05/2017 10:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CORRELINGUA 2017- LUGO
 Día:         4 de maio 
Hora:       10:30-13:30 aprox.
Para:       1º ESO  e 2º ESO
Lugar:      Cidade de Lugo
Organiza: Dinamización Lingüística

CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.

Programa da actividade en Lugo

ITINERARIO:

Saída da Praza de Santa María – Chegada á Porta de Bispo Aguirre – Segue pola Ronda deica a entrada na Muralla pola porta do Campo Castelo – Paso pola Praza Maior – Crúzase de novo á Praza de Sta.María para subir á Muralla pola rampa da Porta de Santiago – Volta á Muralla – Chegada á Praza de Sta. María.

ACTUACIÓNS/ACTIVIDADES:

- Presentación: Luís, O Caruncho

- Lectura do Manifesto, por Noemí López(Ilustradora).

- Gañadores de concursos:

- Manifesto: "Óculos" do CPI Afonso VII de Caldas de Reis

-Vídeo: “Os catas da mata” CPI Suárez Marquier do Rosal.

-Banda deseñada; Educación Infantil do CEIP Manuel Luís de Ourense

- Concurso de Pancartas.

- Actuación do Grupo de Cantalingua: Biribirlocke

Máis información: www.correlingua.gal Enlace a web externa

Correlingua 2016 - Lugo

11/05/2016 10:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CORRELINGUA 2016- LUGO
 Día:         11 de maio 
Hora:       10:30-13:30 aprox.
Para:       2º ESO A/B/ACC
Lugar:      Cidade de Lugo
Organiza: Dinamización Lingüística

CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.

Programa da actividade en Lugo

ITINERARIO:

Saída da Praza de Santa María – Chegada á Porta de Bispo Aguirre – Segue pola Ronda deica a entrada na Muralla pola porta do Campo Castelo – Paso pola Praza Maior – Crúzase de novo á Praza de Sta.María para subir á Muralla pola rampa da Porta de Santiago – Volta á Muralla – Chegada á Praza de Sta. María.

ACTUACIÓNS/ACTIVIDADES:

- Presentación Talía Teatro
- Lectura do Manifesto.  
- Actuación grupo Cantalingua: Liviao de Marrao

Máis información: www.correlingua.org Enlace a web externa

Asistencia á representación da obra teatral "Bicos con lingua"

11/04/2016 08:50
11/04/2016 14:20
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Asistencia á representación da obra de teatro "Bicos con lingua".
 Cartel da obra teatral Bicos con lingua

Día:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:
 

11 de abril
Dpto. Lingua Galega
08:50-14:20
A Coruña
2º ESO sen ACC
3ºESO-B + 3º PMAR

O alumnado asistirá á representación da obra teatral, Bicos con lingua, da compañía Talía Teatro.

Distintos autores e autoras galegas participaron na creación deste espectáculo que interpretan Artur Trillo e Toño Casais, baixo a dirección de Avelino González.

Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situacións cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.

É unha útil ferramenta didáctica para traballar contidos relacionados coa sociolingüística.

Máis información Web de Talía Teatro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut