12 de abril Dpto. Lingua Galega 08:50-19:30 Padrón e Santiago de Compostela 1º BAC
ITINERARIO:
08:30 h - Saída do centro.
11:00 h - Visita ao Museo de Rosalía (Padrón)
12:00 h - Visita á Fundación Camilo José Cela (Padrón)
16:30 h - Visita ao Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela)
19:30 h - Hora de regreso estimada ao centro.
Os alumnos/as desprazaranse a mediodía desde Padrón a Santiago de Compostela, onde xantarán, ou ben de bocata que leven da casa ou ben no lugar que escollan en Santiago.
Día: 1 de febreiro e 1 de marzo Organiza: Dpto. Lingua Galega/EDNL Hora: 12:00 Lugar: Museo de Lugo Para: 4º ESO-A o 1/2/2018 4º ESO-B o 1/3/2018
Recursos a empregar: libro e follas de ruta.
Hai catro rutas: a de Minos, a do Astrágalo, a do Paxaro e a do Carneiro Alado. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro: “Contos de Fantasmas no Museo”. Conta cunha folla de ruta que o alumnado debe completar xa no museo. Logo comprobarán os resultados de cada unha das catro expedicións.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Asistencia á representación da obra de teatro "Pelos na lingua".
Día: Organiza: Hora: Lugar: Para:
25 de outubro Dpto. Lingua Galega 08:50-19:30 (aprox) Santiago de Compostela 4º ESO A e B
O alumnado asistirá á representación da obra teatral, Pelos na lingua, da compañía Talía Teatro.
Distintos autores e autoras galegas participaron na creación deste espectáculo que interpretan Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez, baixo a dirección de Avelino González.
Unha comedia estruturada en sketches que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega; tratando o tema dun xeito irónico, sarcástico e retranqueiro.
É unha útil ferramenta didáctica para traballar contidos relacionados coa sociolingüística: os múltiples e variados prexuízos lingüísticos, a relación lingua-mocidade... A finalidade é a reflexión do alumnado.
Día: 4 de maio Hora: 10:30-13:30 aprox. Para: 1º ESO e 2º ESO Lugar: Cidade de Lugo Organiza: Dinamización Lingüística
CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.
Programa da actividade en Lugo
ITINERARIO:
Saída da Praza de Santa María – Chegada á Porta de Bispo Aguirre – Segue pola Ronda deica a entrada na Muralla pola porta do Campo Castelo – Paso pola Praza Maior – Crúzase de novo á Praza de Sta.María para subir á Muralla pola rampa da Porta de Santiago – Volta á Muralla – Chegada á Praza de Sta. María.
ACTUACIÓNS/ACTIVIDADES:
- Presentación: Luís, O Caruncho
- Lectura do Manifesto, por Noemí López(Ilustradora).
- Gañadores de concursos:
- Manifesto: "Óculos" do CPI Afonso VII de Caldas de Reis
-Vídeo: “Os catas da mata” CPI Suárez Marquier do Rosal.
-Banda deseñada; Educación Infantil do CEIP Manuel Luís de Ourense
Día: 11 de maio Hora: 10:30-13:30 aprox. Para: 2º ESO A/B/ACC Lugar: Cidade de Lugo Organiza: Dinamización Lingüística
CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.
Programa da actividade en Lugo
ITINERARIO:
Saída da Praza de Santa María – Chegada á Porta de Bispo Aguirre – Segue pola Ronda deica a entrada na Muralla pola porta do Campo Castelo – Paso pola Praza Maior – Crúzase de novo á Praza de Sta.María para subir á Muralla pola rampa da Porta de Santiago – Volta á Muralla – Chegada á Praza de Sta. María.
ACTUACIÓNS/ACTIVIDADES:
- Presentación Talía Teatro - Lectura do Manifesto. - Actuación grupo Cantalingua: Liviao de Marrao
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Asistencia á representación da obra de teatro "Bicos con lingua".
Día: Organiza: Hora: Lugar: Para:
11 de abril Dpto. Lingua Galega 08:50-14:20 A Coruña 2º ESO sen ACC 3ºESO-B + 3º PMAR
O alumnado asistirá á representación da obra teatral, Bicos con lingua, da compañía Talía Teatro.
Distintos autores e autoras galegas participaron na creación deste espectáculo que interpretan Artur Trillo e Toño Casais, baixo a dirección de Avelino González.
Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situacións cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.
É unha útil ferramenta didáctica para traballar contidos relacionados coa sociolingüística.