Skip to Content

Actividades

Actividades realizadas polo EDNL

Latricadas 24 - Curso 2018 - 2019

 

Pódedes consultar a revista premendo neste enlace, e tamén podedes lela revista na web, accedendo a esta páxina.

Agardamos que sexa do voso agrado.

Letras Galegas 2018

17/05/2018 00:01
17/05/2018 23:58

 LETRAS GALEGAS

Con motivo das Letras Galegas, un grupo de alumnos e alumnas da ESO recitaron en Verso a Verso”, programa da radio online Openradio, o conto versado “Can branco, can negro” do libro Eu conto, ti cantas de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano.

Para o desenvolvemento da actividade contouse coa presenza no centro de Magadán, a coordinadora do programa, quen se encargou de introducir o alumnado na recitación, podendo así inserirse a través das súas voces na obra da autora.

Letras galegas radio

Viaxe a Celanova

28/05/2018 08:45
28/05/2018 14:24

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR:

Viaxe a Celanova (Ourense)

Día:         28 de maio
Hora:       08:45-19:30 (aprox.)
Para:        3º ESO A e B (Sen PMAR)
Organiza:  Depto Galego e EDGL

Despois da visita podes entrar no noso album de flick para ver máis fotos.

Os alumnos/as de 3º de ESO, xunto coa súa profesora de galego, recollen un diploma de agradecemento outorgado pola Fundación Curros Enríquez xa que o noso centro leva visitando Celanova xa 5 cursos, realizando actividades relacionadas con escritores galegos coma Celso Emilio Ferreiro e Curros Enríquez.

Actividade extraescolar: Fundación Otero Pedrayo e Roteiro literario Ourense

10/05/2018 08:50
10/05/2018 19:30

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR:

Fundación Otero Pedrayo e Roteiro literario por Ourense

Día:         10 de maio
Hora:       08:50-19:30
Para:        4º ESO A e B
Organiza:  Dpto. Galego e EDGL

ITINERARIO:

 

- 10:30: visitarán a Fundación Cultural Otero Pedrayo, en Trasalba.

- Desprazamento a Ourense. A comida é libre (levar da casa ou comer en Ourense).

- 16:30: realizarán un Roteiro literario pola cidade de Ourense. (Preme na imaxe para obter máis información).

Roteiro literario por Ourense

Charla de Antía Yáñez

03/05/2018 09:40
03/05/2018 10:30

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:

Charla Antía Yáñez

 Antía Yáñez

Día:         3 de maio
Horas:      09:40 ás 10:30
Para:        2º e 3º ESO
Lugar:      Salón de actos
Organiza: Depto Galego e EDGL

Antía Yáñez (Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión.

Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria" 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016).

Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.

O misterio de Portomarín. Antía Yáñez

 

Correlingua 2018

09/05/2018 09:40
09/05/2018 13:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CORRELINGUA 2018- LUGO
 Día:         9 de maio 
Hora:       9:40-13:30 aprox.
Para:       1º ESO  e 2º ESO
Lugar:      Cidade de Lugo
Organiza: Dinamización Lingüística

CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.

Programa da actividade en Lugo

ITINERARIO:

Saída da Praza de Santa María – Chegada á Porta de Bispo Aguirre – Segue pola Ronda deica a entrada na Muralla pola porta do Campo Castelo – Paso pola Praza Maior – Crúzase de novo á Praza de Sta.María para subir á Muralla pola rampa da Porta de Santiago – Volta á Muralla – Chegada á Praza de Sta. María.

A seguinte foto amosa a pancarta realizada polos alumnos do centro e agún dos alumnos participantes:

Equipo Ies Muralla no Correlingua 2018

Asistencia a obra teatral Anagnórise

24/04/2018 09:40
24/04/2018 11:30

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR:

Asistencia obra treatral Anagnórise

Día:         24 de abril
Hora:       09:40-1
Lugar:      IES Lucus Augusti
Para:        4º ESO e 1º BAC
Organiza:  Dpto. Galego. Dinamización lingüística

Distribuir contido


by Dr. Radut