Skip to Content

Actividades

Actividades realizadas polo EDNL

ASISTENCIA Á REPRESENTACIÓN TEATRAL, LEONARDO E OS BIOSBARDOS

O alumnado de 1ºESO e 2º ESO asistiu á representación teatral, Leonardo e os biosbardos, posta en escena pola compañía "A Xanela do Maxín". Baseada na obra de Blanco Amor, tratáronse temas como a superación dos medos, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas. 

 acomodándonos        momento da actuación

ASISTENCIA Á REPRESENTACIÓN LEONARDO E OS BIOSBARDOS

07/02/2022 12:10
07/02/2022 13:40

O alumnado de 1ºESO e 2º ESO asistirá á representación teatral, Leonardo e os biosbardos, posta en escena pola compañía "A Xanela do Maxín". Baseada na obra de Blanco Amor, trataranse temas como a superación dos medos, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas. 

Lugar: Auditorio Gustavo Freire

Horario: 12:10h - 13:40h (aproximadamente)

 

 

OBRADOIRO DE PRENSA ESCRITA

A xornalista Sara Carreira (coordinadora do Programa prensa-escuela de La Voz de Galicia) impartiu un obradoiro, no que lles achegou ao alumnado de 4ºESOA o camiño a seguir para a elaboración dunha reportaxe. 

 foto   foto

 

TÍRALLE DA LINGUA 2021

O xurado do XX Concurso de relato oral Tíralle da lingua decidiu NON outorgar premio ás representantes do noso centro neste certame. 

Parabéns aos/ás premiadas no concurso!

Milleiros de felicitacións para Sara e Nahir pola súa participación e o seu bo facer. Sabedes que, para nós, sodes gañadoras!

Deixámosvos cos enlaces para poder gozar das súas historias. 

O hábito do defunto

O leñador honrado

OBRADOIRO DE ESCRITA A CARGO DE TARABELA CREATIVA

01/12/2021 08:45
01/12/2021 22:10

Carmen Conde de Tarabela Creativa impartirá un taller de poesía e narrativa, baixo a perspectiva de xénero, aos seguintes cursos: 

2ºESOA-B-C 

Taller de poesía

HORARIO: 8:45H -10:25H

3ºESOA- B- PMAR 

Taller de narrativa 

HORARIO: 

12:30H 14:10H

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. NON MÁIS BÁGOAS!

imaxeToda a comunidade educativa participou ao longo deste mes de novembro nas actividades que realizamos para lembrar que somos moitas as voces que din moi alto: 

NON QUEREMOS MÁIS BÁGOAS! 

E como di Carlos Negro, "NUNCA ME PINTES COSTURAS NOS LABIOS" 

Premendo nesta ligazón ou na imaxe veredes todo o que nos uniu e nos unirá ata que se poña fin a este tipo de violencia. 

PRESENTACIÓN DA OBRA DE IGNACIO VILLAR, AURA 1964

O sábado 13 de novembro asistimos no Vello Cárcere de Lugo á presentación do guión escrito por Ignacio Villar, Aura 1964. Este evento contou coa presenza do xornalista Paco Nieto e a actriz Melania Cruz. Os/as asistentes gozamos dunha contextualización da obra única e, por riba, conseguimos unha dedicatoria do autor para a biblioteca do centro. GRAZAS! 

momentos da presentación   

OBRADOIRO DE ESCRITA para os LATRICÁNS

08/11/2021 13:10
08/11/2021 14:10

Os/as gañadores/as do manifesto, Inmunízate co galego, no Correlingua do 2021 gozarán do seu premio, un obradoiro de escrita, da man de Ana Carreira

DÍA 8 DE NOVEMBRO

HORARIO: 13:10h- 14:10h 

 Para máis información do obradoiro, premede aquí. 

ANA CARREIRA IMPARTE UN OBRADOIRO DE ESCRITA PARA OS LATRICÁNS DO MURALLA

O día 8 de novembro, os/as gañadores/as do manifesto, Inmunízate co galego, no Correlingua do 2021 gozaron do seu premio: un obradoiro de escrita, da man de Ana Carreira

Aprenderon novas técnicas de creación escrita, elaboraron historias colectivas, compartíronas e gozaron de momentos cheos de maxia grazas a Ana Carreira. 

Se pinchades na imaxe poderedes ver fotos do obradoiro. 

Agardamos que este obradoiro motive, aínda máis, o alumnado  a seguir escribindo. 

MOITAS GRAZAS, ANA! 

Correlingua 2021: Latricáns do @iesmuralla gañan o manifesto

Latricáns, alumnado de 1º ESO do IES Muralla Romana, gaña o manifesto do Correlingua 2021, pedindo que todo o mundo se vacine #InmunízateCoGalego

Manifesto

Distribuir contido


by Dr. Radut