Skip to Content

Actividades

Actividades realizadas polo EDNL

BASES PARA PARTICIPAR NO CALENDARIO "O ANO DAS EMOCIÓNS"

Cartel concursoPoderá participar no concurso para elaborar o calendario do ano 2023 toda a comunidade educativa (preferentemente alumnado) do IES MURALLA ROMANA.

A temática do concurso será "O ANO DAS EMOCIÓNS". Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.

As fotografías ou ilustracións presentaranse en formato dixital. Deben ser arquivos preferiblemente JPG ou PNG e con boa resolución (calidade), en formato apaisado. O peso do arquivo non debe superar un máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o curso, nome e primeiro apelido do autor/-a e a palabra elixida para a emoción que reflicte a fotografía/ilustración. Exemplo: 1ºESO_A_NomeApelido_agarimoso.jpg.

Samaín no Muralla

GRAZAS! Aos que participastes nos concursos de Cabaza Falangueira e aos que enchestes a biblioteca de cor cos vosos disfraces; así como aos que organizastes o concurso, aos que axudastes coa decoración, aos que fixestes tan terroríficas maquillaxes, aos que animastes ao alumnado a participar e aos que lestes os contos e votastes polos vosos favoritos.

NORABOA! Aos gañadores do concurso de cabazas: Eddy Unai, Alexandre, Karla e Sabela; aos gañadores do concurso de contos: Violeta, Malena, Ana Sofía, Susana y Tifí; e a tódolos demais participantes polo voso esforzo e creatividade.

Biblioteca Contos CabazasGañadores e presentadorBiblioteca samaín

Preme sobre cada imaxe para vela mellor

Samaín

28/10/2022 11:15

A Cabaza Falangueira andará a procura dos autores dos mellores contos e cabazas sobre as 10:30 da mañá.

Quen queira descubrir quen son os gañadores, poderá coñecelos no tempo de lecer na biblioteca.

ENTREGA DE PREMIOS E FESTIVAL DE CLAUSURA, ENREDADANDO CO GALEGO 2022

16/06/2022 11:35
16/06/2022 14:00

O alumnado que participou en  EnRedando co Galego 2022 está convidado á entrega de premios, sorteo e concerto-fin de festa. 

LUGAR: Auditorio Gustavo Freire

HORARIO: 11:45H -14:00H

 

TALLER LITERARIO, I ENCONTRO DE NOVAS VOCES

14/06/2022 09:45
14/06/2022 19:00

O martes 14 terá lugar o I Encontro de novas voces, que contará coa presenza de alumnado que  participou na nova edición de EnRedando Co Galego 2022. Para ler as composicións que achegou todo o alumnado participante, premer no enlace

O taller será impartido por Xesús Fraga e Yolanda Castaño

HORARIO de saída do centro e regreso ao IES: 

SESIÓN DE MAÑÁ:  09:45H - 14:00H 

SESIÓN DE TARDE: 15:45H - 19:00H 

LUGAR: Patio do Vello Cárcere de Lugo. 

O alumnado irá acompañado por unha docente tanto á ida como á volta. 

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

O Día das Letras Galegas do 2022 dedicáselle a Florencio Delgado Gurriarán e, coma todos os anos, intentamos achegar o alumnado a coñecer a obra e personalidade do autor/a homenaxeado/a.

Deixámosvos cos traballos que foron realizando para coñecer máis a este autor que sempre foi fiel ao seu idioma e á súa TERRA.

Alumnado de 2ºESO participou na elaboración deste vídeo que nos achega os datos máis significativos do autor e da súa obra. Grazas a Marta, a súa profesora de inglés e membro do equipo da biblioteca, pola coordinación. 

O club de lectura realizou dous pasapalabras para seguir coñecendo o autor dun xeito lúdico e, agardamos, satisfactorio. 

Animámosvos a que premades nos seguintes  enlaces do seu blog para comezar a xogar. 

1.- Para ir coñecendo a Florencio Delgado Gurriarán

2.- Seguimos coñecendo a Florencio Delgado Gurriarán

PRESENTACIÓN DA NOVA EDICIÓN DE ENREDANDO CO GALEGO

Hoxe asistimos no salón de actos do centro á presentación dunha nova edición de #EnredandoCoGalego, actividade na que o alumnado amosará nas súas creacións literarias que a lingua galega "está para quedar". 

momento da actuación momento da actuación momento da actuación

Grazas a Anxo, Lois e Rubén por volver ao centro, e tamén a Leo Arremecaghona por facernos gozar da súa música e das letras das súas cancións. 

 

PRESENTACIÓN DE #EnredandoCoGalego

19/04/2022 10:25
19/04/2022 11:15

Lois Pérez e Anxo Lamelo presentarán a actividade #EnredandoCoGalego. 

DÍA: 19 DE ABRIL

HORARIO: 10:25H- 11:15H.

ASITENTES: 2ºESO A_B_C.

LUGAR: Salón de actos

NON Á GUERRA

O alumnado achegou a súa opinión sobre o conflito bélico que estamos vivindo e deixaron a súa postura rotunda para reivindicar a PAZ e dicir NON Á GUERRA!

Realizaron ilustracións, redactaron manifestos, escribiron cartas ao director, lembraron cancións que tiñan como única mensaxe A PAZ. 

Con todo isto queren amosar que son o presente e que no futuro non consentirán vivir nun mundo no que o respecto non sexa a única bandeira. 

imaxe de Anum Zahra

Máis información. 

MULLERES NA MÚSICA

No concerto de música en directo, interpretado por Fátima e Nuria (Entresóns), coñecemos anécdotas, citas e detalles curiosos das compositoras ao longo dos tempos, pero que non gozaron do recoñecemento merecido polo feito de ser MULLER.  

Grazas Fátima e Nuria por facernos gozar duns momentos inesquecibles! 

imaxe das intérpretes un momento da segunda sesión un momento do concerto

Esta actividade foi o colofón para lembrar o DÍA 8 DE MARZO, xa que dende había días o alumnado estivera traballando para insistir no importante que é conseguir a igualdade neste mundo. Podedes premer neste enlace para ver os traballos realizados. 

Como di o alumnado: "DEDICADO A TODAS AS MULLERES DO MUNDO"

FOTOS DO CONCERTO

Distribuir contido


by Dr. Radut