Premiada no Concurso: Jóvenes Talentos. Premio Relato Corto
A alumna Noa Rubio Rodríguez, do IES Muralla Romana, recibe o segundo premio do Concurso Coca-Cola Jóvenes Talentos Premio Relato Corto
A alumna, que formaba parte do grupo de clasificados nos sectores provinciais na 54ª edición do concurso de literatura xuvenil máis lonxevo do país, recibíu o 2º premio nunha cerimonia que se celebrou o pasado venres 23 de maio na Illa de San Simón (Redondela) e que reuníu a todos os finalistas de Galicia.
O concurso, dirixido ao alumnado de 2º de ESO e no que participan centros de toda España, estimula a práctica do relato curto nas aulas. Este IES Muralla Romana xa obtivo diferentes premios en edicións anteriores sendo a profesora Mª Luisa Cadenas quen coordinou o traballo na aula e promoveu a participación do alumnado.