Skip to Content

Concursos

Convocatorias de concursos

IX Concurso "LUCUS INTERCENTROS"

17/01/2020 11:00
17/01/2020 14:00

Cartel  Concurso LUCUS INTERCENTROS en pdf
CARTEL pdf     BASES pdf

IX Concurso "LUCUS INTERCENTROS"

Sorteo - eliminatorias cuartos de final
16/01/2020

Acta do sorteo pdf       O sorteo en vídeoVídeo


IX Concurso LUCUS INTERCENTROS en diferido

IX Concurso "LUCUS INTERCENTROS"

Clasificación pdf       Emisión en diferidoVídeo


CONCURSO: BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!!

 

BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!!


Cartel do concursoCONCURSO:
Deseñamos a identificación dos contedores de lixo do centro.

OBXECTIVOS:
- Sensibilizar e concienciar á comunidade educativa sobre a correcta selección do lixo e do uso dos contedores do centro.
- Fomentar unha cultura e práctica de hábitos saudables que non contaminen o medio ambiente.
- Concienciar á comunidade educativa sobre o valor dos residuos.
- Desenvolver diferentes actividades que poñan en práctica a regra das 3R: reducir, reutilizar e reciclar.

TEMÁTICA:
O concurso: BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!! ten como finalidade concienciar a toda a comunidade educativa á hora de seleccionar os residuos xerados por nós. Comezando polo que está máis próximo, educarémonos para facelo alá por onde vaiamos.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN: Os e as participantes terán que deseñar unha imaxe que identifique o lixo que recolle cada contedor:
  • Amarelo
  • Azul
  • Verde
- A imaxe debe presentarse en formato A4 con técnica libre e debe ser orixinal e inédita.

DESTINATARIOS/ AS:
  • Alumnado de 1ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor azul.
  • Alumando de 2ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor amarelo.
  • Alumnado de 3ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor verde.
PRAZO
Dende o 18 de novembro ata 16 de decembro de 2019.

EXPOSICIÓN E GAÑADORES/AS
Cos traballos presentados a concurso realizarase unha exposición no centro e o xurado valorará e elixirá os tres que mellor reflictan o obxectivo deste concurso.

XURADO
Estará formado polos membros do grupo de biblioteca, un representante do equipo directivo e un membro do persoal non docente.

PREMIOS
Haberá tres primeiros premios, xa que serán elixidos os mellores deseños para cada contedor. Impresión dos deseños gañadores para colocar en cada contedor.
VALE LIBRARÍA para os/as autores/ as

[CARTEL DO CONCURSO]
Cartel creado con Canva

BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: “ UN MES, UNHA MULLER! "

 

BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: " UN MES, UNHA MULLER! "


Cartel concursoPoderá participar no concurso calquera alumno/a do IES MURALLA ROMANA matriculado/-a no curso 2019-2020.

A temática do concurso será "Un mes, unha muller". Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.

As fotografías deben presentarse en formato dixital. Deben ser arquivos JPG e o seu tamaño mínimo de 2000 píxeles x 2000 píxeles, preferiblemente en formato apaisado. O peso do arquivo non debe superar un máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o nome e primeiro apelido do autor/-a e o título da fotografía, por exemplo: NomeApelido_camiñandopaseiñosempresechega.jpg.

Cada fotografía enviarase por correo electrónico ao enderezo ies.muralla.romana@edu.xunta.gal co asunto da mensaxe “Concurso de Fotografía 2019”. Tamén se poderán presentar as fotografías nun pendrive entregándoo a Consuelo Devesa (vicedirectora).

A presentación das fotografías suporá a aceptación e autorización ao IES Muralla Romana para a publicación das mesmas na súa páxina web, medios dixitais, soportes en papel, catálogos etc. Aínda que se manteñen os seus dereitos de autor.

O período de envío de fotografías comeza o 1 de novembro de 2019 e remata o 30 de novembro de 2019, ambos inclusive.

Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías. Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas ao autor/-a ou que non sexan propiedade do autor/-a nin tampouco fotografías que foran premiadas con anterioridade noutros certames ou concursos.

O participante manifesta e garante que é o/a único/ a titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía que presenta a concurso e responsabilízase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereitos de imaxe.

Formarase un xurado formado por tres profesores/-as do instituto ( 1 pertencente ao grupo de biblioteca, 1 representante do equipo directivo e 1 en representación do claustro) e un/ unha representante do persoal non docente. Outorgaranse 1º, 2º e 3º premio entre as fotos presentadas polo alumnado.

Ademais destas 3 fotografías premiadas elixiranse outras 9 para elaborar o calendario do 2020.

Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, a promoción á hora de recoñecer a presenza da muller na sociedade e a calidade artística da fotografía. Rematado o prazo de inscrición e envío de fotografías, o veredicto do xurado terá lugar o 3 de decembro.

Aceptación das Bases: O feito de participar no concurso supón a total aceptación das bases e dos termos e condicións. O participante declara que as fotografías que presenta a concurso cumpren estritamente os requisitos sinalados nestas bases.

[CARTEL DO CONCURSO]



Olimpíada Matemática Galega 2018

O pasado xoves 26 de abril, a nosa alumna de 2º ESO Uxía Sierra Rouco, presentouse á fase de zona da Olimpíada Matemática Galega 2018, organizada por AGAPEMA.

Uxía superou esta primeira fase e participou na fase final da Olimpíada, que se celebrou en Lugo o 24 de maio e onde se enfrontará aos outros 39 alumnos e alumnas que pasan á final.

Desde o IES Muralla Romana queremos felicitar á nosa alumna de 2º ESO, Uxía Sierra, xa que o pasado 24 de maio quedou coma finalista da Olimpíada Galega de Matemática, e polo tanto, participará, xunto con outros dous estudantes galegos, na fase española da Olimpíada. 

Podes obter maís información da Olimpíada 2018 e seguir as probas se premes neste enlace.

Concurso Portada LATRICADAS 2018

Os Departamentos de Dinamización Lingüística e Plástica convocan un concurso para a creación da portada da revista Latricadas.

  • Lugar de presentación: Vicedirección.
  • Prazo: Remata o 9 de marzo.
  • Premio único: Camiseta en algodón con lenda en galego.
  • Entrega de premio: No salón de actos o 16 de marzo.

 

De non presentaren os traballos a calidade precisa, o premio poderá declararse deserto.

Concurso TRAPALLADAS LINGÜÍSTICAS

Concurso fotográfico
TRAPALLADAS LINGÜÍSTICAS

A proposta é fixarse en calquera tipo de escrito (carteis na rúa, folletos, etiquetas, mensaxes na roupa, etc.) nos que se incorreu nalgún tipo de erro (ortografía, sintaxe, anglicismos superfluos, barbarismos, etc.), fotografalo e engadir unha lenda debaixo da ilustración (explicativa, humorística, etc.).

As fotografías expoñeranse e someteranse a unha votación. As máis votadas serán premiadas.

A data de remate dos envíos será o domingo 17/12/2017 ás 23:59 horas.

Enderezo ao que enviar as fotos: concursotrapalladas@gmail.com

Votacións no centro o luns 18/12/2017

Bases do concurso 

Concurso fotografía "REVELANDO A DESIGUALDADE"

20/11/2017
27/11/2017
Concurso fotográfico REVELANDO A DESIGUALDADE

Os alumnos de ASIDIR fan un concurso de fotografía dentro da semana da Violencia de xénero. O prazo para participar é dende o 20 ó 27 de novembro. Animate a participar!!

Bases do concurso 

VII Concurso Europeo de Marcapáxinas

Gran éxito do IES Muralla Romana no VII Concurso Europeo de Marcapáxinas. Un excelente traballo o do noso alumnado de TIC (4ºESO) e de 1º SIMIRE, recompensado en forma de premios que conseguiron:

Ao concurso presentáronse a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2017 – Carlos Casares. Participaron animados polo profesor Ero Sante Gueimonde, interesado en promover a colaboración escolar con outros centros europeos, utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación. 

Desde aquí desexámoslles os nosos parabéns tanto aos premiados como ao seu profesor; animándovos a todos e todas a seguir participando nestes proxectos.

Nas seguintes imaxes podedes ver os marcapáxinas premiados do noso instituto no concurso deste ano.

Anverso do marcapáxinas de Andrea Durán AbelleiraReverso do marcapáxinas de Andrea Durán Abelleira

Anverso do marcapáxinas de Martín Sanjurjo Campello e Kevin Calvin PérezReverso do marcapáxinas de Martín Sanjurjo Campello e Kevin Calvin Pérez

Anverso do marcapáxinas de Juan Seijas MigueizReverso do marcapáxinas de Juan Seijas Migueiz

Distribuir contido


by Dr. Radut