Skip to Content

Concursos

Convocatorias de concursos

BASES PARA PARTICIPAR NO CALENDARIO "O ANO DAS CULTURAS DO MUNDO"

Poderá participar no concurso para elaborar o calendario do ano 2024 toda a comunidade educativa (preferentemente alumnado) do IES MURALLA ROMANA.

A temática do concurso será "O ANO DAS CULTURAS DO MUNDO"(é dicir calquera imaxe que faga relación á música, festas, gastronomía, construcións, paisaxe, vestimenta,…) Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.

As fotografías ou ilustracións presentaranse en formato dixital. Deben ser arquivos preferiblemente JPG ou PNG e con boa resolución (calidade), en formato apaisado. O peso do arquivo non debe superar un máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o curso, nome e primeiro apelido do autor/-a e a palabra elixida para a cultura do mundo que reflicte a fotografía/ilustración. Exemplo: 1ºESO_A_NomeApelido_bereberes.jpg.

Cada fotografía enviarase por correo electrónico ao enderezo actividadesmuralla@gmail.com co asunto da mensaxe “Calendario.Culturas do mundo”. Tamén se poderán presentar as fotografías nun lapis de memoria entregándoo ao profesorado responsable desta actividade.

O período de envío de fotografías remata o 27 de outubro de  2023, inclusive.

A presentación das fotografías/ilustracións suporá a aceptación e autorización ao IES Muralla Romana para a publicación das mesmas na súa páxina web, medios dixitais, soportes en papel, catálogos etc. Aínda que se manteñen os seus dereitos de autor.

Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías e/ou ilustracións. Non se aceptarán traballos realizados por persoas distintas ao autor/-a ou que non sexan propiedade do autor/-a nin tampouco traballos que foran premiadas con anterioridade noutros certames ou concursos.

O participante manifesta e garante que é o/a único/ a titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía/ilustración que presenta a concurso e responsabilízase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereitos de imaxe.

Formarase un xurado formado por cinco profesores/-as do instituto (1 pertencente ao grupo de biblioteca, 1 representante do equipo directivo, a coordinadora do EDLG, 1 Departamento Galego e 1 en representación do claustro) e un/ unha representante do persoal non docente. Outorgaranse 1º, 2º e 3º premio entre as imaxes presentadas polo alumnado.

Ademais das tres fotografías premiadas elixiranse outras nove para elaborar o calendario do 2024.

Os criterios, para a elección dos premiado,s do xurado serán a creatividade, a mensaxe e a calidade artística da fotografía/ilustración. Rematado o prazo de inscrición e envío de fotografías, o veredicto do xurado terá lugar o 7 de novembro de 2023.

Aceptación das Bases: O feito de participar no concurso supón a total aceptación das bases e dos termos e condicións. O/A participante declara que as fotografías que presenta a concurso cumpren estritamente os requisitos sinalados nestas bases.

GAÑADORES DA IV EDICIÓN DO CONCURSO PILABOT

pILABOT

O IES Muralla Romana proclámase co 1º posto da IV edición do concurso de recollida de pilas PILABOT. 

O concurso pechouse coa recollida dun total de 46.649 kilos. Dese total, o noso instituto recolleu máis de 4,6 toneladas de pilas. 

Podes consultar a noticia premendo aquí.

¡¡ Moitas grazas a todos/as os/as que axudaron a conseguilo!!!

II OLIMPIADA DE XEOGRAFÍA JUNIOR DE GALIZA

O mércores 26 de abril tres alumnos de 3º da ESO participaron na II Olimpiada de Xeografía Junior de Galiza que se celebrou na Facultade de Xeografía e Historia da USC. 

Olimpiada XeografíaOlimpiada Xeografía

TOUR DO TALENTO 2023

Tour do talento 2023- Desafío: "Lugo, a cidade que imaxinas e na que queres vivir"

Tour do talento

 

O reto consiste en aportar unha idea ou proxecto que teña como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas na cidade de Lugo, crear unha sociedade máis participativa e deseñar o modelo de cidade na que se quere vivir, fomentando o emprendemento xuvenil. 

Poderán participar equipos de 3 persoas + un profesor. A data límite para inscribirse será o 19 de abril.

Para máis informaicón pincha aquí
Enlace ás bases da actividade.

Animádevos a participar!!!

 

 

Concurso Programa-me

O equipo formado por alumnos do Ciclo Superior de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, acadou o primeiro posto na fase rexional do concurso de programación competitiva Programa-me (www.programame.com) onde participaron 82 equipos, polo que acadan un posto na fase final a celebrar en Madrid.

O concurso está organizado pola Universidade Complutense de Madrid e pode participar o alumnado matriculado en ciclos formativos. Nunha primeira etapa, o alumnado participa nas fases rexionais que dan acceso á fase final. 

O alumnado forma equipos de tres persoas e teñen que resolver oito problemas de programación que requiren desenvolver e implementar algoritmos, traballar con estruturas de datos e organizar o traballo en equipo para acadar un resultado óptimo. Os equipos dispoñen dun límite temporal de dúas horas. 

Parabéns a todos os participantes e, moi especialmente, ao equipo gañador.

Concurso DAM

Clasificación Lucus Intercentros

Grazas a tódolos participantes do Lucus Intercentros e noraboa aos tres institutos gañadores. 

2º premio1º premio3º premio

Clasificación final do Lucus Intercentros.

 

O ano das emocións

O pasado día 22 de decembro tivo lugar a entrega de premios do Calendario que leva por título "O ano das emocións".

En primeiro lugar queremos dar as grazas ao alumnado de 1º INFOFI que axudou na súa elaboración, traballando de forma constante para que dito calendario puidese estar en tódalas aulas do noso centro. 

Agradecer e felicitar a tódolos participantes no concurso, e de xeito especial dar a noraboa a aqueles que foron elexidos para formar parte deste proxecto. 

Alumnos INFOFIGañadoras

Calendario 2023, o ano das emocións

No concurso que realizamos para elaborar o " Calendario 2023, o ano das emocións", o veredicto do xurado foi o seguinte:

Veredicto calendario 2023

GRAZAS A TODOS E A TODAS OS/AS PARTICIPANTES!

X CONCURSO "LUCUS INTERCENTROS"

CARTEL LUCUS INTERCENTROS

Coñece as bases do concurso premendo aqui

Veredicto do concurso fotográfico: #FotoconclaseIII

17/02/2020 09:46
17/02/2020 20:46

CONCURSO FOTOGRÁFICO: #FOTOCONCLASEIII

Este proxecto cumpre a súa terceira edición. Este ano o alumnado de 4ºESO, dentro da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, e organizados en varios grupos, fixeron varias propostas e deseños. Elixiron o cartel e a temática que protagonizaría o concurso deste ano, e promocionárono a través das nosas redes sociais de Cerebritos Encendidos ( Instagram e Facebook). 

Cartel concurso fotográfico

Como vedes, o reto deste ano foi realizar unha fotografía na que destacase a choiva. 

(Pódese seguir o concurso a través de #fotoconclaseIII) 

Podedes ver os/os gañadores/as do concurso pinchando aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut