Skip to Content

Colaboracións

De ou con empresas/institucións

COLABORACIÓN COA ESCOLA SUPERIOR DE ARTE E DESEÑO DE LUGO

O alumnado de Ciclo Medio de Estética e Ciclo Superior de Asesoría levaron a cabo unha sesión de colaboración coa Escola Superior de Arte e Deseño de Lugo. Desprazáronse ata a Escola de Arte para exercer de modelos, maquilladores e asesores estéticos e de vestiario co obxecto de interactuar co alumnado da Escola a cambio destas exitosas imaxes.
A sesión e as imaxes tomadas polos alumnos e alumnas de 2ª curso de Fotografía, amosan o traballo de preparación realizado durante varias semanas polo noso alumnado que resulta neste interesante traballo, formativo, enriquecedor, ameno e distendido que transporta ao alumnado a entornos reais de traballo e ás actividades propias da formación.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmurallaromana/galeria/displayimage.php?album=74&pid=2357#top_display_media

AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO

A campaña da mocidade #aquítaménsefala enche os barrios do norte da cidade.

#aquítaménsefala é unha campaña de dinamización lingüística para a mocidade galega mediante a cal o alumnado de Secundaria e Bacharelato inflúe positivamente na promoción do galego en ámbitos como o comercio, o mundo empresarial, a administración e outras actividades económicas. O obxectivo é darlle visibilidade e uso á nosa lingua en todos os eidos, axudando á súa normalización. Velaquí os alumnos do IES Muralla Romana e IES Ánxel Fole colaborando na campaña.

PRESENTACIÓNS DE TRATAMENTOS ESPECIAIS EN IMAXE PERSOAL

O día 30 de outubro tivo lugar nos talleres de Imaxe Persoal a presentacion dun  tratamento de xesoterapia corporal, a cargo da empresa Bruno Vassari, ofrecendo  unha liña de cosméticos para peles irritables e intolerantes a cosméticos, que promocionan como un tratamento integral, coidando a pel e tendo en conta a persoa no plano espiritual e emocional.

Para finalizar estas sesións de formación, o día 3 de novembro sería a formadora, nacional e internacional, da casa de cosméticos Germaine de Capuccini, quen daría a coñecer un tratamento especial, a base de distintos ácidos, combinado con aparatoloxía para eliminar manchas corporais.

CHARLA IMPARTIDA POR EFRÉN ARIAS JORDAN

Os alumnos de ciclos superiores de DAM e ADSINRE, de ordinario e adultos, tiveron a oportunidade de acudir a unha charla impartida por Efrén Arias Jordan, profesor da Escola Politécnica de Inxeniería. 

Efrén AriasCharla Efrén Arias

Campaña Pilabot

A Xunta de Galiciia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, están a celebrar a cuarta edición da campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos. 

O noso instituto está a participar en dita campaña, polo que dende aquí animamos a todos e todas a participar nesta recollida. 

PilabotPilabot recollida

SENSIBILIZACIÓN SOBRE A DISCAPACIDADE

Este mércores e xoves, 14 e 15 de decembro, estivo co alumnado de 1º e 2º da ESO do noso centro, Nuria Ruíz Edreira, de COGAMI. Impartiu unha charla de sensibilización sobre o que supón a convicencia cunha discapacidade, dando a coñecer algúns dos produtos de apoio que empregan estas persoas no seu día a día, e poñendo aos alumnos e alumnas no seu lugar, co uso, por exemplo, do bastón para invidentes.

Sensibilización sobre discapacidadeColaboración COGAMI
Nuria RuízSensibilización

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut