Skip to Content

Club de lectura

Novas do Club de Lectura

O alumnado do Club de Lectura do IES Muralla Romana seguen a desfrutar coas actividades propostas. Podedes seguir a súa actividade premendo neste enlace ao blog que eles mesmos xestionan.

Agardamos desfrutedes seguindo a actividade de Lecturas e Andanzas.

O CLUB DE LECTURA, “LECTURAS E ANDANZAS”, DO IES MURALLA ROMANA

 O CLUB DE LECTURA, “ LECTURAS E ANDANZAS”, DO IES MURALLA ROMANA  COMPARTE CON TODOS E TODAS VÓS:

 1.- O LOGOTIPO QUE DESEÑOU A LECTORA E AVENTUREIRA, IRIA LIÑARES

LogoClubLectura_18-19

 

Na segunda reunión comentamos a ilustración e identificámonos coa simboloxía que agocha o debuxo.

-       Por que un gato?

-       Por que un gorro?

-       Por que unhas ás?

-       Por que un traxe cheo de letras?

Se a ti tamén che move todo o que encerra o noso logotipo, non dubides en apuntarte ao noso club. Xa sabes,  os MARTES DE 11,20 – 11,50h estamos na biblioteca.

 

2.- AS LECTURAS QUE NOS ACOMPAÑARÁN

Narrativa: O neno can, Casalderrey, Fina e Castro, Francisco; Fume, Fortes, Antón; Invisible, Eloy Moreno.

Poesía: Penúltimas tendencias, Carlos Negro;  Las almas de Brando, Brandon Ndojocu, César.

Cómic:  Death Note, Tsugumi Ōba, Takeshi Obata ( 1-3); Emigrantes,  Shaun Tan.

Contamos con dúas obras máis por se o tempo nos permite gozar da súa lectura: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Arantza Portabales e O tesouro de Lucio, Belatz.

Como estamos abertos a todas as suxestións dos compoñentes do club, pode que se incorporen outras lecturas ao longo do curso - seguro que si-, porque só compartindo podemos seguir gozando das nosas andanzas.

3.- AS ANDANZAS  QUE PROTAGONIZAREMOS AO LONGO DO CURSO:

3.1.- QUERES QUE CHE LEA UN POUQUIÑO?

Como somos solidarios e solidarias, comezaremos a gravar arquivos sonoros coas nosas lecturas e creacións para compartir con todas as persoas a través da rede.

Así, se non podedes ou poden ler, nós farémolo por eles e elas.

3.2.- SOMOS ESCRITORES E ESCRITORAS:

Comezaremos a sentirnos creadores e creadoras elaborando un libro que recollerá todos os aforismos que vaian xurdindo das lecturas e doutras actividades nas que participaremos.

3.3- E SE EU FOSE TI...?

Estaremos aí para amosar o noso compromiso e solidariedade con todos os temas que así o demanden. Día contra a violencia de xénero, Día da Paz, Día da Muller, Día da árbore, Día Mundial del Medio Ambiente...

 

3.4.- RELACIONAR E COMPARTIR PARA APRENDER GOZANDO

Que mellor que compartir para seguir aprendendo! Se as lecturas nos achegan diversas temáticas, que nós relacionamos con outras artes como o cine, que mellor que seguir falando delas con persoas que comparten os mesmos gustos ca nós!

Iniciaremos un contacto con un club de lectura que leva oito anos relacionando lectura e cine, “ @s argalleir@s das letras” do IES Castro da Uz, As Pontes. 

Agardamos poder participar no seu VIII maratón de cine. De non ser posible, intentaremos facer proxeccións de películas no noso centro.

 DÍA DO LIBRO: data que unirá a todos e todas os e as compoñentes deste club, porque amosará que somos lectores e lectoras, creadores e creadoras e solidarios e solidarias.

Achegarémonos ata unha cidade para realizar a lectura continuada da obra elixida (gravando un arquivo sonoro desta), amosaremos que somos creadores á hora de realizar unha composición poética baseada na súa lectura e ilustraremos esta última.

Agardamos compartir esta actividade co club de lectura “ Argalleir@s das letras” para seguir mergullándonos en andanzas compartidas.

3.5.-TALLERES LITERARIOS

Este curso esperamos contar co escritor Carlos Negro para que nos achegue os segredos que agocha a escritura e nos responda a algunhas preguntas que lle teremos preparadas.

3.6.-O CURRUNCHIÑO DE LECTURA

Seguiremos facendo visible ese espazo da biblioteca onde compartiremos o pracer que achega a lectura,  as novidades, creacións propias, o gusto polos comentarios... Sen esquecer que: se non veñen á biblioteca, a biblioteca sairá fóra. Este lema será o que nos motive a levar ás aulas  todo o que estamos facendo no club de lectura para animar a toda a comunidade educativa a que se una a nós.

Club de lectura 2017-2018 - Terceira avaliación - Nivel I

NIVEL I: LECTURA PARA 2º ESO

Portada do libro

Para: 2º ESO.

Reunión: PROXIMAMENTE INDICAREMOS A DATA.

Club de lectura 2017-2018 - Terceira avaliación - Nivel II

NIVEL II: LECTURAS PARA 3º E 4º DE ESO

Portada do libro
Portada do libro

 

Reunión: PRÓXIMAMENTE COMUNICAREMOS A DATA.

 

PINTADA DE CITA LITERARIA DO CLUB DE LECTURA

Hoxe acompañounos o artista Iago Eireos que, xunto a representantes do club de lectura, plasmaron na beirrarúa de en fronte do instituto os versos creados pola rapazada que asiste ao club  "Lecturas e andanzas". Este é un paso máis dentro do proxecto Pisadas literarias, que agardamos ver coroado coa publicación do libro que levará este mesmo título. 
 Máis info   

PINTADA DE CITA LITERARIA

OBRADOIRO CON EMMA PEDREIRA

O luns 17 os integrantes do club de lectura Lecturas e andanzas tiveron a inmensa fortuna de compartir unha sesión coa autora Emma Pedreira, con ela realizaron unha engaiolante viaxe ao mundo da poesía e embarcáronse na aventura da creación lírica. Ademais agasounos coa súa xenerosidade e os condutores de Radio Llama puidéronlle facer unha entrevista moi interesante. Foron momentos emocionantes e moi enriquecedores. Grazas, Emma!

Para máis información podedes clicar neste enlace:

 https://lecturaseandanzas.blogspot.com/2023/04/creamos-e-gozamos-con-emma-pedreira.html

Emma PedreiraEmma Pedreira 2

 

 

ABRAHAM CUPEIRO VISITA O CENTRO

Grazas ao departamento de música, hoxe visitou o centro Abraham  Cupeiro para impartir un concerto e achegarnos á maxia que encerra a música. Aproveitando a súa presenza, o equipo da radio escolar, Radio Llama, entrevistouno para coñecelo un pouquiño máis. 
Dani, Naiara, Pablo, Silvia e Uxía (representantes do club de lectura e responsables de Radio Llama) foron os encargados de compartir momentos inesquecibles con Abraham. 

Acceso á entrevista e a máis información.

Entrevista a Abraham CupeiroEntrevista a Abraham Cupeiro 2

Entrevista con IAGO EIREOS, ARTISTA, investigador e docente

Entrevista a Iago Eiras

 

Representantes dos clubs de lectura compartiron uns momentos inesquecibles con Iago Eireos, que  non dubidou en achegarse ata o centro para conversar e responder as preguntas que lle formularon e precisaban da súa colaboración  para informalos e continuar co proxecto, Pisadas literarias.
Grazas Iago pola túa colaboración,  por deixar unha “pisada”  indeleble no noso camiño e por facer da nosa cidade un lugar aínda máis fermoso.
Máis información

RUTA LITERARIA

Ruta literaria do club de lectura

Compoñentes do club de lectura, “Lecturas e andanzas”, realizaron a ruta “Arte literaria pola cidade de Lugo” acompañados/as do guía local, Guido. Achegáronse á literatura e á arte dun xeito lúdico para recompilar a información que precisa a súa nova andanza.
 
Máis información  

Distribuir contido


by Dr. Radut