Skip to Content

Club de lectura

Club de lectura 2017-2018 - Nivel II: "EUROPA EXPRESS"

Portada do libro

Para:

  • 2º ciclo.
  • 3º e 4º ESO.

Reunión: 16 de febreiro.

Club de lectura 2016-2017 - Para ler neste Nadal

NADAL DO CLUB DE LECTURA: curso 2016-2017

La casa
tagged: to-read and curso2016-2017
The Complete Maus
tagged: curso2016-2017
Engurras
tagged: curso2016-2017
Presas fáciles
tagged: curso2016-2017

goodreads.com

Club de lectura 2016-2017 - Nivel II: Lectura "MAUS"

Portada do libro

MAUS. Art Spiegelman

Sinopse:

"Maus é a biografía de Vladek Spiegelman, un xudeu polaco sobrevivente dos campos de exterminio nazis, contada a través do seu fillo Art, un debuxante de cómics que quere deixar memoria da aterradora persecución que sufriron millóns de persoas na Europa sometida por Hitler e das consecuencias deste sufrimento na vida cotiá das xeracións posteriores. Apartándose das formas de literatura creadas até a publicación de Maus, Art Spiegelman aproxímase ao tema do Holocausto dun modo absolutamente renovador, e para iso relata a experiencia da súa propia familia en forma de memoria gráfica, utilizando todos os recursos estilísticos e narrativos tradicionais deste xénero e, á vez, inventando outros novos. A radicalidade narrativa de esta obra marcou un antes e un despois no universo da novela gráfica, e por iso Maus obtivo o primeiro e único premio Pulitzer outorgado a un cómic."

Fonte da información: http://www.casadellibro.com/ Enlace a web externa

Máis información: Wikipedia Enlace a web externa

Club de lectura 2016-2017!!!!

Presentación
Animádevos a ler o primeiro libro!!!

Presentación Club de Lectura - Nivel I

05/11/2015 12:40

Presentación
Animádevos a ler o primeiro libro!!!

Portada do libro

Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas

Sinopse:

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

Premios:
5ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015

Fonte da información: http://www.xerais.es/ Enlace a web externa

Segunda Sesión do Club de Lectura. Curso 2014-2015

SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

NIVEL I (1º Ciclo da ESO): A lectura será a novela “O curioso incidente do can á media noite”, de Mark Haddon. A sesión de debate terá lugar sen determinar.

NIVEL II (2º Ciclo da ESO): A lectura será “Que todo sea como nunca”, de Joachim Meyerhoff. A sesión de debate terá lugar sen determinar.

 

Cartel do filme

O curioso incidente do can á media noite. Mark Haddon

Sinopse

Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.

Fonte da información: www.rinoceronte.es/ Enlace a web externa

Portada do libro

Que todo sea como nunca. Joachim Meyerhoff

Sinopse:

Unha novela locamente divertida sobre unha familia normal que vive nun psiquiátrico.

É normal crecer entre centos de tolos? Para o protagonista desta novela, o fillo do director dun hospital psiquiátrico de nenos e adolescentes, si. Joachim pasa a súa infancia pelexando cos seus irmáns mentres tenta chamar a atención do seu brillante e admirado pai. A súa sensación de incomprensión unicamente acougar cando ouve as voces dos seus veciños dementes. El só é feliz correndo polos xardíns do hospital aos ombreiros dun paciente xigante. Nesta novela autobiográfica, Joachim Meyerhoff fálanos dunha familia común nun lugar extraordinario, e dos seus esforzos por manterse unida fronte ao paso do tempo. A través do humor e unha tenrura sen compracencia, Meyerhoff evoca todo un mundo, o da infancia e a súa perda, a añoranza que persiste e sobre todo a memoria, a única que pode salvarnos e á que debemos estas páxinas locamente entretidas, vívidas e curiosas.

Fonte da información: www.planetadelibros.com Enlace a web externa

Operación libro

OPERACIÓN LIBRO
Árbore solidaria formada cos libros recollidos na Operación Libro

Durante o mes de decembro o equipo de dinamización da biblioteca realizou a Operación Libro no IES Muralla Romana, na que se recadaron contos infantís e xuvenís, cos que se formaron unha árbore de nadal, a nosa árbore solidaria, que estivo exposta diante da entrada da biblioteca.
O 19 de decembro os libros foron entregados á Asociación Lóstregos, nun dos puntos de recollida (Pinturas Ricardo). Esta asociación de moteiros realiza un labor solidario, escoltando coas súas motos a Papá Noel e repartindo xoguetes e libros aos nenos da cidade.
Desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca queremos mostrar o noso agradecemento a todos os que colaborastes desinteresadamente neste proxecto, baixo a lema "Ningún nen@ sen un libro".
 
BO NADAL de LECTURA

Día contra a violencia de xénero - Lectura recomendada

25/11/2014 00:00

Equipo de Dinamización da Biblioteca

 

Primeira sesión do Club de Lectura. Curso 2014-2015

18/11/2014 11:20

PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

NIVEL I (1º Ciclo da ESO): A lectura será a novela “Intercambio cun inglés”, de Christine Nöstlinger. A sesión de debate terá lugar o día 18 de decembro na Aula 01, ás 11:20.

NIVEL II (2º Ciclo da ESO): A lectura será “Marina”, de Carlos Ruíz Zafón. A sesión de debate terá lugar o día 18 de decembro na Aula 103, ás 11:20.

 

Cartel do filme

Intercambio cun inglés. Christine Nöstlinger

Sinopse

A nai de Ewald non está contenta coas notas do seu fillo: entre os sobresaíntes e os notables, hai un espantoso suficiente en Inglés que mancha o seu expediente. Como solución, decide invitar a un rapaz británico a pasar o verán para que a pronunciación de Ewald mellore e consiga facer algún amigo.

Pola súa parte, Ewald non está en absoluto conforme con esta idea, ¿pero a quén lle importa? Dun día para outro, encóntrase vivindo cun rapaz barrigudo que lle rouba o seu cuarto e que, por enriba de non ducharse e de rosmar en lugar de falar, aliméntase case exclusivamente de ketchup.

Fonte da información: www.eltemplodelasmilpuertas.com Enlace a web externa

Portada do libro

Marina. Marjane Carlos Ruíz Zafón

Sinopse:

Marina desvélanos o segredo do personaxe Óscar Drai, que tras anos de fuxir da súa grande aventura de mozo, decide voltar á súa cidade natal Barcelona para contarnos unha historia de amor que nunca deixará de atormentalo. A historia transcorre nun corto espazo de tempo, para ser máis exactos, de finais de setembro de 1979 ata maio de 1980, pero o personaxe non decide contarnos a súa aventura ata 15 anos despois, cando se da conta que non pode fuxir do seu pasado. Óscar Drai é un mozo de 15 anos que vive nun internado, que por casualidade ou polas súas ganas de explorar os arredores, decide adentrarse nun vello casarón de Sarriá abandonado. Alí coñecerá a Marina e mailo seu pai, Germán Blau, un pintor viuvo moi apenado pola morte da súa esposa. Pouco a pouco, o personaxe involúcrase na súa vida e adéntrase nunha historia chea de misterio que pode costarlle a vida ou algo máis. Pero en realidade é unha historia de amor, envolta de misterio e de terror. Logo irán aparecendo outros personaxes que nos introducirán na parte máis misteriosa do argumento (Mijail Kolvenik, a súa esposa Eva Irinova, o doutor Shelley e a súa filla María e, cómo non, o inspector Florián).

Fonte da información: www.quelibroleo.com Enlace a web externa

Distribuir contido


by Dr. Radut