ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Sesión de cine - A ESMORGA
Día: 17 de decembro Organiza: Dpto. L. Galega e EDNL Hora: 09:30-12:30 Lugar: Cine de AS TERMAS Para: 4º ESO, 1º e 2º BAC
Alumnos/as de 4º de ESO e os/as de Bacharelato asistirán á proxección da película "A ESMORGA", nos cines das Termas.
Sinopse: Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.
Baseada no libro de Eduardo Blanco Amor, de lectura obrigatoria para o alumnado.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Coopérate! Obra teatral
Día: 15 de decembro Organiza: Orientación Hora: 16:20-18:00 Lugar: Salón de Actos Para: 3º e 4º da ESO
A obra teatral Coopérate forma parte do programa de divulgación do cooperativismo no ensino regrado, que promove a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia, en colaboración coa UCETAG.
Dirixida a estudantes da ESO, Coopérate! é un espectáculo cómico e didáctico que emprega a linguaxe dos rapaces e rapazas e que, dun xeito ameno, sinxelo e directo, expón as vantaxes de cooperativismo como forma de vida, ferramenta de relación e, nun futuro, como saída laboral.
Coopérate! é unha montaxe teatral orixinal creada e dirixida por Avelino González, producida por Culturaactiva Sociedade Cooperativa Galega e promovida e financiada pola Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia.
A representación teatral a cargo de Os 7 magníficos máis 1, está protagonizada por Isabel Risco e Fran Rei.
CHARLAS - PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS
As temáticas solicitadas para o noso instituto son as seguintes:
NOVAS TECNOLOXÍAS: Riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente acoso sexual "child grooming", ou difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles "sexting", venta de nenos, prostitución infantil e utilización dos nenos na pornografía. Luns 3.
ACOSO ESCOLAR: Consecuencias do acoso escolar nos que o padecen, así como da responsabilidade de todos de denuncialo e combatelo. Luns 10.
CANCELADA!BANDAS XUVENÍS: Problemática relacionada con bandas xuvenís, condutas incívicas e vandálicas, racismo, xenofobia e intolerancia, violencia contra a comunidade escolar nos centros. Luns 17.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á Produtora da Fundación TIC e gravación dun informativo.
Día: 21 de novembro Hora: 11:30 ás 14:00 Lugar: Produtora Fundación TIC Para: 1º Bach
Xornada na que os alumnos e as alumnas de 1º de Bacharelato visitarán a Produtora da Fundación TIC e realizarán a gravación dun informativo con noticias reais, TICodiario, e coñecerán de primeira man os ciclos de Realización e Produción que imparte a EIS (Escola de Imaxe e Son) de Lugo.