Trátase dunha actividade organizada por Confemadera Galicia para celebrar o Día da Árbore o 18 de marzo, mediante unha charla multiconferencia de "O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo" e que terá lugar nas instalacións do CESGA en Santiago de Compostela.
Poden seguir esta charla varios centros de educación secundaria de Galicia de forma simultánea e centrarase na multifuncionalidade do monte galego e a súa triple riqueza: medioambiental, económica e social.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: TUS FINANZAS, TU FUTURO.
Días: 16 e 23 de marzo, 13 de abril Horas: 13:30 - 14:20 Lugar: Aula 05 Para: 3º ESO A e B
Actividade solicitada polo Departamento de Orientación.
O programa de educación financeira "TUS FINANZAS, TU FUTURO", está impulsado pola Asociación Española da Banca e a Fundación Junior Achievement. A educación financeira pode marcar o futuro dos xóvenes de hoxe, que poderán tomar decisións financeiras sólidas no futuro se comezamos a formarlles en materias económicas desde a escola.
Dirixido ao alumnado de 3º de ESO, este proxecto enmárcase dentro do Plan Nacional de Educación Financeira e no que participarán máis de 5.000 alumnos de toda España.
O programa consta de tres sesións de 50 minutos cada unha, na que os alumnos/as realizarán exercicios e xogos prácticos para aprender a realizar un orzamento equilibrado, tomar conciencia da importancia da planificación e o aforro, e aprender diferentes tipos de investimentos.
A actividade levarase a cabo na hora de titoría e será implementado por voluntarios, profesionais do ámbito económico e financeiro e traballadores dos bancos participantes.
Junior Achievement é a maior organización internacional sen ánimo de lucro do mundo en educación emprendedora, realiza o seu labor formativa e social no ámbito do emprendemento.
A Fundación Junior Achievement (xunto coa Fundación Alcoa) impulsa tamén o programa “JA Construye tu carrera”, solicitado polo noso instituto, enmarcado dentro da materia de Tecnoloxía.
O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, brinda aos centros educativos de Galicia a participación neste tipo de proxectos, en aras de lograr un avance na cultura emprendedora do noso alumnado, necesaria para posibilitarlles un futuro mellor tanto para eles como para a nosa comunidade. http://www.edu.xunta.es/fp/node/12578
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla informativa sobre o GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS
Día: 12 de marzo Hora: 10:30 Lugar: Aula 208 Para: C.S. Secretariado e 2º CS Administración e Finanzas
Relatora: Dª Mercedes Montes Rodríguez (Directora da E.U. de Relacións Laborais de Lugo)
Nesta charla os/as alumnos/as poderán obter información dos aspectos máis destacados relativos á carreira que se imparte nesta escola, o seu funcionamento, saídas profesionais, etc.
1º Poderán participar todos os alumnos /as do IES Muralla Romana que o desexen, sendo condición indispensable que os traballos sexan orixinais e non se tivesen presentado noutros concursos.
2º Terán como motivo ou motivos os contidos destas datas de celebración.
3º Os traballos entregaranse na Conserxería (ou enviados ao correo-e : edl.muralla.romana@gmail.com a partir da data de convocatoria ata o 21 de maio de 2015.
4º O xurado decidirá a selección dos traballos presentados para a súa inclusión na revista Latricadas.
5º A presentación dos traballos supón que os autores coñecen estas Bases e amosan absoluta conformidade con elas e coas decisións do xurado. 6º Establécense tres premios: Primeiro, Segundo e Terceiro. Dotados cun obsequio e diploma acreditativo.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Estética facial no século XXI
Día: 4 de marzo Hora: 12:40 ás 13:20 Para: C.S. Estética Integral e Benestar Lugar: Salón de Actos
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. José Mª Suárez Quintanilla (Profesor de Cirurxía Bucal da Facultade de Medicina e Odontoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, Director do Curso de Implantoloxía Oral da USC, Presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, Membro do Comité Executivo do Consello Xeral de Dentistas e Membro do Consello de Administración de Previsión Sanitaria Nacional).
Na actualidade a empatía e a intelixencia emocional considéranse fundamentais no que denominamos xestión social. Gran parte destes procesos realízanse a través da expresión da cara e por iso as microexpresións e as modificacións estéticas do rostro van ter un papel decisivo no éxito persoal, laboral e social dos seres humandos. Describiranse os distintos tipos de estrutura facial e o significado simbólico que lles acompaña, así como as distintas profesións implicadas na súa modificación e mantemento ao longo dos anos.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Aforro e eficiencia enerxética no día a día
Día: 4 de marzo Hora: 10:30 ás 11:20 Para: 1º e 2º BAC Lugar: Salón de Actos
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Manuel Ramiro Rodríguez Rodríguez (profesor na Escola Politécnica da USC).
A charla trata de dar unha pincelada das distintas actividades que teñen lugar no noso día a día na casa, no centro de traballo ou de estudo, etc. e de como podemos facer estas actividades máis eficientes desde o punto de vista enerxético, tanto no consumo eléctrico como de outros combustibles e fontes de enerxía.
O día 2 de marzo ás 13:30 h os alumnos e as alumnas de 3º ESO B relizarán unha enquisa sobre "Técnicas de estudo", da Universidade de A Coruña. A enquisa durará 20 minutos aproximadamente. Organiza a actividade o departamento de orientación.
Día: 25 e 26 de febreiro Lugar: Madrid Para: 2º PECOCA Organiza: Dpto. Imaxe Persoal
Alumnas de segundo do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar desprazaranse a Madrid coa profesora Mª Luz, para disfrutar destas xornadas; inclúen cursos de peiteado, talleres con coaches de beleza, clases temáticas, looks innovadores... da man de profesionais de primeira categoría. Unha moi boa oportunidade de completar a súa formación académica.