Día: 8 de maio Horas: 11:50 - 14:20 Lugar: Salón de actos Para: 1º, 2º E 3ºESO
AESLEME (Asociación para o estudo da lesión medular espinal) está especialmente sensibilizada coa prevención da lesión medular e cerebral en nenos e novos. Mediante esta campaña de prevención de accidentes "Te puede pasar a ti" trata de que os mozos realicen hábitos de conduta seguros e responsables.
A conferencia levarase a cabo por un equipo de profesionais formado por un médico ou D.U.E. e unha persoa con lesión medular por accidente, e durará, aproximadamente, 2 horas. Constará dunha presentación amena e atractiva, con vídeos ilustrativos, e adecuada ás idades dos asistentes.
Día: 6 de maio Hora: 10:30-13:30 aprox. Para: 1º ESO A/B Lugar: Cidade de Lugo Organiza: Dinamización Lingüística
CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.
Programa da actividade en Lugo, que presentará Isabel Risco.
Marcha: saída desde a Praza de Santa María (11:00h), chegada ao mesmo punto de partida (12:00 h.). Lectura do Manifesto. Actuación do grupo Bocinazo. Concurso de pancartas e animación da marcha.
Días: Consultar horario Hora: Consultar horario Lugar: Na aula Para: 3ESO-A, 3ESO-B e 3ºPDC
Cruz Vermella Xuventude leva varios anos desenvolvendo o Programa de Educación Para a Saúde. Está dirixido aos rapaces co obxectivo de impulsar estilos de vida saudables e reforzar actitudes positivas fronte aos riscos para a saúde, trasladando aos mozos/as e dende os propios mozos/as información sobre determinadas temáticas de interese para este colectivo: a sexualidade, prevención de VIH/Sida, ITS (infeccións de transmisión sexual), embarazos non desexados... Estas actividades son de formación, divulgación e sensibilización, de carácter preventivo.
Estarán acompañados polo profesor-titor correspondente.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: "Concurso Jóvenes Talentos"
Día: 17 de abril Hora: 17:00 Lugar: IES A Nosa Sra. Dos Ollos Grandes Para: Clasificados de 2º ESO
Un curso máis, e xa van 55 edicións, en Coca-Cola seguen apostando polo uso da escritura creativa e a creación dunha canteira de novos escritores grazas ao 'Concurso Coca-Cola Jóvenes Talentos - PREMIO DE RELATO CORTO', no que cada ano se ven as caras máis de 10.000 chic@s de 2º curso de E.S.O. de institutos de toda España.
Do noso centro están seleccionados para a Proba Final do Concurso:
- Durán Abelleira, Andrea - López Saavedra, Andrea - Maseda Piñeiro, Iria - Rodríguez Braña, Francisco
Queremos agradecerlles a participación aos catro e desexarlles moita sorte na redacción do seu relato na proba final, a celebrar o venres 17 de abril.
Así mesmo resaltar a colaboración da profesora de Lingua Castelá, Mª Luisa Cadenas, por guiar e animar ao seu alumnado a participar.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: RESONANCIAS EN MOVEMENTO
Día: 14 de abril Hora: 11:50 ás aprox. 13:40. Para: 3ESO-A, 3ESO-B sen PDC, 4º Hum., 4ºPDC e 1º Bach. Lugar: Museo Interactivo da Historia de Lugo - MIHL
Só alumnado de Música
Alumnado de música asistirá ao concerto didáctico "Resonancias en movemento", que forma parte do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI”. Sairán do instituto ás 11:50h, o concerto dará comenzo ás 12:30h. cunha duración aproximada dunha hora.
- Rusell Peck - Lift offtrío de toms - Owen Clayton Condon - Fractaliadúas marimbas e toms - Nigel Westlake - Hinchinbrook Riffsmarimba e sistema de delay - Stuart Saunders Smith - Evensonglira - Elliot Cole Postlude nº 8 for bowed vibraphone vibráfono a oito mans
Presentación do concerto: Xoán-Xil López Intérpretes: Grupo de Percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes e Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo Coreógrafas: Alba Felpete, Ana Belén Ferreiro, Raquel González e Julia Penado. Dirección musical: Diego Ventoso
Sinopse:
Duración, intensidade, altura e timbre: estos son os catro parámetros do son como fenómeno acústico considerados e estudados tradicionalmente. Pero a estas catro cualidades hai que engadirlles unha máis que toma vida e emerxe no contexto dunha sala ou espazo concreto: a resonancia. “Resonancias en Movemento” é un espectáculo de música e danza que reflexiona sobre as diferentes formas nas que a resonancia pode ser tratada e abordada, así como os reflexos e fisicalizacións que poden inspirar na danza.
Dende as reverberacións naturais do son dun vibráfono ou dunha lira nos Postludes de Elliot Cole e no Evensong de Stuart Saunders Smith, ata complexas técnicas de retardo-delay electrónico creadas con sistemas dixitais en Hinchinbrook Riffs ou en Diving Bell, pansando por diferentes formas texturais creadas pola mente de compositores que sentiron fascinación por esta máxica cualidade do son, tanto música como danza camiñarán xuntas na busca dunha sinerxia que convirta sensacións paralelas (ondas sonoras e movementos) nun todo máxico.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: MASTER CLASS- Xogadores do CB Breogán, nunha clase de inglés.
Día: 8 de abril Horas: 12:40 - 13:30 Lugar: Salón de actos Para: 2º ESO
O Club Baloncesto Breogán SAD puxo a disposición dos institutos unha serie de actividades, a nós concedéronnos que o 8 de abril xogadores da plantilla visiten as nosas intalacións.
Así, na clase de Inglés, alumnos e alumnas de 2º da ESO recibirán a xogadores americanos para que falen na súa lingua materna.
Días: 9, 10 e 11 de abril Para: 4ºESO E 1ºBAC Alumnado de Relixión Organiza: Dpto. de Relixión
Esta actividade realízase conxuntamente con outros institutos da cidade e da provincia. O obxectivo é coñecer e apreciar a arte relixiosa, fomentando as relacións con alumnado doutros centros.
ITINERARIO:
08/04 GALICIA-BARCELONA Saída de 1 autobús de Melide ás 21.30 hrs, recollida ao grupo de Monterroso. Saída doutro autobús de Rábade ás 22.30 hrs, recollida resto do grupo en Lugo. Saída de ambos os autocares de Lugo sobre as 23.00 hrs. Noite en ruta.
09/04 BARCELONA Chegada a Barcelona a media mañá. Comida libre por conta do grupo. Pola tarde visita panorámica de Barcelona acompañados por un guía local. Entrada á Sagrada Familia incluída. Cea libre por conta do grupo e tempo libre. Á hora prevista (23.00 hrs) traslado ao hotel de Calafell (Apartahotel Solimar 3*). Aloxamento.
10/04 PORT-AVENTURA Almorzo no hotel. Traslado ao Port Aventura (entrada incluída ). Comida incluída no recinto. Ao peche do parque traslado ao hotel. Cea e aloxamento.
11/04 BARCELONA-GALICIA Almorzo no hotel. Traslado a Barcelona. Visita guiada do Parque Güell. Despois da visita regreso cara a Galicia. Cada grupo regresará ao seu lugar de partida.
En lugar do Parque Güell, pararase en Zaragoza para visitar a Catedral-Basílica da Nosa Señora do Pilar.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla da Alta Escola Superior de Hostalería de Galicia
Día: 10 de abril Organiza: Dpto. Orientación Hora: 11:20-11:50 Lugar: Salón de Actos Para: Calquera interesado
Nesta charla os/as alumnos/as poderán obter información dos aspectos máis destacados relativos aos estudos que se imparten nesta escola, o seu funcionamento, saídas profesionais, etc.
Trátase dunha actividade organizada por Confemadera Galicia para celebrar o Día da Árbore o 18 de marzo, mediante unha charla multiconferencia de "O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo" e que terá lugar nas instalacións do CESGA en Santiago de Compostela.
Poden seguir esta charla varios centros de educación secundaria de Galicia de forma simultánea e centrarase na multifuncionalidade do monte galego e a súa triple riqueza: medioambiental, económica e social.