Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Xornadas de sensibilización ao autoemprego en centros educativos - Proxecto Emprendedores

20/10/2015 09:40
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: XORNADA SENSIBILIZACION AO AUTOEMPLEO

Día:         20 de outubro
Organiza:  Fundación CEL/Deputación Lugo
Hora:       Consultar horario
Lugar:      Pazo de Feiras e Congresos
Para:        2º Ciclos ordinario

Proxecto Emprendedores está promovido pola Fundación Cel - Iniciativas por Lugo en colaboración coa Deputación Provincial.

Esta xornada presencial ten como obxectivo principal o facer ver que o traballo por conta propia é unha saída profesional máis á que poden optar os estudantes ao acabar o período formativo, fomentando principalmente o espírito emprendedor entre a comunidade educativa e dando unha visión próxima e atractiva.

Transmitir que nesta aventura do emprendemento, non están sós, e que entidades como a Fundación Cel poderán apoiar a posta en marcha dun proxecto, así como ofrecer un espazo físico e asesoramento para a súa consolidación empresarial.

O alumnado terá a oportunidade de ver o funcionamento do viveiro de empresas, así como interactuar cos novos empresarios.

Fonte da información: A organización

Horario segundo a táboa:

Ciclos Réxime OrdinarioQuenda da actividadeHorario
2-ADSIINRE
2-DAM
2-ADMFIN
MañáSaída do I.E.S. ás 09:40 h. e regreso aprox. ás 14:20 h.
2-XEAD
2-SIMIRE
2-PECOCA
2-ESINBE
TardeSaída do I.E.S. ás 16:10 h. e regreso aprox. ás 19:30 h.

O desprazamento realizarase en autobús desde o centro ao recinto.

Gañadores no concurso 'Atrévete'

O 16 de xuño durante a clausura do programa 'Atrévete' entregáronse os galardóns ás mellores propostas de emprendemento. No caso de Lugo, na categoría de 2º ESO resultaron premiados dous traballos, ambos do IES Muralla Romana. Foron recoñecidas as ideas de Marina Zurita Díaz (que contou coa colaboración do seu compañeiro Antón Veiga Vázquez) e de Sara Suárez Redondo.

Na fotografía aparecen o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o director do IES Muralla Romana, José Antonio Corredoira; a profesora, Mª Luisa Díaz Cadenas, que coordinou aos seus alumnos nesta actividade e os tres premiados antes mencionados.

Ampliar fotografía

Máis información

Visita cultural LUGO Romano

04/06/2014 08:50
04/06/2014 14:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita cultural LUGO ROMANO
 

Día:         04 de xuño
Hora:       08:50-14:20
Lugar:      Lugo centro
Para:        ACC e 4ºPDC

Visita a diferentes lugares da cidade de Lugo de interese arqueolóxico.

O Lugo romano é algo máis que a muralla. Debaixo da cidade actual escóndese a antiga Lucus Augusti. A gran cantidade de restos arqueolóxicos atopados confírmana como unha auténtica cidade romana, xa que presenta os seus elementos definidores (foro, calzadas, termas, templos, necrópoles, acueduto...). Os/as alumnos/as coñecerán parte destes restos que están musealizados e farán un percorrido polo Lugo Romano.

 Sala de exposicións Porta Miñá

Sala de Exposicións Porta Miñá é un museo situado en Lugo,  que acolle unha mostra de restos arqueolóxicos romanos atopados na cidade. A sala Porta Miñá atópase fronte á porta da Muralla da que recibe o seu nome. A sala acolle unha exposición con restos de catro épocas do Lugo romano: a conquista, o esplendor, a fortificación e o ocaso.

Casa dos mosaicos

A Casa dos Mosaicos está situada na rúa Doutor Castro, coñecida popularmente como rúa das Docerías, pegada á Praza Maior. A casa na que se atoparon os mosaicos, e onde están expostos, foi unha casa grande que, segundo os restos achados, foi construída entre os séculos I e II. Dentro da casa pódense atopar antigos mosaicos e pinturas murais decorativas, bases de columnas e os restos do hypocaustum o cal aseguraba a calefacción da casa. Dentro realízase ademais unha montaxe audiovisual que reproduce o que foi a vida nesa casa.

Tamén visitarán o Centro Arqueolóxico de San Roque, o Centro de Interpretación da Muralla, a Domus de Mitreo e se dera tempo o Museo de Lugo.


Fonte da información: A Galipedia

Carreira solidaria "GOTAS PARA NÍXER"

29/05/2015 11:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Carreira solidaria
 

Día:         29 de maio
Organiza:  Dpto. de Educación Física
Hora:       12:00-14:00 aprox.
Lugar:      Recinto escolar
Para:        ESO e BAC

Este curso o IES ÁNXEL FOLE e o IES MURALLA ROMANA únense para formar parte dos centros enredados, organizando conxuntamente unha carreira solidaria para apoiar os programas de supervivencia infantil en Níxer.
 
Inscritos grazas aos departamentos de Educación Física de ambos os dous institutos, imos celebrar unha actividade deportivo-festiva coa participación do alumnado de ESO e BAC. 
 
O fundamental é que os participantes entendan e valoren a achega que poden facer no logro dos dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo. Son eles os que marcarán o seu propio obxectivo económico individual, aínda que a cantidade recomendada é 1€ por alumno/a.
 

Un evento solidario cun obxectivo común: apoiar os esforzos de UNICEF por levar auga, hixiene e saneamento a todos os nenos e nenas de Níxer.

Todo o recadado por ambos centros será entregado a UNICEF.

Viaxe lúdico-cultural a Celanova

26/05/2015 08:50
26/05/2015 19:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe cultural CELANOVA

Día:         26 de maio
Organiza:  EDNL e Dpto. Lingua Galega
Hora:       08:50-20:30
Lugar:      Celanova - Ourense
Para:        3º ESO-A e 4º ESO

A Fundación Curros Enríquez acolle numerosos grupos de estudantes que se achegan a Celanova para visitar a Casa dos Poetas e para realizar algunha das actividades organizadas en torno aos escritores da vila. O programa “Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio” combina as visitas á Casa dos Poetas, ó Mosteiro de San Rosendo e a Vilanova dos Infante, cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova.

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

Traxecto LUGO - CELANOVA – OUTARIZ -LUGO

Pola mañá: Vilanova dos Infantes, Casa dos Poetas e Mosteiro de San Rosendo.

Descanso para comida (que levarán da casa)

Pola tarde: Ourense, nas Termas de Outariz.

Chegada estimada a Lugo 19:30 h


Fotografías

Viaxe cultural: Ruta Pondaliana

26/05/2015 08:50
26/05/2015 20:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe cultural Costa da Morte

Día:         26 de maio
Organiza:  EDNL
Hora:       08:50-20:30
Lugar:      Ponteceso / Camariñas
Para:        algúns de 1º, 3º ESO-B e 1BAC

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

Traxecto LUGO - PONTECESO – CAMARIÑAS -LUGO

Pola mañá: RUTA PONDALIANA, na Costa da Morte.

Descanso para comida (que levarán da casa)

Pola tarde: Camariñas, visita a unha conserveira.

Paseo e volta á casa.

Chegada estimada a Lugo 20:30 h


Fotografías

Curso de cor L'OREAL

13/05/2015 00:00
13/05/2015 00:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: XORNADA COR de L'OREAL
 

Día:         13 de maio
Organiza:  Dpto. Imaxe Persoal
Lugar:      Aula 23
Para:        2º CM PECOCA

Alumnado do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar recibirá un curso de cor de L'OREAL, marca de orixe francesa, líder no sector. A finalidade desta MasterClass é formarse como futur@s profesionais e coñecer as novas tecnoloxías e tendencias, en constante innovación.

A actividade consistirá na demostración e traballo por parte do alumnado sobre o cambio de cor do cabelo.

Non é a primeira vez que esta marca colabora co Instituto e é de agradecer, polo ben dos nosos e das nosas estudantes. 


Web de L'oréal

Viaxe cultural a Pontevedra

12/05/2015 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe cultural a Pontevedra

Día:         12 de maio
Organiza:  EDNL
Hora:       08:50-22:00
Lugar:      Pontevedra/Cambados
Para:        algúns de 1º e de 3º ESO

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

Traxecto LUGO – PONTEVEDRA – CAMBADOS – LUGO. (Sobre 380 / 400 km.)

Visita Pontevedra. Lectura de poemas de Amado Carballo na Praza da Leña. Visita á Igrexa de San Francisco ao túmulo de D. Paio Gomes Charinho.

Visita no Museo de Pontevedra, especialmente a exposición sobre Xosé Fernando Filgueira.

Descanso comida.

Cambados. Visita e lectura de poemas de Ramón Cabanillas.

Paseo e volta á casa.

Chegada estimada a Lugo 21,30 / 22.00 h

Fotografías da Viaxe a Pontevedra, en Flickr
Fotografías

"SI CONTROLAS, VUELVES"

15/05/2015 11:50
15/05/2015 11:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: "SI CONTROLAS, VUELVES"
 

Día:       15 de maio
Horas:    11:50 - 14:20
Lugar:    Salón de actos
Para:      4ºESO, 1ºBAC e FP Básica

AESLEME (Asociación para o estudo da lesión medular espinal) está especialmente sensibilizada coa prevención da lesión medular e cerebral en nenos e novos.


Esta campaña ten como obxectivo transmitir aos mozos de máis de 16 anos, que o consumo de alcol e outras drogas é totalmente incompatible coa condución de calquera tipo de vehículo.


Así monitores de AESLEME, en cadeira de rodas como consecuencia dun accidente, imparten unha sesión formativa de noventa minutos, sobre o efecto do consumo de alcol, drogas e demais sustancias aditivas en relación á condución de vehículos.

 

KTORCE-18

05/05/2015 09:40
05/05/2015 13:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: KTORCE 18 Programa de prevención de condutas infractoras
 

Día:         5 de maio
Organiza: Dpto. Orientación
Hora:       09:40-11:20 (3º)
               11:50-13:30 (2º)
Lugar:      Salón de actos

KTORCE 18 é un programa de prevención de condutas infractoras, posto en marcha pola Asociación ARELA e conta este curso coa colaboración da Fundación Barrié.
 
Mediante unha charla divulgativa (de 75') informarán aos rapaces acerca da Lei 5/2000 (Lei do Menor), reguladora da responsabilidade penal dos menores.  Cun claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis salientables nos adolescentes, e que tratan de explicar as consecuencias legais das mesmas, dende o punto de vista punitivo e como forma de mellorar a convivencia nas aulas.


Máis información

 

Distribuir contido


by Dr. Radut