Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Master Class MAQUILLAXE

18/11/2015 10:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CURSO DE MAQUILLAXE
 

Día:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

18 de novembro
Dpto. Imaxe persoal
Pola mañá
Taller de Estética
C.S. ESINBE

O día 18 de novembro, os/as alumnos/as do ciclo superior de estética asistiron a un cursillo-demostración de maquillaxe e tratamentos cosméticos da marca París Berlín, a cargo da empresa Estética Directo de Vigo. Tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as distintas técnicas de vangarda e a posta ao día en micropigmentación, coa presentación dunha novidosa máquina e aproveitaron para coñecer o catálogo coas últimas tendenzas.

Fotografías

Master Class Maquillaxe

Charla-coloquio sobre o Parlamento de Galicia

19/11/2015 11:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CHARLA-COLOQUIO SOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA
 Día:         19 de novembro
Hora:       11:50 ás 12:40
Lugar:     Salón de Actos
Para:       Bacharelato e 4ºESO
Organiza: Dpto. Xeografía e Hist.

O Parlamento de Galicia oferta esta charla-coloquio dirixida ao alumnado de Bacharelato e de ESO, dando así continuidade ao compromiso de achegamento á comunidade educativa e tendo como obxectivo que os estudantes coñezan de preto o traballo que se desenvolve nesta institución.

Para elo contan coa colaboración da Asociación de Ex Parlamentarios/as, quen se encarga de que exdeputados/as das distintas forzas políticas galegas se despracen ata o centro de ensino para impartir a charla e dar resposta ás cuestión plantexadas polo estudantado no coloquio posterior.

Os EX DEPUTADOS que asistirán ao IES Muralla Romana son:
- Fernando Carlos Rodríguez (PPdeG)
- Juan Fernando Salgado García (PSdeG-PSOE)
- Emilio López Pérez (BNG)

 

Obradoiro - TÉCNICAS DE ESTUDO

 
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Obradoiro - TÉCNICAS DE ESTUDO.
 Datas:     Novembro - Decembro
Hora:      Consultar táboa
Lugar:     Na Aula
Para:       1ºFP Básica- 1ºESO
Organiza: Dpto. Orientación
Obradoiro ofertado polo Concello de Lugo e organizado polo Departamento de Orientación,  dirixido ao alumnado de FP Básica, 1º ESO e ACC; co obxectivo de dotar aos rapaces de habilidades de planificación e técnicas de estudo, coa resolución dos problemas asociados. Para elo daráselles a coñecer os factores ambientais que favorecen o estudo. Aprenderán a organizar as tarefas académicas e perfeccionar técnicas: suliñados, resumos, esquemas,…  Así, seguindo unhas poucas pautas, mellorarán os resultados académicos.

Estarán acompañados polo profesor que teña clase/titoría con eles na hora correspondente.

 Venres, 13 nov Venres, 20 nov Venres, 27 nov Venres, 04 dec
11:50 a 12:401º PEIEST 1º PEIEST 1º PEIEST 1º PEIEST

 

 Xoves, 12 nov Xoves, 26 dec Xoves,
03 dec
 Xoves,
10 dec
13:30 a 14:201º INFOFI 1º INFOFI 1º INFOFI 1º INFOFI 

 

 Venres, 13 nov Venres, 20 nov Venres,
27 nov
 Venres,
04 dec
10:30 a 11:201º e 2º ACC 1º e 2º ACC 1º e 2º ACC 1º e 2º ACC

 

 Luns, 23 nov Luns, 30 nov Luns,
07 dec
 Luns,
14 dec
08:50 a 09:401º ESO-B 1º ESO-B 1º ESO-B 1º ESO-B

 

 Mérc., 11  nov Mérc., 18  nov Mérc., 25  nov Mérc., 02  dec
13:30 a 14:201º ESO-A 1º ESO-A 1º ESO-A 1º ESO-A

Xornada de cor Schwarzkopf

16/11/2015 19:48
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: XORNADA COR CAPILAR SCHWARZKOPF
 

Día:         16 de novembro
Organiza:  Dpto. Imaxe Persoal
Lugar:      Hotel Santiago
Para:        2º CM PECOCA

Alumnado do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar recibirá un curso de cor de Schwarzkopf, líder no sector. A finalidade desta MasterClass é formarse como futur@s profesionais e coñecer as novas tecnoloxías en constante innovación.

Schwarzkopf Professional tráelles as últimas tendencias no mundo da perruquería. Nesta xornada coñecerán todo o necesario para estar actualizados por completo, cos produtos desta prestixiosa marca.

 


Web de Schwarzkopf

GSICKMINDS 2015

20/11/2015 08:00
20/11/2015 18:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: ASISTENCIA ÁS XORNADAS SOBRE SEGURIDADE INFORMÁTICA 2015
 Día:         20 de novembro
Hora:       08:00 ás 18:00
Lugar:      PALEXCO - A Coruña
Para:       ADSIINRE, SIMIRE
Encargado: Dpto. Informática

 

O alumnado de informática que cursa algún módulo relacionado directamente coa seguridade informática está previsto que asista a algunhas das charlas organizadas por GSIC (http://gsickminds.net/), no Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña. Polo tanto correspóndelle ao alumnado de “Seguridade e alta dispoñibilidade” do ciclo ADSIINRE tanto no réxime de ordinario como no de adultos e o de “Seguridade Informática” do ciclo SIMIRE ordinario.

Pola tarde visitarán o museo Domus, é o primeiro museo interactivo do mundo adicado ao ser humano. O edificio é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki e ten máis de 200 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

Asistencia á conferencia "Como ganar la carrera de tus sueños"

12/11/2015 09:40
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Asistencia á conferencia "Como ganar la carrera de tus sueños"

Día:         12 de novembro
Hora:       09:40-12:00
Lugar:      Edificio Xunta Lugo
Para:        4ºESO e 1ºBAC

O alumnado desprazarase camiñando acompañados de profesorado.

Descrición da actividade:

O 12 de Novembro ás 11:00 h. terá lugar, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta en Lugo, a conferencia "Como ganar la carrera de tus sueños".
A organización corre a cargo da Fundación Mutua General de Seguros. Na conferencia o piloto Isidre Esteve, trata de inspirar aos rapaces/as a partir das súas vivencias persoais e profesionais, tendo como fío condutor o grave accidente que o apartou das carreiras.
O profesor Joan Elías plantexa unha reflexión aos rapaces sobre os retos que lles depara o seu futuro e a necesidade de adaptarse a un entorno que cambia rápidamente.
ISIDRE ESTEVE: Piloto, durante moitos anos, de moto, participando varias veces no Paris-Dakar; logo de sufrir un grave accidente que o postrou nunha silla de rodas, participa en raids con un vehículo adaptado.
JOAN ELIAS: Licenciado en Comunicación, Máster en Marketing e RR. HH. Coach de Dirección. Profesor na Escuela de Alta Dirección de Barcelona.
O acto contará coa presenza de de Xosé Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte .
 

Asistencia á representación da obra teatral "¡Vaya Tela!"

12/11/2015 09:30
12/11/2015 09:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Asistencia ao teatro

Día:         12 de novembro
Hora:       09:30-12:00
Lugar:      Auditorio de Lugo
Para:        3º ESO

O alumnado desprazarase camiñando acompañados de profesorado.

Descrición da actividade:

O grupo de traballo "Lugo, Cidade polo Comercio Xusto", do que forman parte as asociacións A Cova da Terra, Asemblea de Cooperación Pola Paz, Bico de Grao e Manos Unidas e Fundación Taller de Solidariedad, convídanos ao espectáculo ¡VAYA TELA! que representará en Lugo a compañía catalá Xucrut Teatre.
O espectáculo nace por mor dun encargo da Compañía Roupa Limpa, na primavera de 2010, para crear unha peza de teatro que falase do consumo de roupa e puidese chegar a un público amplo.
Xucrut Teatro penetrouse nun proceso de creación co espírito de abordar o tema do consumo de roupa con humor e crear, así, un clima propicio para abrir debate co público ao finalizar a función. A peza teatral ten unha duración de 40 minutos en clave de comedia, cun ritmo rápido e fluído. Despois dáse paso a un foro que pode ter unha duración de 40 a 60 minutos.
 

Participación nun estudo do Instituto Pluridisciplinar da UCM

09/11/2015 00:55

 

Participación nun estudo financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO):

Persoal da Unidade de cartografía cerebral do Instituto Pluridisciplinar da Universidade Complutense de Madrid desplazarase o 9 de novembro ata o noso centro, porque alumnado da ESO participará nun estudo de investigación que están a realizar.

 * O alumnado que participe conta coa debida autorización dos seus pais, nais ou titores legais.

Obradoiro "La aventura de Diana"

09/11/2015 10:30
09/11/2015 14:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita ao CEI NODUS - Obradoiro

Día:         09 de novembro
Organiza:  Dpto. Administración
Hora:       10:30-14:20
Lugar:      CEI Nodus Lugo
Para:        1º CS ADMFIN  (ord.)

Descrición da actividade:

“La Aventura de Diana” é un proxecto metodolóxico baseado nunha novela empresarial orientada a facilitar aos emprendedores/as conceptos, referencias, ferramentas e aprendizaxes sobre innovación e emprendemento.
Os talleres toman as referencias do libro do mesmo nome e polo tanto é o seu autor Nacho Villoch o encargado de trasladar ese coñecemento aos emprendedores e emprendedoras, empresarios e empresarias.
 

Presentación Club de Lectura - Nivel I

05/11/2015 12:40

Presentación
Animádevos a ler o primeiro libro!!!

Portada do libro

Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas

Sinopse:

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

Premios:
5ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015

Fonte da información: http://www.xerais.es/ Enlace a web externa

Distribuir contido


by Dr. Radut