Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Programa ATRÉVETE

12/02/2016 09:40
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: PROGRAMA ATRÉVETE
 

Día:        12 de febreiro
Hora:      09:40 ás aprox. 13:00.
Para:       2º ESO 

Xornada de fomento do emprendemento para Educación Secundaria Obrigatoria. Dirixida a alumnado de 2º curso de ESO. Organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación de empresarios de Lugo.

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

Que farán?

09:40 h Saída desde o instituto

10:00 h Benvida dos representantes da Confederación de empresarios de Lugo.

10:30 h Reunión cun emprendedor ou emprendedora.

11:00 h Visita á empresa  Cafés Candelas

Ao remate da visita, regreso ao instituto.


Lugares de celebración

Fundación CEL – Iniciativas por Lugo
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, El Palomar S/N - Lugo

Cafés Candelas S.L., Rúa dos Transportes, 7, 27003 Lugo

Charla temática da USC - Campus Lugo: É xusto o noso sistema fiscal?

12/02/2016 10:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - É xusto o noso sistema fiscal?
 Logo usc

Día:      12 de febreiro
Hora:    10:30 ás 11:20
Para:      1º e 2º ADMFIN, 2º XEAD
Lugar:    Salón de Actos

Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Antonio López Díaz (Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario. Profesor na Facultade de Dereito da USC).

Resumo: Pretende facer unha breve presentación sobre a estrutura do noso sistema fiscal, para logo analizar, comparándonos con países da nosa contorna, tanto a presión fiscal, como o reparto da carga fiscal en función da renda e a relación que existe entre tributación e redistribución da renda e igualdade.

Dirixida a alumnado do Departamento de Administración e Xestión.

Asistencia ao teatro "A ÓRBITA DO LUCECÚ"

29/01/2016 11:30
29/01/2016 13:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Asistencia ao teatro "A ÓRBITA DO LUCECÚ" 
 

Día:          29 de xaneiro
Organiza:   Dpto. Lingua Galega
Hora:        11:30-13:30
Lugar:       Auditorio Gustavo Freire
Para:         2ºESO A e B, 3º ESO-B

Manoel Lamelo e Rubén Pérez crearon recentemente a compañía lucense de teatro Lucecús. E son os escritores e progatonistas desta peza cómica.

Sinopse:

Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples, ás veces, son as máis difíciles de conseguir, os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila até esmorecer, cando non consegue a resposta buscada. A órbita do lucecú explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús.

Christmas Card Exchange 2015 - Proxecto de etwinning

Proxecto: Christmas Card Exchange 2015

Postais de NADAL realizadas polo alumnado de 4ºESO (sen PDC) dentro do programa etwinning. Esta actividade ou proxecto consistiu no intercambio de tarxetas e bos desexos con alumnado e profesorado de distintos países europeos. Aquí están as realizadas polo noso centro. Profesora encargada: Mª Jesús Rego.
 
Christmas Card Exchange 2015

 

Ligazón ás tarxetas

 

Charla temática da USC - Campus Lugo: A importancia das persoas na empresa.

20/01/2016 11:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - A importancia das persoas na empresa
 

Día:      20 de xaneiro
Hora:    11:50 ás 13:00
Para:      1ºASIDIR e 1º ADMFIN
Lugar:    Salón de Actos

Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de Dª. María Gómez Barreiro (profesora na Escola Universitaria de Relacións Laborais e RRHH).

Resumo: As persoas son unha parte esencial na empresa. A correcta selección, formación, retribución, deseño da carreira profesional e avaliación dos recursos humanos proporciona vantaxes competitivas sobre as demais empresas do sector. O persoal de contacto é especialmente importante no sector servizos (atención ó cliente, tramitación de queixas, resolución de problemas…) e nas pequenas e medianas empresas. Seleccionar unha persoa inadecuada nunha gran empresa apenas terá repercusión, pero nunha pequena empresa, pode ser un gran erro.

Dirixida ao alumnado de:

- CICLO SUPERIOR DE ASISTENCIA Á DIRECCIÓN porque no seu currículo figuran os módulos de :
     - Recursos humanos e responsabilidade social corporativa
     - Comunicación e atención a clientela

- CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS, figuran os módulos de:
     - Comunicación e atención á clientela.
     - Recursos humanos e responsabilidade social corporativa
     - Xestión de recursos humanos

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLASO alarmante incremento de cifras de obesidade infantil e enfermidades cardiovasculares en adultos, levou á Comisión Europea a formular un plan para a promoción de hábitos saudables como o consumo de froita, desde idades temperás.

Ao centro foille concedida a axuda, que consiste no pagamento íntegro da froita consumida polos rapaces, mediante a achega económica de 0,25 euros por alumno/a da ESO e día lectivo.
 
A froita que permiten é variada (laranxa, plátano, mazá,...) Distribuirase ao alumnado da ESO no corredor da planta baixa, no recreo. O centro ten concedido catro períodos de reparto, cada período é de cinco días lectivos consecutivos, sendo os seguintes:
- do 18 ao 22 de xaneiro
- do 15 ao 19 de febreiro (solicitado cambio para maio)
- do 07 ao 11 de marzo
- do 11 ao 15 de abril
 
Esta información do Plan figura no Servizo de Intervención de Mercados do Fogga (Fondo Galego de Garantía Agraria).

Visita a páxina web do Plan

Asistencia ao teatro "La Dama Boba"

21/01/2016 11:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Asistencia ao teatro "La Dama Boba" 
 

Día:          21 de xaneiro
Organiza:  Dpto. Lengua Castellana
Hora:        11:00-14:20
Lugar:       Auditorio Gustavo Freire
Para:         4ºESO, 1º e 2º de Bacharelato

O alumnado de 4ºESO e de Bacharelato asistirá á adaptación da obra La Dama Boba, do dramaturgo Lope de Vega. É unha obra teatral do Siglo de Oro español. Foi terminada de escribir, segundo consta no manuscrito de Lope, o 28 de abril de 1613.

Ambientada na España do século XVI onde dúas irmás, Finea e Nise, son vítimas do machismo imperante no reino. Por iso unha decide escribir para expresar o seu odio e a outra se fai a parva... Un amor en común faralles enfrontarse entre elas...

Tema central da obra: a idea neoplatónica sobre a capacidade do amor para abrir o entendemento.

Mediante este espectáculo o alumnado terá a oportunidade de poder apreciar e descobrir esta xoia do noso patrimonio literario.

Máis información:

Web de recursosweb.com Enlace externo FAI TEATRING!

Taller de Habilidades Sociais

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Taller de Habilidades Sociais
 frase célebre

Meses:      xan. a marzo
Organiza:  Dpto. Orientación
Hora:       Consultar táboa
Para:        3º ESO / FPB

 
Obradoiro ofertado polo Concello de Lugo e organizado polo Departamento de Orientación,  dirixido ao alumnado de 3ºESO.

Todos necesitamos relacionarnos con outras persoas: no traballo, na rúa, no instituto, na casa,... ás veces prodúcense conflitos.  

No obradoiro tratarase de que adquiran habilidades sociais, para mellorar a comunicación, expresar o que sinten, controlar as emocións negativas e permitir manter relacións positivas, resolver conflitos...

 Luns, 11 xan Luns, 18 xan Luns, 25 xan Luns, 01 feb
17:10 a 18:003º ESO-A 3º ESO-A 3º ESO-A 3º ESO-A
 Mérc., 13 xan Mérc, 20 xan Mérc, 27 xan Mérc., 03 feb
12:40 a 13:303º ESO-B 3º ESO-B 3º ESO-B 3º ESO-B
 Mérc., 13 xan Mérc, 20 xan Mérc, 27 xan Mérc., 03 feb
12:40 a 13:303º PMAR 3º PMAR 3º PMAR 3º PMAR
 Venr, 12 feb Venr, 19 feb Venr, 26 feb Venr, 4 marz
11:50 a 12:40

1º  PEIEST

 1º PEIEST 1º  PEIEST 1º PEIEST

Charla "As redes sociais"

11/01/2016
11/01/2016

Charla "As redes sociais"

Esta actividade forma para do programa PreviLugo, da Concellaría de Xuventude de Lugo. Propón unha charla dunha sesión por grupo, apoiada con material audiovisual e posteriormente un debate sobre a temática exposta; neste caso, dos riscos que pode supoñer o uso incorrecto da Internet e en concreto, das redes sociais.

HorarioHORARIO DECEMBRO

 Mércores, 09Mércores, 16
12:40 - 13:30 h. 3ºPMAR
13:30 - 14:20 h.2º ESO-B 

HorarioHORARIO XANEIRO

 Luns,11 Mércores, 13 Venres, 15
8:50-9:40 h.1º ESO-B  
12:40-13:30h   ACC / 2ºESO-A
13:30-14:20h  1º ESO-A 
 

Master Class por Cazcarra

01/12/2015 11:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CURSILLO DE MAQUILLAXE
 

Día:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

1 de decembro
Dpto. Imaxe persoal
Pola mañá
Taller de Estética
C.S. ESINBE

Profesionais de Cazcarra Image Group, especialistas en maquillaxe, trasladáronse o 1 de decembro de 2015 até o IES Muralla Romana para compartir co alumnado do CS Estética Integral e Benestar os segredos e as últimas tendenzas da maquillaxe profesional.

A demostración correu a cargo de Patricia Martínez, docente e maquilladora profesional de Grupo Cazcarra, quen transmitiu moitos dos segredos e das últimas tendenzas da maquillaxe profesional, incluíndo a novidosa maquillaxe empregando a técnica da aerografía.

O alumnado puido comprobar in situ os resultados, ampliando así a súa formación profesional.

Fotografías

Master Class Cazcarra
Distribuir contido


by Dr. Radut