ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla "SI, HAI SAÍDA" |
| Día: 27 de novembro Hora: 11:50-13:30 Lugar: Salón de actos Para: 3º e 4ºESO, 1ºBAC, 1ºPECOCA e 1ºSIMIRE |
Descrición da actividade:
A cargo de Dª. Marta Rodríguez Engroba, presidenta da asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero; falou dende a súa propia experiencia como muller que fora maltratada e como hoxe en día axuda a outras mulleres, porque hai saída.
Dende que iniciaron a súa andaina coa asociación, constatan con gran inquietude como día a día se vai producindo un arrepiante repunte da violencia de xénero entre a xuventude e como se tende normalizar condutas claramente agresivas e controladoras. Polo que é preciso traballar cos rapaces e rapazas e facerlles chegar a mensaxe do que é unha relación saudable, e, moi importante, como detectar os indicios de que unha relación está a piques de converterse en violenta, ou de feito se xa o está sendo.
A charla contou coa participación de D. Laureano García, inspector xefe do S.A.D. (Servizo de Atención ás Familias), da Comisaría de Lugo - Policía Nacional, quen informou do que se pode ou debe facer para denunciar, aclarando como é o proceso da denuncia,...
Despois de ambas intervencións abriuse un turno de preguntas no que se apreciou que a charla non deixou a ninguén indiferente, unhas testemuñas contadas polos ponentes que son para reflexionar.