Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Visita ao Museo de Historia Natural Luis Iglesias

24/02/2016 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita ao MHN Luis Iglesias
 Web do Museo

Día:          24 de febreiro   
Organiza:  Dpto. CCNN
Hora:        08:50-17:00
Lugar:       Museo MHN
Para:        4º ESO (de Bioloxía)
       2ºPEIEST e 2ºINFOFI
       1º BAC (de Bioloxía)

Actividade programada polo departamento de Ciencias Naturais para o alumnado de BeX.

As instalacións do Museo de Historial Natural no parque de Vista Alegre dispoñen dun conxunto patrimonial que se remonta ao século XIX con pezas singulares de gran valor para o estudo e a divulgación da biodiversidade e o medio ambiente.

O alumnado realizará unha visita guiada que consta de dúas partes:
1- Recorrido polas salas expositivas con explicacións
2- Actividade didáctica, adaptada ao grupo, na que os participantes actúan como “científicos” realizando un traballo de investigación sobre un tema relacionado coa exposición.

Ademáis aproveitarán a viaxe a Santiago de Compostela para realizar unha ruta turística polo casco histórico da cidade.

Concurso ENTROIDO 2016

05/02/2016 11:30
Gañadores: Alba Alvite, Alicia López e Kevin López.

ENTROIDO 2016

Rutas literarias polo museo de Lugo

25/02/2016 11:20
25/02/2016 13:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTAS LITERARIAS
 Contos do Museo

 

Día:          25 de febreiro   
Organiza:  Dpto. Lingua Galega
Hora:        11:20-13:30
Lugar:       Museo de Lugo
Para:        4º ESO


 

Hai 4 rutas: a da pantasma, a da serpe, a do paxaro e a do trasno. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro "Contos do Museo", con textos de Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda.  Ditos relatos son: Visita Nocturna, A serpe de pedra, Un paxaro posible e Un trasno do museo no Tour de Francia.

Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.

Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, ...) e didácticos (caderno do alumnado).

As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o alumno nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.

Deixan descargar o libro, desde a web do museo Información do libro na rede

Demostración de aparatoloxía estética e de cosméticos.

19/02/2016 11:30
19/02/2016 14:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: DEMOSTRACIÓN DE APARATOLOXÍA ESTÉTICA E DE COSMÉTICOS.
 

Día:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

19 de febreiro
Dpto. Imaxe persoal
11:30-14:00
Taller de Estética
C.S. 

O día 19 de febreiro, os/as alumnos/as do ciclo superior de estética asistirán a un cursillo de demostración de aparatoloxía e tratamentos cosméticos da casa comercial DIBI cosmetics, no que poderán coñecer de primeira man as distintas técnicas de vangarda e a aplicación dos distintos aparatos.

No ciclo que están a estudar dispoñen dun módulo Aparellos estéticos, as unidades de competencia que acredita son: Realizar a aplicación de técnicas de bronceamenteo artificial en condicións de seguridade e saúde e Aplicar técnicas electroestéticas integrándoas en tratamentos estéticos específicos.

De aí o interese que ten para a súa formación este tipo de actividades.


Demo DUNAMIS

Charla "A actividade emprendedora como chave para o teu futuro"

18/02/2016 09:30
18/02/2016 11:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla emprendedores
 

Día:         18 de febreiro
Hora:       09:30-11:00
Lugar:      Salón de Actos
Para:        2XEAD, 2ADMFIN, 2PECOCA, 2ESINBE, 2SIMIRE, 2ADSINRE e 2DAM

Charla formativa, dentro do PROGRAMA EDUEMPRENDE-ACTÚA, dirixida ao alumnado de segundo curso de ciclos formativos (medios e superiores), para que poñan en valor o talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento profesional.
Preténdese achegar a realidade emprendedora, contando para elo coa presenza de persoal técnico do IGAPE e dun emprendedor que falará ao alumnado da súa experiencia persoal. Na charla informarase de entidades que orientan, axudan e sirven de soporte para a canalización da iniciativa dos emprendedores.

Web de IGAPEO Igape é a Axencia de desenvolvemento de Galicia. Entre os seus principais obxectivos están os de fomentar a creación de novas empresas, promover a mellora da produtividade e competitividade das sociedades xa asentadas na Comunidade Autónoma, atraer investimentos foráneos e facilitar a internacionalización do tecido produtivo.

A emprendedora que intervirá na charla achegando a súa experiencia persoal e profesional é Dona Lorena De La Fuente Lago, da empresa LoreLay Estilistas.

 

MENTALÍZATE

19/02/2016 12:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:  MENTALÍZATE
 

Día:  15 de febreiro
Hora: 17:10-18:00 (3º ESO/PMAR)


Día:  19 de febreiro
Hora: 12:40-13:30 (2ºESO/ACC) 


Lugar: Salón de Actos


Organiza: Dpto. Orientación

 

MENTALÍZATE é unha campaña de información e sensibilización dirixida aos adolescentes, para a promoción da saúde mental. Organizada por FEAFES Galicia, promove hábitos e estilos de vida saudables, como prevención da enfermidade mental; centrado no risco que supón o consumo de alcohol e cannabis.

A campaña MENTALÍZATE busca dar a coñecer información das enfermidades mentais, traballando posibles estigmas asociados ás mesmas.

Máis información  

Visita ao Parlamento Galego e Cidade da Cultura - Santiago

16/02/2016 10:00
16/02/2016 20:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA E CIDADE DA CULTURA
 Día:        16 de febreiro
Hora:      10:00 ás 20:00
Lugar:     Santiago de Compostela
Para:       1ºASIDIR, 1ºADMFIN e 2ºXEAD
Organiza: Dpto. Administrativo

 

Alumnado de Ciclo Superior de Asistencia á Dirección, de 1º CS Administración e Finanzas e de 2º Ciclo Medio de Xestión Administrativa visitarán o Parlamento de Galicia.Cidade da cultura
Tamén asistirán á Cidade da Cultura de Galicia, que se atopa no monte Gaiás, a escasos metros do Casco Histórico de Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade dende 1985. Un proxecto do século XXI para contribuír ao progreso de Galicia, así como facer máis visible a súa Cultura a nivel internacional. Terán a oportunidade de visitar a "Biblioteca de Galicia" e o "Arquivo de Galicia".

Fotografías da visita en twitter

Viaxe de estudos a ROMA

15/02/2016 09:00
19/02/2016 22:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VIAXE DE ESTUDOS A ROMA.
 
Días:        do 15 ao 19 de febreiro
Lugar:      ROMA (ITALIA)
Para:       4ºESO e 1ºBAC

Viaxe de estudos a ROMA

PROGRAMA DA VIAXE DE ESTUDOS A ROMA - FEBREIRO 2016

Día 15 de Febreiro

09.00h Saída do autobús desde o instituto para traslado ata o aeroporto de Santander.
15.55h Saída do voo con destino a Roma
18.15h Chegada a Roma. Traslados dende o aeroporto de Ciampino ao hotel 3* Hotel Nizza (en Zona Termini)

Día 16 de Febreiro

Visita guiada: MUSEOS VATICANOS -CAPELA SIXTINA- ESTANCIAS DE RAFAEL (inclúe reserva, entradas, auriculares e guía- non inclúe traslado)
Tarde libre para continuar cas visitas acompañados do profesorado.
Posibilidade de visita libre ao Castelo de Sant’Angelo

Día 17 de Febreiro

Panorámica da cidade a pé con guía en Español: Roma Barroca. Paseo polas rúas do centro da cidade visitando as prazas, fontes, e os palacios máis famosos do arte Barroco. Dende a Praza de España espectacular Fontana di Trevi, á increíble arquitectura do Pantheon, e o animado ambiente da Praza Navona, coa Fonte dos Catro Ríos de Bernini. Tempo Libre para continuar cas visitas acompañados do profesorado.

Día 18 de Febreiro

Visita Guiada : Roma Antiga Visita do Coliseo, unha das máis grandes estruturas do antigo, un anfiteatro de pedra maciza con capacidade para 50-60.00 espectadores. A continuación visitarán os Foros Imperiais donde o guía lles falará sobre a mitoloxía, as celebracións populares dese tempo e dos deuses da Roma Antiga, que son reflexados no zodíaco e na astroloxía contemporánea. Dos Foros Imperiais pasarán a dar un paseo ata a colina do Palatino onde se pensa que Roma foi orixinada.

Día 19 de Febreiro

A hora prevista recollida no hotel para traslado ao aeroporto de Roma. Presentación no aeroporto.
13.00h Saída do voo con destino Santander
15.30h Chegada a Santander. Recollida polo bus para traslado a Lugo
--:-- Chegada a Lugo e fin da viaxe.


Hotel 3*: Hotel Nizza (en Zona Termini) - aloxamento e almorzo.

Ceas en restaurante preto do hotel.


Axencia de viaxes: Viajes Ecuador Sarria

Encontros no Campus de Lugo

11/02/2016 10:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: ENCONTROS NO CAMPUS DE LUGO
 

Día:        11 de febreiro
Hora:      10:30 ás 14:30
Para:       1º e 2º BAC 

Ás 10:30 h sairase en autobús desde o centro, irán acompañados polo orientador do instituto e outro profesor.

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

10:50 - 11:00 Chegada do alumnado dos diferentes Centros de Ensino Secundario ao Auditorio da Facultade de Veterinaria.

11:00 - 11:10 Benvida ao Campus de Lugo por parte do Vicerreitor de Coordinación do Campus, D. Javier Bueno Lema.

11:10 - 11:30 Presentación do Campus lucense da Universidade de Santiago de Compostela por parte do Coordinador do Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” no Campus de Lugo, D. Fco. Javier López.

11:30 -11:50 Alumnado universitario do Campus lucense compartirá cos asistentes a súa experiencia neste Campus en particular e na cidade de Lugo en xeral, e estarán abertos ás preguntas que se lles queiran facer.

11:50 - 12:00 Traslado dos participantes por itinerarios aos diferentes Centros do Campus e á Biblioteca Intercentros, segundo se detalla a continuación, acompañados por alumnado do Campus (os que elixiran o itinerario da Facultade de Formación do Profesorado, disporán dun autobús para o seu traslado).

Continuación do PROGRAMA para os seguintes itinerarios: Facultade de Veterinaria Facultade de Formación do Profesorado Facultade de Humanidades Escola Universitaria de Enfermaría

12:00 - 13:20 Recepción e visita en cada Centro, co desenvolvemento das actividades previstas en cada caso.

13:20 - 13:30 Traslado á Biblioteca Intercentros, acompañados por alumnado do Campus.

13:30 - 14:00 Visita guiada na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.

14:00 - 14:10 Regreso á Escola Politécnica Superior, para xuntarse o alumnado de cada centro de orixe e rematar a xornada.

Continuación do PROGRAMA para os seguintes itinerarios: Facultade de Administración e Dirección de Empresas Facultade de Ciencias Escola Politécnica Superior Escola Universitaria de Relacións Laborais

12:00 - 12:30 Visita guiada na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.

12:30 - 12:40 Traslado aos Centros correspondentes aos diferentes itinerarios, acompañados por alumnado do Campus.

12:40 - 14:00 Recepción e visita en cada Centro, co desenvolvemento das actividades previstas en cada caso.

14:00 - 14:10 Regreso á Escola Politécnica Superior, para xuntarse o alumnado de cada centro de orixe e rematar a xornada.

Cuestións a ter en conta:

- O profesorado dos centros de secundaria participantes que acompañe ao alumnado poderá sumarse ao itinerario que desexe, ou esperar ao remate da xornada (a partir das 14:00 horas, na explanada diante da Facultade de Veterinaria) para facerse cargo dese alumnado.

- Nas diferentes Facultades e Escolas do Campus, correspondentes aos 8 itinerarios previstos, haberá profesorado deses Centros para recibir ao alumnado e acompañalo na visita e nas actividades programadas.

- Na Biblioteca Intercentros, o alumnado de cada quenda se dividirá en pequenos grupos e realizará unha visita guiada acompañado por persoal deste servizo.

- O alumnado de secundaria de cada itinerario irá sempre acompañado nos seus desprazamentos polo Campus por alumnado universitario, que o guiará ao lugar que corresponda en cada momento.

- O Auditorio no que terá lugar a recepción dos participantes está situado na Facultade de Veterinaria, na avenida Carballo Calero do Campus lucense.

Charla de MANOS UNIDAS

11/02/2016 10:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA DE MANOS UNIDAS
 Campaña contra a fame de Mans Unidas


Día:       11 de febreiro
Hora:     10:30 a 11:20
Para:      3ºESO, 3ºPMAR, 4ºESO e 4ºPDC
Lugar:   Salón de Actos

A charla correrá a cargo dun misioneiro en Tailandia, Víctor Gil Muñoz, que compartirá o seu traballo de loita contra a fame; contará o seu labor e a súa experiencia persoal. Aclarar que non é unha charla de temática relixiosa, senón do traballo que fan os cooperantes, etc...

Manos Unidas é unha Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD) católica, de voluntarios, que dende 1960 loita contra a pobreza, a fame, a malnutrición, a enfermidade, a falta de instrución, o subdesenvolvemento e tamén traballa para erradicar as causas estruturais que as producen: a inxustiza, a desigual repartición dos bens e as oportunidades entre as persoas e os pobos, a ignorancia, os prexuízos, a insolidaridade, a indiferenza, ...

Abordarán o tema das diferenzas entre os chamados primeiro e terceiro mundo, mostrando os contrastes que existen entre ambos os dous. Mentres que no mundo occidental se teñen recursos máis que suficientes para o desenvolvemento, malgastándoos en bastantes casos, no outro mundo carecen do máis mínimo para satisfacer as súas necesidades vitais: comida, auga, educación...

NON FAN FALTA MÁIS PALABRAS.... PORQUE TODOS SABEMOS CÁL É A REALIDADE QUE NOS ARRODEA. Vídeo realizado por xóvenes de 16 anos. Con el preténdese sensibilizar á poboación para que abra os ollos á realidade que nos rodea e non intente mirar cara a outro lado, comparando as súas necesidades e as nosas e a forma de abastecelas en "ambos os dous mundos".

Distribuir contido


by Dr. Radut