ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC
Día: 17 de marzo Horas: 12:40 ás 13:30 Para: 2º BAC e 2º C.S.
Haberá unha charla para NAIS e PAIS, o 11 de abril ás 20:00 h.
Próximo ao ingreso na Universidade, é posible que teñades dúbidas acerca do que ides a estudar, os graos, onde e con que axudas podedes contar. Para dar respostas ás cuestións que vos poidan xurdir, a USC creou o programa “A Ponte”, que darase a coñecer nesta charla.
AVISO PARA PAIS/NAIS: Considérase que esta charla é de interese para as familias dos estudantes, pois fálase fundamentalmente de cuestións prácticas relacionadas coas PAU e a Universidade.
- Titulacións (Licenciaturas e Diplomaturas, Graos) - Libro de Titulacións e Guía das saídas profesionais - Plans de Estudo (Materias a cursar en cada titulación) - Residencias Universitarias e Colexios Maiores - Comedores Universitarios - Bolsas - Bibliotecas - Cursos de Formación (Informática, idiomas...) - Actividades Culturais - Prácticas en Empresas - Instalacións Deportivas - Prestacións da TUI (Tarxeta de identificación universitaria) - Voluntariado - Programa de Integración de Persoas con necesidades Especiais - Acceso á USC
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Viaxe lúdico-cultural a Santiago e a Marín
Día: 16 de marzo Organiza: Dpto. Relixión Hora: 08:30-21:00 Lugar: Santiago/Marín Para: 1º e 2º ESO (Relixión)
Alumnado de Relixión do primeiro ciclo da ESO farán unha visita á Catedral de Santiago de Compostela e ao Parque Multiaventuras de Marín.
Os obxectivos desta actividade son: - Coñecer e apreciar a arte relixiosa; - Fomentar a actividade física e as relacións con alumnos e alumnas doutros centros da provincia.
PROGRAMA DA ACTIVIDADE: 09:00 - Saída do instituto 11:00 - Visita á Catedral de Santiago 12:00 - Saída para Marín 13:30 - Comida (a deben levar da casa) 15:00 - Disfrute do Parque Multiaventuras de Marín 18:30 - Saída para Lugo 21:00 - Chegada a Lugo (sendo que a viaxe rematará fóra do horario escolar, cómpre que os pais e/ou as nais tomen as medidas que consideren oportunas de cara a recoller aos seus fillos).
Día: 15 de marzo Horas: 09:00 - 14:00 Lugar: Barrio de A Ponte Para: 2º ESINBE
Un grupo de alumnos/as do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar visitarán as instalacións do Balneario Hotel de Lugo, a beiras do río Miño, nunha contorna histórica e natural. As instalacións balneoterápicas e o prestixio das súas augas mineromedicinais, coñecidas desde a época dos romanos, fan deste establecemento un lugar ideal.
Trasladaranse ata ditas instalacións para coñecer as últimas técnicas empregadas en tratamentos hidrotermais; para aprender así, de primeira man, os distintos ámbitos nos que se pode practicar o estudado no seu Ciclo, que inclúe entre outros o módulo de Estética Hidrotermal.
A forma de desprazarse ata/desde as instalacións será empregando cadaquén os seus propios medios. Alí estarán acompañados por dúas profesoras do instituto.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Unidade móbil de doazón de sangue no instituto.
Día: 8 de marzo Horas: 9:30 ás 14:30/15:30 ás 21h Lugar: Fronte á entrada principal (no aparcadoiro pola mañá) Para: + 18 anos, sans e + 50 K
O sangue non se pode fabricar.
Cada día os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para facer operacións, atender as urxencias, os transplantes e tratar moitas enfermidades. Se tes máis de 18 anos, es san e tes máis de 50 quilos de peso non quedes indiferente. Son poucos os motivos que impiden doar e moitas as razóns para facelo.
15 minutos de teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde ou salvar vidas. Non debes acudir sen almorzar e despois do xantar tes que deixar pasar dúas horas. Persoal sanitario revisará o teu estado de saúde e utilizará material estéril e dun só uso. Na dozaón NON existe risco de contraer enfermidades transmisibles polo sangue. Doar sangue é voluntario e altruísta. Non se paga a doazón nin se lle cobra ao enfermo o sangue que recibe. Da túa doazón obtéñense tres compoñentes sanguíneos que se utilizan para diferentes problemas de saúde.
Día: 07 de marzo Para: 1º ESO (A e B) e 2º ESO-A Día: 14 de marzo Para: 3º ESO (A e B) e 2º ESO-B Hora: 16:20 Lugar: Salón de Actos
Alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º da ESO asistirán a unhas charlas sobre Acoso Escolar, uso de internet e drogas, para a convivencia e a seguridade escolar.
Organizada desde a Asociación de Reservistas de Lugo, será impartida por persoal da Asociación Concepción Arenal.
Unha actividade complementaria na que representantes xa retirados das forzas de seguridade do Estado falan cos alumnos/as de temas de actualidade que poidan supoñer un risco para a perfecta convivencia dos escolares, e que son difíciles de controlar polo persoal docente máis alá dos límites dos propios centros educativos.
É o caso, por exemplo, do tráfico de drogas ou o consumo de alcohol, as bandas xuvenís, o acoso escolar ou bulling, e os riscos que pode supoñer o incorrecto uso de Internet, ou das redes sociais.
Trátase de ofrecer información sobre estes problemas e os seus riscos obxectivos, de motivar os/as alumnos/as na adopción de condutas pro-activas.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVI Mostra de Teatro Clásico de Lugo. 2016
Día: Hora: Lugar: Para:
1 de marzo 12:00 h (*) Auditorio 3ºESO, 4ºESO e BACH
(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:20 h).
ROYAL FLUSH Shakespeare Vs Cervantes - Adaptacións da Feriña Domada e a Ilustre Fregona (100 % en inglés).
CUP OF THEATRE - Dirección: Rebeca Cobos Kirsten Callaghan, Charlotte Peak, Lee White, Sean Cook.
Royal Flush aborda desde un ton cómico intelixentemente trazado por Miguel de Cervantes e William Shakespeare temas que son de extrema actualidade para os adolescentes españois. Así pois, enfermidades coma a anorexia, a bulimia, a vigorexia, a ortodexia… están aumentando de maneira alarmante entre os máis novos, sendo esta a terceira causa de enfermidade na adolescencia, por baixo da asma e a obesidade. A nosa dramaturxia é unha contemporánea versión que integra A Ilustre Fregona de Miguel de Cervantes e a Feriña Domada de William Shakespeare nunha soa peza teatral, que posúe unidade dramática e que convida ao espectador a reflexionar sobre o avance e o estancamento da imaxe pública das mulleres.
Kate e Bianca son as dúas irmás da Feriña Domada e teñen unha personalidade oposta, os seus soños están enfrontados e teñen unha forma diferente de ver a vida. Pero ambas comparten o mesmo obxectivo: ter un futuro exitoso. Con este propósito, as irmás loitan polos seus desexos sen darse conta de que as decisións que van tomando non están encamiñadas a lograr os seus soños senón a compracer os dos seres que as rodean. A punto de tomar decisións que cambiarán a súa vida, reflexionan sobre o camiño que tomaron e e valorarán se aínda o poden modificar.
A Ilustre Fregona móstralles ás rapazas a carencia de disposición das mulleres do século XVII e analizan o que cambiarían elas desa novela para que se adaptase á muller do século XXI; sen embargo, as nosas rapazas protagonistas non son capaces de modificar o seu día a día e ven cómo as decisións que toman son semellantes ás que criticaban da obra cervantina.
Fonte da información Web do concello - Programa para a XVI Mostra de Teatro Clásico.