Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Charla - A ponte entre o ensino medio e a USC

17/03/2016 12:40
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC
 

Día:        17 de marzo
Horas:    12:40 ás 13:30
Para:      2º BAC  e  2º C.S.

Haberá unha charla para NAIS e PAIS,  o 11 de abril ás 20:00 h.

Próximo ao ingreso na Universidade, é posible que teñades dúbidas acerca do que ides a estudar, os graos, onde e con que axudas podedes contar. Para dar respostas ás cuestións que vos poidan xurdir, a USC creou o programa “A Ponte”, que darase a coñecer nesta charla.

AVISO PARA PAIS/NAIS:
Considérase que esta charla é de interese para as familias dos estudantes, pois fálase fundamentalmente de cuestións prácticas relacionadas coas PAU e a Universidade.

Na páxina web http://www.usc.es/aponte podedes atopar máis información de interese:

- Titulacións (Licenciaturas e Diplomaturas, Graos)
- Libro de Titulacións e Guía das saídas profesionais
- Plans de Estudo (Materias a cursar en cada titulación)
- Residencias Universitarias e Colexios Maiores
- Comedores Universitarios
- Bolsas
- Bibliotecas
- Cursos de Formación (Informática, idiomas...)
- Actividades Culturais
- Prácticas en Empresas
- Instalacións Deportivas
- Prestacións da TUI (Tarxeta de identificación universitaria)
- Voluntariado
- Programa de Integración de Persoas con necesidades Especiais
- Acceso á USC

Máis información sobre as P.A.U. 

Viaxe lúdico-cultural a Santiago e a Marín

16/03/2016 09:00
16/03/2016 21:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Viaxe lúdico-cultural a Santiago e a Marín

Día:         16 de marzo
Organiza:  Dpto. Relixión
Hora:       08:30-21:00
Lugar:      Santiago/Marín
Para:        1º e 2º ESO (Relixión)

Alumnado de Relixión do primeiro ciclo da ESO farán unha visita á Catedral de Santiago de Compostela e ao Parque Multiaventuras de Marín.

Os obxectivos desta actividade son:
- Coñecer e apreciar a arte relixiosa;
- Fomentar a actividade física e as relacións con alumnos e alumnas doutros centros da provincia.

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
09:00 - Saída do instituto
11:00 - Visita á Catedral de Santiago
12:00 - Saída para Marín
13:30 - Comida (a deben levar da casa)
15:00 - Disfrute do Parque Multiaventuras de Marín
18:30 - Saída para Lugo
21:00 - Chegada a Lugo (sendo que a viaxe rematará fóra do horario escolar, cómpre que os pais e/ou as nais tomen as medidas que consideren oportunas de cara a recoller aos seus fillos).

Visita ao Balneario de Lugo

15/03/2016 09:30
15/03/2016 14:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: VISITA AO BALNEARIO.
 

Día:       15 de marzo
Horas:    09:00 - 14:00
Lugar:    Barrio de A Ponte
Para:      2º ESINBE

Un grupo de alumnos/as do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar visitarán as instalacións do Balneario Hotel de Lugo, a beiras do río Miño, nunha contorna histórica e natural. As instalacións balneoterápicas e o prestixio das súas augas mineromedicinais, coñecidas desde a época dos romanos, fan deste establecemento un lugar ideal.

Trasladaranse ata ditas instalacións para coñecer as últimas técnicas empregadas en tratamentos hidrotermais; para aprender así, de primeira man, os distintos ámbitos nos que se pode practicar o estudado no seu Ciclo, que inclúe entre outros o módulo de Estética Hidrotermal.

 

A forma de desprazarse ata/desde as instalacións será empregando cadaquén os seus propios medios. Alí estarán acompañados por dúas profesoras do instituto.

Unidade móbil de doazón de sangue no noso instituto.

08/03/2016 09:30
08/03/2016 21:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Unidade móbil de doazón de sangue no instituto.
 

Día:       8 de marzo
Horas:    9:30 ás 14:30/15:30 ás 21h
Lugar:    Fronte á entrada principal (no aparcadoiro pola mañá)
Para:     + 18 anos, sans e + 50 K

O sangue non se pode fabricar.

Cada día os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para facer operacións, atender as urxencias, os transplantes e tratar moitas enfermidades. Se tes máis de 18 anos, es san e tes máis de 50 quilos de peso non quedes indiferente. Son poucos os motivos que impiden doar e moitas as razóns para facelo.

15 minutos de teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde ou salvar vidas. Non debes acudir sen almorzar e despois do xantar tes que deixar pasar dúas horas. Persoal sanitario revisará o teu estado de saúde e utilizará material estéril e dun só uso. Na dozaón NON existe risco de contraer enfermidades transmisibles polo sangue. Doar sangue é voluntario e altruísta. Non se paga a doazón nin se lle cobra ao enfermo o sangue que recibe. Da túa doazón obtéñense tres compoñentes sanguíneos que se utilizan para diferentes problemas de saúde. 

Se é a primeira doazón, achegarse co DNI. 

Web do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia

Charla - Drogas na xuventude e redes sociais

14/03/2016 16:20

Charla: Drogas na xuventude e redes sociais

Día:     07 de marzo  Para: 1º ESO (A e B) e 2º ESO-A
Día:     14 de marzo  Para: 3º ESO (A e B) e 2º ESO-B
Hora:  16:20
Lugar: Salón de Actos

Alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º da ESO asistirán a unhas charlas sobre Acoso Escolar, uso de internet e drogas, para a convivencia e a seguridade escolar.

Organizada desde a Asociación de Reservistas de Lugo, será impartida por persoal da Asociación Concepción Arenal.

Unha actividade complementaria na que representantes xa retirados das forzas de seguridade do Estado falan cos alumnos/as de temas de actualidade que poidan supoñer un risco para a perfecta convivencia dos escolares, e que son difíciles de controlar polo persoal docente máis alá dos límites dos propios centros educativos.

É o caso, por exemplo, do tráfico de drogas ou o consumo de alcohol, as bandas xuvenís, o acoso escolar ou bulling, e os riscos que pode supoñer o incorrecto uso de Internet, ou das redes sociais.

Trátase de ofrecer información sobre estes problemas e os seus riscos obxectivos, de motivar os/as alumnos/as na adopción de condutas pro-activas.

ROYAL FLUSH. Shakespeare Vs Cervantes

01/03/2016 12:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVI Mostra de Teatro Clásico de Lugo. 2016
 

Día:
Hora:
Lugar:
Para:

1 de marzo
12:00 h (*)
Auditorio
3ºESO, 4ºESO e BACH

(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:20 h).

ROYAL FLUSH Shakespeare Vs Cervantes - Adaptacións da Feriña Domada e a Ilustre Fregona (100 % en inglés).

CUP OF THEATRE - Dirección: Rebeca Cobos
Kirsten Callaghan, Charlotte Peak, Lee White, Sean Cook. 

Royal Flush aborda desde un ton cómico intelixentemente trazado por Miguel de Cervantes e William Shakespeare temas que son de extrema actualidade para os adolescentes españois. Así pois, enfermidades coma a anorexia, a bulimia, a vigorexia, a ortodexia… están aumentando de maneira alarmante entre os máis novos, sendo esta a terceira causa de enfermidade na adolescencia, por baixo da asma e a obesidade.
A nosa dramaturxia é unha contemporánea versión que integra A Ilustre Fregona de Miguel de Cervantes e a Feriña Domada de William Shakespeare nunha soa peza teatral, que posúe unidade dramática e que convida ao espectador a reflexionar sobre o avance e o estancamento da imaxe pública das mulleres.

Kate e Bianca son as dúas irmás da Feriña Domada e teñen unha personalidade oposta, os seus soños están enfrontados e teñen unha forma diferente de ver a vida. Pero ambas comparten o mesmo obxectivo: ter un futuro exitoso. Con este propósito, as irmás loitan polos seus desexos sen darse conta de que as decisións que van tomando non están encamiñadas a lograr os seus soños senón a compracer os dos seres que as rodean. A punto de tomar decisións que cambiarán a súa vida, reflexionan sobre o camiño que tomaron e e valorarán se aínda o poden modificar.


A Ilustre Fregona móstralles ás rapazas a carencia de disposición das mulleres do século XVII e analizan o que cambiarían elas desa novela para que se adaptase á muller do século XXI; sen embargo, as nosas rapazas protagonistas non son capaces de modificar o seu día a día e ven cómo as decisións que toman son semellantes ás que criticaban da obra cervantina.


Fonte da información Enlace externo Web do concello - Programa para a XVI Mostra de Teatro Clásico.



 

XVI Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo. 2016

29/02/2016 12:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVI Festival de Teatro Grecolatino de Lugo. 2016
 

Días:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

29 de febreiro
Dpto. Latín e Grego
12:00 h (*)
Auditorio
Alumnado de grego e Itinerarios culturais

(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:20 h).

A profesora do departamento de Latín e Grego acompañará ao alumnado de:

- Itineratios culturais e Grego - 1º Bach.

á representación da obra: Medea, dentro do XVI Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola asociación Prósopon Enlace externo, a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos Enlace externo e patrocinado polo concello de Lugo.


Medea Enlace externo unha traxedia de Eurípides, por Grupo El Ruiseñor (A Coruña)



 

XVI Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo. 2016

02/03/2016 12:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVI Festival de Teatro Grecolatino de Lugo. 2016
 

Días:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

2 de marzo
Dpto. Latín e Grego
12:00 h (*)
Auditorio
Alumnado de latín e Itinerarios culturais

(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:20 h).

A profesora do departamento de Latín e Grego acompañará ao alumnado de:

- Latín - 4º ESO,
- Itineratios culturais e Grego - 1º Bach.
- Latín - 2º Bach.

á representación da obra: Gemelos, dentro do XVI Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola asociación Prósopon Enlace externo, a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos Enlace externo e patrocinado polo concello de Lugo.


Gemelos Enlace externo unha comedia de Plauto, s. III-II a.C., por Grupo Noite Bohemia (A Coruña)



 

Mobilidade sostible e segura. PLAN PROXECTA - 2015/2016.


Mobilidade sostible e segura
FOLLETO INFORMATIVO realizado polo alumnado
pdf
Portada pdf
Web
Contraportada pdf

Difundimos a nosa experiencia en TWITTER

GALERÍA DE IMAXESMobilidade sostible e segura
Distribuir contido


by Dr. Radut