Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Viaxe a Madrid

22/04/2016 08:00
23/04/2016 23:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA A MADRID
 

Días:       22 e 23 de abril
Para:       3ºESO - Alumnado de Relixión
Organiza: Dpto. de Relixión

Esta actividade realízase conxuntamente con outros institutos da cidade e da provincia. O obxectivo é coñecer e apreciar a arte relixiosa, fomentando as relacións con alumnado doutros centros.

ITINERARIO:

venres, 22 de abril

08:00 h - sairá un dos autocares de Rábade e virá recoller ao alumnado do IES Muralla Romana de Lugo.

Chegada a Madrid para o xantar (libre), deixarán ao grupo no Madrid dos Austrias.

16:30 h - punto de encontro cos guías para visita a pé do Madrid dos Austrias. Finalizada a visita (duración estimada 3 horas e media), tempo libre no centro de Madrid.

21:30 h - traslado do grupo ao hotel HOTEL AVENIDA DE ESPAÑA 3*** Avda de España nº 18 28941 - Fuenlabrada.

sábado, 23 de abril

Almorzo no hotel.

10:00 h - traslado ao Parque Warner. Xantar incluído no Parque.

17:30 h aprox. iniciarase o regreso a Lugo.

Hora estimada de chegada 23:00 h

 

Axencia: Viajes EMBAJADOR

VIII Concurso galego de ROBÓTICA

22/04/2016 08:30
22/04/2016 14:20
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VIII CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA
 Concurso Robótica

Día:         22 de abril
Organiza:  Dpto. Tecnoloxía
Hora:       08:30-14:20
Lugar:      A Coruña
Para:        4º ESO/PDC 

 

Alumnado de 4ºESO participará no obradoiro "A maxia da robótica", VIII Concurso Galego de Robótica 2016, na Fundación Barrié de A Coruña. Organiza esta actividade a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), patrocinada por Educación Barrié

O obxectivo do obradoiro é participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. De maneira sinxela e divertida o alumnado participante familiarízase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica.

Visita ao Centro de Interpretación "Terras do Miño"

13/05/2016 10:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita ao Centro de Interpretación "Terras do Miño"
 

Día:         22 de abril 13 de maio
Hora:
     09:40 ás 11:45 ... 1ºB e ACC
     11:45 ás 13:45 ... 1ºA

Lugar:      Río Rato
Para:       1º ESO e ACC (1ºe2º)

 

Alumnado do IES Muralla Romana realizará unha visita guiada polo Centro de Interpretación Terras do Miño, xestionado pola Deputación de Lugo. Terán a posibilidade de coñecer o entorno deste espazo natural, Reserva da Biosfera desde o ano 2002. A finalidade é coñecer a riqueza natural da zona, na que destacan os bosques de ribeira ou as plantas acuáticas.

Centro de Interpretación da Natureza Terras do Miño  

Asistencia ao teatro: "O Público" de Lorca

19/04/2016 12:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Asistencia ao teatro "O público" 
 

Día:          19 de abril
Hora:        12:00-14:20
Lugar:       Auditorio Gustavo Freire
Para:         1º e 2º de Bacharelato

O alumnado de Bacharelato asistirá á representación da obra de teatro O público de Federico García Lorca, a cargo da Compañía de Teatro da USC-Lugo.

A función empeza ás 12:30h.

 

CONCERTO DIDÁCTICO DO CICLO DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA DE LUGO “MIHLSons-XXI”

15/04/2016 10:30
15/04/2016 13:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: THE MATHEMATICS OF THE RESONANT BODIES

Día:     15 de abril
Hora:    10:30 ás aprox. 13:30.
Para:    
            3ºESO-A, B e PMAR
            4ºESO-A e PDC
Lugar:
Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)

Só alumnado de Música 

Alumnado de música asistirá ao concerto didáctico “THE MATHEMATICS OF THE RESONANT BODIES - percusión, electrónica e danza", que forma parte do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI”. Sairán do instituto ás 10:30h, o concerto dará comenzo ás 11:00h. cunha duración aproximada de dúas horas.

Programa :

Compositor: John Luther Adams (Premio Pulitzer 2014)
Presentación do concerto: Xoán Xil López
Intérpretes: Diego Ventoso Fernández (percusión) e Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
Coreógrafas: Alba Felpete, Ana Belén Ferreiro, Raquel González e Reyes González


Sinopse:

“Sempre envidiei a relación que pintores e escultores teñen cos materiais da súa arte. A sustancia real da música sempre parece un pouco máis alá do noso alcance.

Aínda así, a música é un fenómeno táctil.

Hai uns cantos anos compuxen `Strange and Sacred Noise´, un ciclo para cuarteto de percusión celebrando o ruído na música e na natureza. Unha das pezas está escrita para catro tam-tams, tocando ondas de diferentes períodos que, finalmente, crecen xuntas nun enorme tsunami de son. Cando escoitei por primeira vez esta peza (que foi escrita para ser estreada polo marabilloso grupo de percusión de Cincinnati) asusteime. En medio das densas masas de ruído de banda ancha oín claramente voces, como un coro cantando tons longos e sen palabras. Chameilles "voces de anxo." E quería oílas soas ...

Comecei este traballo compoñendo un novo ciclo de cuartetos. Steve Schick veu a Alaska e gravou estas pezas parte por parte. Montei as gravacións e, a continuación, comecei a filtralas como fixera anteriormente cos tam-tams. O resultado foi unha serie de "auras" derivadas da resonancia interior dos propios instrumentos. Como paso final, compuxen unha serie de partes de solo para ser tocadas dentro destes campos sonoros “. J.L.A.

 

Visita a INDITEX

07/04/2016 08:45
07/04/2016 14:20
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita a INDITEX.
 Día:       7 de abril
Hora:     08:45-14:20
Para:      1º ADMFIN
Lugar:      A Coruña
Organiza: Dpto. Administración

Os alumnos e as alumnas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas visitarán as instalacións que a firma textil Inditex ten na cidade coruñesa de Arteixo.

INDITEX S.A. (Industrias de Deseño Textil Sociedade Anónima) é un grupo español de fabricación e distribución textil, con máis de 5.000 tendas distribuídas en 82 países. Formado por marcas tan coñecidas coma Zara (a marca principal) , Pull and Bear, Massimo Dutti, Kiddy's Class, Bershka, Stradivarius, Zara Home, Oysho y Uterqüe.

Nesta visita o alumnado terá a oportunidade de observar todo o proceso loxístico, desde o deseño e o patronaxe das prendas, á  colocación das mesmas en tendas simuladas e dos seus escaparates, a recepción e distribución dos pedidos polas tendas de todo o mundo...

Asistencia á representación da obra teatral "Bicos con lingua"

11/04/2016 08:50
11/04/2016 14:20
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Asistencia á representación da obra de teatro "Bicos con lingua".
 Cartel da obra teatral Bicos con lingua

Día:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:
 

11 de abril
Dpto. Lingua Galega
08:50-14:20
A Coruña
2º ESO sen ACC
3ºESO-B + 3º PMAR

O alumnado asistirá á representación da obra teatral, Bicos con lingua, da compañía Talía Teatro.

Distintos autores e autoras galegas participaron na creación deste espectáculo que interpretan Artur Trillo e Toño Casais, baixo a dirección de Avelino González.

Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situacións cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.

É unha útil ferramenta didáctica para traballar contidos relacionados coa sociolingüística.

Máis información Web de Talía Teatro

 

Charla - A ponte entre o ensino medio e a USC

17/03/2016 12:40
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC
 

Día:        17 de marzo
Horas:    12:40 ás 13:30
Para:      2º BAC  e  2º C.S.

Haberá unha charla para NAIS e PAIS,  o 11 de abril ás 20:00 h.

Próximo ao ingreso na Universidade, é posible que teñades dúbidas acerca do que ides a estudar, os graos, onde e con que axudas podedes contar. Para dar respostas ás cuestións que vos poidan xurdir, a USC creou o programa “A Ponte”, que darase a coñecer nesta charla.

AVISO PARA PAIS/NAIS:
Considérase que esta charla é de interese para as familias dos estudantes, pois fálase fundamentalmente de cuestións prácticas relacionadas coas PAU e a Universidade.

Na páxina web http://www.usc.es/aponte podedes atopar máis información de interese:

- Titulacións (Licenciaturas e Diplomaturas, Graos)
- Libro de Titulacións e Guía das saídas profesionais
- Plans de Estudo (Materias a cursar en cada titulación)
- Residencias Universitarias e Colexios Maiores
- Comedores Universitarios
- Bolsas
- Bibliotecas
- Cursos de Formación (Informática, idiomas...)
- Actividades Culturais
- Prácticas en Empresas
- Instalacións Deportivas
- Prestacións da TUI (Tarxeta de identificación universitaria)
- Voluntariado
- Programa de Integración de Persoas con necesidades Especiais
- Acceso á USC

Máis información sobre as P.A.U. 

Distribuir contido


by Dr. Radut