"Maus é a biografía de Vladek Spiegelman, un xudeu polaco sobrevivente dos campos de exterminio nazis, contada a través do seu fillo Art, un debuxante de cómics que quere deixar memoria da aterradora persecución que sufriron millóns de persoas na Europa sometida por Hitler e das consecuencias deste sufrimento na vida cotiá das xeracións posteriores. Apartándose das formas de literatura creadas até a publicación de Maus, Art Spiegelman aproxímase ao tema do Holocausto dun modo absolutamente renovador, e para iso relata a experiencia da súa propia familia en forma de memoria gráfica, utilizando todos os recursos estilísticos e narrativos tradicionais deste xénero e, á vez, inventando outros novos. A radicalidade narrativa de esta obra marcou un antes e un despois no universo da novela gráfica, e por iso Maus obtivo o primeiro e único premio Pulitzer outorgado a un cómic."
O día 16 de decembro ás 10:30 h o alumnado de 1º BAC e ás 11:20 h os de 2ºBAC relizarán unha enquisa sobre "O Uso de Drogas en Ensinanzas Secundarias en España" (ESTUDES), estudo realizado desde a Delegación do Goberno de España para o Plan Nacional sobre Drogas.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charlas informativas e sesións lúdico-educativas “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”
Día: 09 de decembro Horas: Consultar táboa Lugar: Laboratorio de CCNN Para: 1º e 2º da ESO
A Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre Residuos Domésticos “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama, contando coa colaboración e apoio de Ecoembes, Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec, ERP, Ecotic, Ecoraee, Ecoasimelec, Ecofimática, Tragamóvil, Ambilamp e Ecolum, contempla a realización dunha xornada educativa e didáctica dirixida ao alumnado.
A través de contidos e actividades adaptadas búscase conseguir unha maior implicación e colaboración da cidadanía – neste caso, do alumnado e profesorado- no proceso de reciclado de residuos, co ánimo de mellorar os resultados de recollida selectiva en Galicia e reducir o volume de impropios.
De forma amena e didáctica impartirase nesta actividade os valores asociados á regla dos 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Así, os alumnos trasladarán aos seus fogares a importancia de levar a cabo un consumo responsable así como unhas boas prácticas medioambientais.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á Deputación de Lugo
Día: 02 de decembro Hora: 12:15 ás 14:20 Lugar: Deputación de Lugo Organiza: Dpto. Administración
Os/as alumnos/as, de 2º curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección, que cursan o módulo Protocolo empresarial, realizarán unha visita polas instalacións do edificio da Deputación e coñecerán de primeira man o funcionamento do Servizo de Protocolo desta institución.
"O Servizo de Protocolo, adscrito á Presidencia e con ámbito xeral para toda a Deputación, centra a súa actuación na preparación, organización e execución de todos os actos e actividades desenvolvidas por todos os órganos de goberno, áreas delegadas e organismos dependentes do conxunto da institución.
Este departamento, encargado de realizar o seguemento do Reglamento de Honras e Distincións e da imaxe corporativa, ocúpase tamén da elaboración de ficheiros de distincións institucionais e da selección de agasallos promocionais.
Así mesmo, este Servizo xestiona a tramitación de expedientes administrativos, catalogación e arquivo de material relativo ao ámbito de protocolo e imparte cursos e participa en encontros académicos a través dun plan deformación en colaboración con institucións de ámbitos nacional, rexional ou local.
Adscrito a este Servizo está o Negociado do Boletín Oficial da Provincia."
Actos do 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Colaboran na organización: Alumnado do C.S. de Asistencia á dirección, do módulo Organización de eventos empresariais
Charla : “Diferenzas comunicativas e malentendidos entre mulleres e homes”
Relator: Xoán Paulo Rodríguez Yáñez (experto sociolingüista, profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo)
Data e hora: o venres 25 de novembro ás 10h no salón de actos do instituto
Destinatarios: Bacharelato, CS Administración e Finanzas e CS Asistencia á dirección
Do que vai tratar:
a) as diferenzas que existen entre homes e mulleres nos seus estilos comunicativos; b) as diferenzas tanto xestuais como proxémicas, e tanto paralingüísticas como léxicas, pragmáticas e conversacionais (sen empregar moitos tecnicismos); c) incidirá naquelas diferenzas comunicativas que con maior frecuencia provocan malentendidos (que son á súa vez causa de conflitos de parella ou de colegas, conflitos ás veces moi graves); d) constantemente irá poñendo exemplos concretos extraídos da vida cotiá, moi recoñecibles por todos aqueles que teñan algo de experiencia de parella ou de trato con amigos/-as do outro sexo; e) estes exemplos levarán a cada quen a reflexionar sobre o seu propio caso, e a que os asistentes fagan preguntas e a expandir a charla sobre isto ou aqueloutro aspecto.
Exposición-Mural de traballos de alumnado da ESO Colaboran distintos departamentos didácticos
Participación na Campaña do Concello de Lugo: 25N, en negro contra a violencia
Solicítase a todos os membros da comunidade escolar que vistan de negro ese día, en sinal de loito polas vítimas da violencia de xénero
12:30h: 3ºESO-B, 1ºBach e ASIDIR acudirán á Muralla para a solta de globos e ao acto de vestir de negro a Muralla.
Día: 25 de novembro Hora: 08:50 ás 11:20 ... 1ºESO-A 11:20 ás 14:20 ... 1ºESO-B / 2ºBAC Lugar: Río Mera Organiza: Dpto. CCNN
Resumo A actividade consistirá nun estudo superficial do estado de saúde do río Mera (nas proximidades de Astariz, entre A Malladoira e O Veral) que abranguerá o recoñecemento das árbores de ribeira, na toma de certos datos físico-químicos da auga e na mostraxe de fauna de invertebrados acuáticos.
Alumnado de 1º da ESO e de 2ºBAC que cursa CC. da terra e do medio ambiente, realizarán a primeira sesión anual do estudo dun tramo do río.
Recoméndase levar vestimenta axeitada para a realización da actividade.
Un curso máis o instituto colabora coa iniciativa Proxecto Ríos, posta en marcha pola asociación ecoloxista Adega, coa finalidade de que todos nos concienciemos de que hai que coidar os nosos ríos. O programa está destinado a todos os que o desexen, pero son os estudantes os que máis se involucran nesta actividade.
A saída para facer un estudo de campo non deixa de ser unha actividade didáctica pero dun xeito máis directo e entretido que unha clase normal. As experiencias son complementarias ao que aprenden na aula, pero moito máis participativas e activas.
Para a realización da Inspección de Ríos, cada grupo ou persoa participante selecciona un ou varios tramos de 500 m do río escollido. O noso centro ocúpase de aproximadamente un km, case o último tramo do río Mera.
Primeiro debúxase o treito do río e as súas beiras e despois comezan as análises máis pormenorizadas de características e estado, con apoio do material proporcionado polo proxecto.
Parámetros que anotan: - Velocidade de auga, caudal, tamaño da canle etc... - Descrición física - Características e estado do bosque da ribeira - Construcións. Sumidoiros, etc - Análise da auga - Fauna e Flora
Para as análises escóllese un punto de mostra, que abrangue uns 10 metros por 10 e é onde se fan diferentes análises. Por un lado realízanse análises físico-químicos de cal, temperatura, turbidez, ph, nitratos, velocidade da auga, etc. e por outro lado, tamén se realiza unha análise da calidade da auga.
Unha vez feita a avaliación, cubren unhas follas resumo da inspección que se envían á sede do proxecto, para a elaboración dos informes sobre o estado dos ecosistemas fluviais galegos.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Unidade móbil de doazón de sangue no instituto.
Día: 03 de novembro Horas: 9:30 ás 14:30/15:30 ás 21h Lugar: Fronte á entrada principal (no aparcadoiro) Para: + 18 anos, sans e + 50 K
O sangue non se pode fabricar.
Cada día os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para facer operacións, atender as urxencias, os transplantes e tratar moitas enfermidades. Se tes máis de 18 anos, es san e tes máis de 50 quilos de peso non quedes indiferente. Son poucos os motivos que impiden doar e moitas as razóns para facelo.
15 minutos de teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde ou salvar vidas. Non debes acudir sen almorzar e despois do xantar tes que deixar pasar dúas horas. Persoal sanitario revisará o teu estado de saúde e utilizará material estéril e dun só uso. Na dozaón NON existe risco de contraer enfermidades transmisibles polo sangue. Doar sangue é voluntario e altruísta. Non se paga a doazón nin se lle cobra ao enfermo o sangue que recibe. Da túa doazón obtéñense tres compoñentes sanguíneos que se utilizan para diferentes problemas de saúde.
Día: 21 de outubro Para: (consultar táboa) Horas: (consultar táboa) Lugar: Salón de actos
Juan Antonio Fraile Gómez é sacerdote e membro dos Misioneiros Combonianos (combonianos.es). Un madrileño que actualmente se atopa traballando na República Democrática do Congo desde o ano 1994.
Impartirá estas charlas no salón de actos do IES Muralla Romana. Organizadas polo Departamento de Relixión co gallo da Xornada Mundial das Misións (23 de outubro).