ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla "CONTAINERIZACIÓN e DOCKER"
Día: 03 de marzo Organiza: Dpto. Informática Hora: 10:30-12:30 Lugar: Aulas 211-212 Para: 2ºADSIINRE, 2ºDAM, 2ºDAW e 2ºADSIINRE-Adultos
Ponente: Francisco Maseda, fundador e responsable de produto de PREFAPP; conta con máis de 8 anos de experiencia deseñando e programando sistemas, cunha gran traxectoria desarrollando aplicacións para a xestión e automatización de sistemas Linux.
Nesta charla iniciará aos asistentes na novidosa tecnoloxía de containerización, que está a revolucionar a forma de virtualizar sistemas e servizos en comparación aos sistemas tradicionais como virtualbox, vmware, etc.
Explicará as ideas e o software base que fan posible este tipo de virtualización a nivel de sistema operativo. E, falará das ferramentas do software máis popular neste campo, Docker (proxecto de código aberto que automatiza o despregamento de aplicacións dentro dos contenedores de software).
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Asistencia ao teatro "Cyrano de Bergerac (Français)"
Día: 22 de febreiro Organiza: Dpto. Francés Hora: 11:00-13:00 Lugar: Auditorio Gustavo Freire Para: 3ºESO, 4ºESO e 1º de Bacharelato
O alumnado de francés de 3º-4º ESO e de 1º Bacharelato asistirá á adaptación da obra CYRANO DE BERGERAC (FRANÇAIS), de Edmond Rostand.
Un dos clásicos da literatura universal, agora adaptado ao nivel de francés dos estudantes. Nesta obra deixaranse seducir por este poderoso personaxe, fascinante e apaixonante. Unha oportunidade única para compartir momentos inesquecibles no teatro de grupo.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla divulgativa CD LUGO
Data: 15 de febreiro Hora: 13:30 Lugar: Ximnasio Para: 4ºESO-B, (...)
Desde a Concellería de Deportes e en colaboración co C.D. Lugo ofertaron a centros educativos unhas charlas divulgativas, para achegar aos estudantes ao C.D. Lugo.
Nesta sesión dous xogadores do C.D.Lugo compartirán experiencias cos rapaces e coas rapazas, aportando as súas vivencias dende que eran escolares coma eles, ata o momento de chegaren a ser xogadores profesionais, facendo fincapé no traballo, no esforzo e no sacrificio que deberon de realizar para acadar os seus obxectivos.
Os xogadores repartirán entre o alumnado entradas que lles darán acceso aos partidos que disputa o C.D. Lugo na casa para que poidan acudir ao campo do Ángel Carro.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Charla do redactor xefe de El Progreso
Día: 14 de febreiro Lugar: Aula 003 Hora: 11:50h Para: 2º ESO-A Organiza: Concurso Escola de prensa...
D. José Manuel Freire, redactor xefe de El Progreso, impartirá unha charla sobre o traballo dos xornalistas; vai dirixida ao alumnado de 2º ESO-A que está a participar no proxecto educativo Escola dePrensa El Progreso.
Día: 13 e 14 de febreiro Lugar: Aula 209 e taller de Informática Para: 1º ADSIINRE Organiza: Dpto. Informática e comunicacións
Taller adaptado ao alumnado do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos, co módulo Planificación e Administración de Redes. Obradoiro para o que se necesitan coñecementos previos básicos en redes e está orientado á parte práctica.
Estructurado en dúas partes:
PARTE TEÓRICO/PRÁCTICA
Luns, 13 de febreiro (De 12:40 ás 14:20h para ordinario, e de 18:00 ás 19:40 h para adultos)
Avanzarase nos contidos ao mesmo tempo que se poñerá a disposición do alumnado todo material de que se trate no momento, amosando diferentes tipos de fibra óptica, conectores, cortadoras, fusionadoras, etc...
- Introdución á Fibra Óptica
Principio de funcionamento
Fibra mono modo e fibra multi modo
Tipos de fibras
Ventanas de transmisión
Vantaxes e inconvenientes de utilizar un modo ou outro
- Conectorización e unión de Fibras Ópticas
Conectores
Tipos
Partes dun conector
Tipos de pulido
Kit de conectorización
Kit de empalme mecánico
Fusionadoras
- Inspección e comprobación
Fonte Láser
Medidos de potencia óptica
Sonda de inspección
Reflectometría óptica (OTDR)
LABORATORIO(Realizarase en quendas, o luns de 16:20 ás 18:50h para parte de ordinario, e de 19:40 ás 23:00 h para adultos; e o martes de 11:50 ás 14:20h para o resto dos de ordinario)
Procederase a realizar un laboratorio onde se porá en práctica todo o explicado con anterioridade. Faranse dous grupos, mentres o primeiro fai labores de inspección e análise de varias fibras, os integrantes do outro farán prácticas de unión por fusión, unha vez rematadas as actuacións de cada grupo procesarase o intercambio de tarefas.
- Procurarase que cada alumno realice alomenos unha fusión que incluirá pelado de dúas fibras, cortado coa cortadora e unión por fusión.
- Faranse inspeccións grupais de fibras ópticas, para valorar os datos obtidos.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: EXPO BELLEZA ANDALUCÍA 2017
Día: Do 10 ao 15 de febreiro Lugar: Sevilla Para: 2º PECOCA Organiza: Dpto. Imaxe Persoal
Alumnado de segundo do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar desprazarase a Sevilla coa profesora Rosa Ana, para disfrutar desta feira de beleza, saúde e benestar. A viaxe e participación a esta actividade está organizada polas alumnas e a súa profesora; proposta incluída no PXA nas actividades do Departamento de Imaxe Persoal do IES Muralla Romana.
Programa da actividade
Venres, 10 de febreiro
10:00 h Saída en autobús desde diante do Instituto, para ir ao aeroporto
13:30 h Saída en avión desde o aeroporto de Santiago de Compostela (Referencia: FR3042)
14:55 h Chegada a Sevilla
Pola tarde, visitas a: Catedral de Sevilla – Giralda / Praza de España e Real Alcázar de Sevilla
Sábado, Domingo e Luns (11, 12 e 13 de febreiro)
Feira (Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla)
Martes, 14 de febreiro
Pola mañá: Torre del Oro / Parque de Mª Luisa / Río Guadalquivir / Teatro Lope de Vega
Tarde : LIBRE
Mércores, 15 de febreiro
11:35 h Saída en avión desde o aeroporto de SEVILLA (Referencia: FR3041)
13:05 h Chegada a Santiago de Compostela e regreso en autobús a Lugo
Custo sufragado polo alumnado, segundo tarifa e condicións establecidas polos organizadores da actividade; aceptando co abono do mesmo as condicións por eles fixadas.
Fotografías da viaxe a Sevilla de alumnado do Ciclo de Peiteado e Cosmética Capilar. Asistiron a EXPO Belleza Andalucía. Xa están en Lugo. pic.twitter.com/pP5GprVo7H
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: ENCONTROS NO CAMPUS DE SANTIAGO
Día: 07 de febreiro Hora: 08:40 ás 15:00 Para: 1º e 2º BAC
Ás 08:40 h sairase en autobús desde o centro
PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
SAÍDA DA RESIDENCIA BURGO DAS NACIÓNS ÁS 10:30 (CAMPUS NORTE)
PERCORRIDOS
1: Filoloxía e Ciencias da Comunicación
2: Ciencias Económicas e Empresariais
3: Ciencias da Educación (Mestres) e Traballo Social
4: Medicina-Odontoloxía e Enfermería * de 11a 12 Medicina-Odontoloxía de 12-13 Enfermería
5: Xeografía e Historia e Filosofía
SAÍDA DA RESIDENCIA MONTE DA CONDESA ÁS 10:30 (CAMPUS VIDA)
PERCORRIDOS
6: Dereito, Relacións Laborais e Ciencias Políticas e Sociais
7: Química e Enxeñaría Química
8: Bioloxía e Farmacia
9: Enxeñaría Informática e Matemáticas
10: Física e Matemáticas
11: Enxeñaría Informática e Física
12: Química e Física
13: Óptica e Optometría
14: Psicoloxía e Ciencias da Educación
O persoal da USC farase cargo de recibir nos puntos de encontro, aos estudantes participantes e acompañalos nos distintos percorridos. O profesorado acompañante do instituto só irá con eles ata o punto de encontro, para deixalos ao inicio e recollelos ao finalizar o percorrido (tempo estimado do mesmo 2 horas e media).
A hora de retorno está condicionada á finalización dos distintos percorridos, aconséllase levar un bocadillo e un refresco/auga para tomar antes de regresar a Lugo. Hora estimada de chegada ao instituto, ás 15:00 h aproximadamente.
Día: 06 de febreiro Hora: 12:40 a 13:30 Para: 4ºESO e 1ºBAC Lugar: Salón de Actos
A charla correrá a cargo dun misioneiro que compartirá o seu traballo de loita contra a fame; contará o seu labor e a súa experiencia persoal. Aclarar que non é unha charla de temática relixiosa, senón do traballo que fan os cooperantes, etc...
Abordarán o tema das diferenzas entre os chamados primeiro e terceiro mundo, mostrando os contrastes que existen entre ambos os dous. Mentres que no mundo occidental se teñen recursos máis que suficientes para o desenvolvemento, malgastándoos en bastantes casos, no outro mundo carecen do máis mínimo para satisfacer as súas necesidades vitais: comida, auga, educación...
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo. 2017
Día: Hora: Lugar: Para:
2 de febreiro 13:00 - 13:30 h Salón de Actos 1ºESO e 2ºESO
Desde o departamento de Cultura do Concello de Lugo ofrécennos esta actividade, na que dous integrantes do grupo lucense LUCECÚS TEATRO virán ao noso instituto, para facer esta intervención teatral a modo introdutorio da XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo.
LUCECÚS TEATRO
Dirección: Rubén Pérez Pombo
Intérpretes: Isa Herrero, Anxo Manoel
A MOSTRA: UN CLÁSICO ENTRE OS CLÁSICOS
Un xeito divertido de achegarse ao que nos ofrecerá a XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo. Déixate sorprender polos clásicos!
Laurencia é unha profesora de literatura agrisada que se toma moi en serio o seu traballo. Venancio é un actor tropical desexando xubilarse para viaxar polo mundo enteiro. Os dous tentarán conxuntamente explicar en qué consiste o teatro clásico e as súas cores. Unha lección curiosa e divertida que pretende facer un percorrido polas pezas teatrais programadas na Mostra de Teatro Clásico da nosa cidade adaptado para todos os públicos.