Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Ponlle as pilas ao teu bocata

26/05/2017 10:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Ponlle as pilas ao teu bocata

Día:        26 de maio
Lugar:     Biblioteca
Para:
De 10:30 a 11:35h ...1ºESO A/B e 2ºESO-A
De 11:35 a 12:40h ...2ºESO-B/PMAR e 3ºESO A/B/PMAR

Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.

“As conservas temos unha chea de enerxía para o teu bocata”

Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día. As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. serviranche para elaborar os teus propios bocatas! Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!

Máis información: www.ponlleaspilasaoteubocata.com

Clase de achegamento ao voleibol da man do club EMEVE

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: MasterClass do club EMEVE

Día:       en maio
Lugar:    Pistas do instituto
Para:      3º e 4º ESO, 1º Bacharelato

O club EMEVE de voleibol visitou o IES Muralla Romana para facer unha clase de achegamento ao seu deporte. Catro adestradores: Eli, Fernando, Adrián e Dani amosaron os elementos técnicos e tácticos básicos para iniciarse neste deporte. Os grupos destinatarios foron 3º e 4º da ESO e 1º BACH.

A sesión resultou moi proveitosa, e a totalidade do alumnado enquisado despois da práctica amosou o seu interese polo deporte e a satisfacción polo desenvolvemento da clase. En tódalas sesións déuselles un merecido recoñecemento e un forte aplauso de gratitude pola súa colaboración desinteresada.

MasterClass do club EMEVE

 

VII Concurso Europeo de Marcapáxinas

Gran éxito do IES Muralla Romana no VII Concurso Europeo de Marcapáxinas. Un excelente traballo o do noso alumnado de TIC (4ºESO) e de 1º SIMIRE, recompensado en forma de premios que conseguiron:

Ao concurso presentáronse a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2017 – Carlos Casares. Participaron animados polo profesor Ero Sante Gueimonde, interesado en promover a colaboración escolar con outros centros europeos, utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación. 

Desde aquí desexámoslles os nosos parabéns tanto aos premiados como ao seu profesor; animándovos a todos e todas a seguir participando nestes proxectos.

Nas seguintes imaxes podedes ver os marcapáxinas premiados do noso instituto no concurso deste ano.

Anverso do marcapáxinas de Andrea Durán AbelleiraReverso do marcapáxinas de Andrea Durán Abelleira

Anverso do marcapáxinas de Martín Sanjurjo Campello e Kevin Calvin PérezReverso do marcapáxinas de Martín Sanjurjo Campello e Kevin Calvin Pérez

Anverso do marcapáxinas de Juan Seijas MigueizReverso do marcapáxinas de Juan Seijas Migueiz

Debate e charla: Vacinación, si ou non?

16/05/2017 09:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Vacinación, si ou non?

Día:       16 de maio
Horas:    09:30 ás 10:30/10:30 ás 11:20h
Lugar:    Salón de Actos
Para
Debate: 3ºESO, alumnado de BeX de 1ºBAC
Charla: 3ºESO, alumnado de BeX de 4ºESO e Bacharelato

O martes 16 de maio ás 09:30 h da mañá, no salón de actos do instituto, haberá un debate baixo o título "Vacinación, si ou non?". Realizarao alumnado de 3ºESO.

Unha forma diferente de preparar un punto do tema que están a estudar  Anatomía e fisioloxía humana. Para iso os relatores defenderán posturas opostas, que deberán rebater esgrimindo argumentos, para os cales deberán documentarse previamente, preparando as súas intervencións a favor e en contra da vacinación mediante procuras bibliográficas e con base científica...

Será presentado e moderado por un dos estudantes, Adrían Vázquez.

Como colofón ao debate, haberá unha CHARLA FORMATIVA sobre a vacinación a cargo de D. Carlos Quintas Fernández, Xefe do Servicio de Medicina Preventiva do Hospital Universitario Lucus Augusti  e Profesor Asociado de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.

"Charla formativa e sensibilizadora sobre o tema da vacinación, para tratar de estimular ao alumnado no seu coñecemento e nas controversias que neste momento son sumamente relevantes, sobre todo pola visibilidade tan poderosa que están a ter os movementos antivacinas en todo o mundo e que non están a ser rebatidas en debate científico de forma contundente."

Webs de referencia:
- www.vacunas.org
- www.vacunasaep.org
- páxinas da Organización Mundial de la Salud-CDC.

 

Viaxe a Madrid

12/05/2017 00:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA A MADRID
 

Días:       12 e 13 de abril
Para:       3ºESO - Alumnado de Relixión
Organiza: Dpto. de Relixión

Esta actividade realízase conxuntamente con outros institutos da cidade e da provincia. O obxectivo é coñecer e apreciar a arte relixiosa, fomentando as relacións con alumnado doutros centros.

ITINERARIO:

venres, 12 de abril

09:00 h - un dos autocares virá recoller ao alumnado do IES Muralla Romana de Lugo.

14:00 h Xantar en ruta, por conta do grupo.

16:30 h Visita guiada á Catedral da Almudena.

17:00 h Visita guiada á Cidade de Madrid.

19:00 h Visita á sede central de "Mensajeros de la Paz".

20:00 h Tempo libre no centro para cear.

22:30 h - traslado do grupo ao hotel HOTEL IBIS FUENLABRADA - Fuenlabrada.

sábado, 13 de abril

Almorzo no hotel.

Traslado ao Parque Warner. Xantar incluído no Parque.

17:00 h aprox. iniciarase o regreso a Lugo.

Hora estimada de chegada 23:30 h

 

Axencia: Halcón Viajes - Monforte de Lemos


Acto conmemorativo CONTRA O ACOSO ESCOLAR - BULLYING

05/05/2017 10:30

ACTO EN FOTOGRAFÍAS:
Acto conmemorativo: Non + bullying

 

GRAVACIÓN DO ACTO:

 

Así se fixo o grafiti:
Grafitis contra o acoso

Xincana solidaria "GOTAS PARA NÍXER"

15/05/2017 16:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Xincana solidaria
 

Día:         15 de maio
Organiza:  Dpto. de Educación Física
Hora:       16:20-18:00 aprox.
Lugar:      Recinto escolar
Para:        1º e 2º ESO

Un curso máis o IES ÁNXEL FOLE e o IES MURALLA ROMANA únense para formar parte dos centros enredados, organizando conxuntamente unha xincana de carreiras solidarias para apoiar os programas de supervivencia infantil en Níxer.
 
Inscritos grazas aos departamentos de Educación Física de ambos os dous institutos, imos celebrar unha actividade deportivo-festiva coa participación do alumnado de 1º e 2º da ESO. 
 
AS PROBAS: carreira de zancos, de sacos cooperativos (grandes, de obra, collen 4 dentro), de carretillas, de tartarugas, 3 pés (atados) e de carregar garrafas de auga (resistencia, 5' relevos e anotar número de percorridos).
 
O fundamental é que os participantes entendan e valoren a achega que poden facer no logro dos dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo. Son eles os que marcarán o seu propio obxectivo económico individual, aínda que a cantidade mínima recomendada é 1€ por alumno/a. 
 
Inscrición: co profesor de educación física.
 

Un evento solidario cun obxectivo común: apoiar os esforzos de UNICEF por levar auga, hixiene e saneamento a todos os nenos e nenas de Níxer.

Todo o recadado por ambos centros será entregado a UNICEF.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Correlingua 2017

04/05/2017 10:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CORRELINGUA 2017- LUGO
 Día:         4 de maio 
Hora:       10:30-13:30 aprox.
Para:       1º ESO  e 2º ESO
Lugar:      Cidade de Lugo
Organiza: Dinamización Lingüística

CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.

Programa da actividade en Lugo

ITINERARIO:

Saída da Praza de Santa María – Chegada á Porta de Bispo Aguirre – Segue pola Ronda deica a entrada na Muralla pola porta do Campo Castelo – Paso pola Praza Maior – Crúzase de novo á Praza de Sta.María para subir á Muralla pola rampa da Porta de Santiago – Volta á Muralla – Chegada á Praza de Sta. María.

ACTUACIÓNS/ACTIVIDADES:

- Presentación: Luís, O Caruncho

- Lectura do Manifesto, por Noemí López(Ilustradora).

- Gañadores de concursos:

- Manifesto: "Óculos" do CPI Afonso VII de Caldas de Reis

-Vídeo: “Os catas da mata” CPI Suárez Marquier do Rosal.

-Banda deseñada; Educación Infantil do CEIP Manuel Luís de Ourense

- Concurso de Pancartas.

- Actuación do Grupo de Cantalingua: Biribirlocke

Máis información: www.correlingua.gal Enlace a web externa

Viaxe lúdico-cultural a Ferrol-Fene

03/05/2017 08:10
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe lúdico-cultural a Ferrol-Fene

Día:         3 de maio
Hora:       08:50-18:30 aprox.
Lugar:      Ferrol-Fene
Para:        1º INFOFI e 1ºXEAD

Alumnado de 1º do Ciclo Básico de Informática de oficina e o 1º CM de Xestión Administrativa visitarán NAVANTIA - as instalacións da construción naval e suministro de equipos de alta tecnoloxía,  os máis avanzados no mundo e cun revolucionario modelo de produción, a construción integrada, que permite alcanzar unha excelente calidade e unha diminución de custos e prazos. Aproveitarán a viaxe para visitar a comarca.

Recoméndase levar calzado cómodo, comida e bebida da casa. Dependendo do tempo, desprazaranse ata un centro comercial para xantar.

Semana Escolar con Maruja Mallo


Fotografías do momento en que coñecemos a vida e obra de Maruja Mallo, en clases de Educación Plástica e de Historia da Arte; grazas ao libro "Bos días Maruja, 12 estampas dunha pintora", agasallo da Deputación de Lugo.

Semana Escolar con Maruja Mallo
Distribuir contido


by Dr. Radut