Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Exposición POBO XITANO

16/04/2018 17:00
19/04/2018 14:20

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:

Exposición POBO XITANO

Día:         16-19 de abril
Organiza: Dpto. Orientación
Lugar:      Hall do centro
Para:        1º, 2º e 3º ESO, 1º INFOFI, 1º PEIEST 

A semana  do 16-19 de abril desenvolverase no noso centro unha exposición guiada para os grupos sobre o pobo e a cultura xitana organizada pola Fundación Secretariado Xitano.

Á inauguración será o luns 16 de abril ás 17.00, no corredor da Sala de Profesores.

Os alumnos de 1º, 2º e 3º ESO e o alumnado dos dous grupos de 1º de FP Básica (tanto Informática como Peiteado) van pasar pola exposición ao longo do martes, mércores e xoves nos horarios que adxunto no arquivo

Pobo xitano

Asistencia a obra teatral Anagnórise

24/04/2018 09:40
24/04/2018 11:30

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR:

Asistencia obra treatral Anagnórise

Día:         24 de abril
Hora:       09:40-1
Lugar:      IES Lucus Augusti
Para:        4º ESO e 1º BAC
Organiza:  Dpto. Galego. Dinamización lingüística

Viaxe a Madrid 2018

20/04/2018 08:45
21/04/2018 23:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA A MADRID
 

Días:       20 e 21 de abril
Para:       3º ESO - Alumnado de Relixión
Organiza: Dpto. de Relixión

Esta actividade realízase conxuntamente con outros institutos da cidade e da provincia. O obxectivo é coñecer e apreciar a arte relixiosa, fomentando as relacións con alumnado doutros centros.

ITINERARIO:

Venres, 20 de abril

08:45 h - Saída de diante do instituto cara Madrid.

Visita guiada á Catedral da Almudena e ao Madrid dos Austrias. Visita á sede central de "Mensajeros de la Paz".

Despois, farán unha pequena visita pola cidade e gozarán de tempo libre pola tarde, antes de transladarse ao hotel.

Comida e cea por cnta dos alumnos/as.

Sábado, 21 de abril

Almorzo no hotel. Traslado ao Parque Warner. Xantar incluído no Parque.

Día de regreso a Lugo. Hora estimada de chegada 23:30 h.

Aviso importante: É imprescindible levar o DNI para realizar as visitas guiadas. Tamén é conveniente levar a tarxeta sanitaria.

 

Axencia: Halcón Viajes - Monforte de Lemos

Asistencia congreso FP INNOVA

25/04/2018 10:30
25/04/2018 15:30

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR:

Asistencia congreso FP INNOVA

FPINNOVA

 

Día:         25 de abril
Hora:       10:30-15:30
Lugar:      Santiago de compostela
Para:        1º INFOFI, 1º SIMIRE, 1ºXEAD,

                1º PEIEST, 1º ESBE, 1º PECOCA 

 

Actividade formativa ABANCA sobre os medios de pagamento

18/04/2018 12:00
18/04/2018 14:00

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:

ACTIVIDADE FORMATIVA ABANCA SOBRE OS MEDIO DE PAGAMENTO

Eduemprende

Días:       18 de abril
Para:       1º ASIDIR e 1º ADMFIN
Organiza: Dpto. de Administrativo

O noso centro foi seleccionado para participar no programa "Implantación de ferramentas de medios de pagamento en formación profesional", enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade financeira ABANCA Corporación Bancaria S.A. para o desenvolvemento do espírito emprendedor, no marco de Eduemprende 2017/2018.

Ruta conca alta do Mera

13/04/2018 08:50
13/04/2018 16:30

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR:

Ruta pola Conca alta do Río Mera

Día:         13 de abril
Organiza: Dpto. Bioloxía
Hora:       08:50-16:30/17:00
Lugar:      Conca do Río Mera
Para:        2º (Alumnos Paisaxe), 3º e 4º ESO 

Realizarán unha saída didáctica pola Conca do Río Mera. Sairán a 1ª hora e ten dous puntos de referencia que son o Castro de Penarrubia, na aldea do mesmo nome e que está moi preto de Lugo, e Sta Eulalia de Bóveda

A hora de regreso ao Instituto será entre as 16:30 e as 17:00 horas.

Celebración 8 de marzo en ASIDIR

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8 de marzo de 2018

 8 marzo ASIDIR

Día:         8 de marzo
Curso:      2º ASIDIR

Depto.:     Administración e finanzas
Módulo:    Organización de eventos empresariais

Entre as actividades levadas a cabo no IES Muralla Romana con motivo do Día Internacional da Muller o pasado 8 de Marzo, as alumnas Sonia Alvarez Ignacio, Begoña Fdez. Veiga e Lucía Debasa Regueira, de 2º curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección, dentro do módulo de Organización de eventos empresariais, realizaron un vídeo que contén a grabación de enquisas realizadas ás mulleres do seu entorno familiar como forma de rendir homenaxe ó seu traballo oculto.

Preme no enlace para ver o vídeo no noso canal de YOUTUBE

(As imaxes do vídeo forón sacadas dos seguintes enlaces)

Viaxe a Oporto

07/04/2018 07:00
10/04/2018 21:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA A OPORTO
Expocosmetica Oporto

Días:       7 ao 10 de abril
Para:       2º PEIEST, 2º PECOCA
Organiza: Dpto. de Imaxe persoal

Trátase dunha viaxe intercentros, en colaboración co IES Perdouro de Burela e o IES A Pinguela de Monforte de Lemos.

Os alumnos e alumnas de 2º do Ciclo Básico de Peiteado e Estética e de 2º do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar acudirán a visitar Expocosmética, onde se celebrarán durante 3 días diversos obradoiros, demostracións e shows de peiteado, micropigmentación, maquillaxe, etc.

ITINERARIO:

SÁBADO 7 ABRIL

7:00 h: Saída dende o noso centro a Monforte, onde os alumnos/as se reunirán co resto dos centros. Saída cara Oporto.
13:00 h: Chegada a Expocosmétca, onde pasarán o resto do día.

DOMINGO 8 ABRIL

Asistencia durante todo o día a Expocosmética.

LUNS 9 ABRIL

9:00 h: Saída cara Lisboa para visitar a cidade.

MARTES 10 ABRIL

Regreso de Lisboa cara Lugo.
20:00 h: Chegada prevista a Monforte.
21:00 h: Chegada prevista a Lugo.

NOTA: TODAS AS COMIDAS E AS CEAS CORREN POR CONTA DOS ALUMNOS/AS

Aviso importante: É imprescindible levar o DNI en vigor e a Tarxeta Sanitaria Europea.

Viaxe a Mérida

05/04/2018 08:50
07/04/2018 21:00

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR:

VISITA A  MÉRIDA E SEVILLA

Sevilla

Días:       5 ao 7 de abril
Para:       4º ESO e 1º BAC. Alumnado de Relixión
Organiza: Dpto. de Relixión

Esta actividade realízase conxuntamente con outros institutos da cidade e da provincia, na que os alumnos/as de 4º ESO e 1º BAC realizarán o seguinte percorrido. 

ITINERARIO:

XOVES 5

Saída hacia Mérida desde o centro, a onde chegarán pola tarde e onde realizarán unha visita guiada pola cidade.Comida en ruta por conta do alumnado (poderán levar bocata da casa)

VENRES 6

Almorzo no hotel e logo partirán cara Sevilla. Chegarán pola mañá e realizarán un paseo en barco polo Guadalquivir. Pola tarde visitarán a cidade acompañados dun guía. Comida e cea por conta dos alumnos/as

SÁBADO 7

Almorzo no hotel. Xornada de regreso cara Lugo, con parada en Salamanca, onde realizarán unha visita panorámica da cidade. Comida por conta dos alumnos/as

 

Aviso importante: É imprescindible levar o DNI para realizar as visitas guiadas. Tamén é conveniente levar a tarxeta sanitaria.

 

Actividade didáctica LIC Parga-Ladra-Támoga

06/04/2018 09:00
06/04/2018 14:20

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR:

RUTA PARGA-LADRA-TÁMOGA

 Lagoa Cospeito

Días:       6 de abril

Hora:       9:00-14:20

Para:       1º ESO  A e B
Organiza: Dpto. Ciencias Naturais

A saída incluirá unha visita ao Museo das Aves (Cospeito), ao Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito e unha ruta pola mesma. Todo isto acompañado dun guía que explicará as particularidades da fauna e flora deste entorno.

Recoméndase levar roupa cómoda para campo, e axeitada ao tempo que se espere para a xornada.

Os alumnos/as poden levar algo para picar a media mañá.

Distribuir contido


by Dr. Radut