Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Presentación liña de cosméticos á cargo da casa Estética Directo.

05/11/2019 11:50
05/11/2019 14:20

Título da actividade: Presentación de liña de cosméticos. 

RELATORA:Francis, representante da casa Estética Directa ( Vigo)

DIRIXIDA A:1ºe 2º do ciclo superior de ESINBE 

ORGANIZA: Departamento de Imaxe Persoal 

LUGAR: aulas específicas desta materia. 

     

OS RISCOS DE INTERNET, charla a cargo de Rubén D. Veiga Arias

04/11/2019 11:50
04/11/2019 14:20

LUNS 4 de novembro

Rubén Darío Veiga falará sobre: OS RISCOS DE INTERNET.

ORGANIZA:  Dpto. Orientación e Vicedirección.

 HORARIO E CURSOS:

 11,50H- 12,40h: 3ºA-B

12,40h- 13,30h: 2ºA-B

13,30h- 14,20h: 1ºA-B

 LUGAR:  Salón de actos

  

BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: “ UN MES, UNHA MULLER! "

 

BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: " UN MES, UNHA MULLER! "


Cartel concursoPoderá participar no concurso calquera alumno/a do IES MURALLA ROMANA matriculado/-a no curso 2019-2020.

A temática do concurso será "Un mes, unha muller". Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.

As fotografías deben presentarse en formato dixital. Deben ser arquivos JPG e o seu tamaño mínimo de 2000 píxeles x 2000 píxeles, preferiblemente en formato apaisado. O peso do arquivo non debe superar un máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o nome e primeiro apelido do autor/-a e o título da fotografía, por exemplo: NomeApelido_camiñandopaseiñosempresechega.jpg.

Cada fotografía enviarase por correo electrónico ao enderezo ies.muralla.romana@edu.xunta.gal co asunto da mensaxe “Concurso de Fotografía 2019”. Tamén se poderán presentar as fotografías nun pendrive entregándoo a Consuelo Devesa (vicedirectora).

A presentación das fotografías suporá a aceptación e autorización ao IES Muralla Romana para a publicación das mesmas na súa páxina web, medios dixitais, soportes en papel, catálogos etc. Aínda que se manteñen os seus dereitos de autor.

O período de envío de fotografías comeza o 1 de novembro de 2019 e remata o 30 de novembro de 2019, ambos inclusive.

Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías. Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas ao autor/-a ou que non sexan propiedade do autor/-a nin tampouco fotografías que foran premiadas con anterioridade noutros certames ou concursos.

O participante manifesta e garante que é o/a único/ a titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía que presenta a concurso e responsabilízase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereitos de imaxe.

Formarase un xurado formado por tres profesores/-as do instituto ( 1 pertencente ao grupo de biblioteca, 1 representante do equipo directivo e 1 en representación do claustro) e un/ unha representante do persoal non docente. Outorgaranse 1º, 2º e 3º premio entre as fotos presentadas polo alumnado.

Ademais destas 3 fotografías premiadas elixiranse outras 9 para elaborar o calendario do 2020.

Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, a promoción á hora de recoñecer a presenza da muller na sociedade e a calidade artística da fotografía. Rematado o prazo de inscrición e envío de fotografías, o veredicto do xurado terá lugar o 3 de decembro.

Aceptación das Bases: O feito de participar no concurso supón a total aceptación das bases e dos termos e condicións. O participante declara que as fotografías que presenta a concurso cumpren estritamente os requisitos sinalados nestas bases.

[CARTEL DO CONCURSO]



Andaina ata a ribeira do río Miño

29/10/2019 12:45
29/10/2019 14:20

Andaina ata a ribeira do río Miño

Organiza: Dpto Bioloxía e Tecnoloxía. Colabora Dpto EF

CURSOS E HORARIOS

2ºESO A - Saída do centro ás 11,45h

2ºESO B realizará esta andaina o martes 19 de novembro.  Aprázase para o 26 de novembro, polas condicións meteorolóxicas adversas. 

(Esta actividade está suxeita ás condicións meteorolóxicas. 

2ºESO B realizará esta andaina o martes 3 de decembro. 

[Ver álbum fotográfico completo]


   


Chegou o día! Os fenómenos meteorolóxicos permitiron que o alumnado de 2ºESO B realizara a andaina. Como vedes, mereceu a pena!

 

  

[Ver álbum fotográfico completo]

Charla a cargo de ADEGA: os residuos e as 3RS

24/10/2019 10:30
24/10/2019 11:20

1ª Charla a cargo de ADEGA:  OS RESIDUOS E AS 3 RS

 Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

 CURSOS e HORARIO:

 2ºESO A-B :  10,30- 11,20h

 LUGAR: Salón de actos

    

A segunda charla desta asociación tivo lugar o día 7 de novembro e impartiuse ao mesmo grupo e no mesmo horario que a primeira.  Nesta ocasión achegarannos segredos para que o noso horto siga medrando e lembráronnos o importante que é saber empregar os diferentes colectores. 

     

Aquí podedes ver máis fotos

 

Áula Móbil Newton. "Voamos cos números"

06/11/2019 12:00
06/11/2019 15:30

ORGANIZA: DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

CURSO:  4ºESO ( só poderán asistir 16 alumn@s por decisión da organización do evento).

Saída do centro: 12,00h.

HORARIO DA ACTIVIDADE: 12,30 - 15,30h.

Aquí tedes unha mostra de como o alumnado aprendeu a trazar coordenadas e sentirse capaz de pilotar un avión (claro está, nun simulador de voo). 

  

Aquí podedes ver máis fotos

Contacontos en francés

05/11/2019 13:30
05/11/2019 14:20

Contacontos a cargo de Samuel Mountoumnjou

ORGANIZA: DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

 CURSOS:

 1ºA-B ,2ºA-B  e 3ºESO.  1ºBAC

 HORARIO: 13:30- 14,20h

 Lugar: Salón de actos

 DESTINATARI@S:  alumnado de francés 

Compartimos as imaxes desta actividade que axudou ao alumnado a familiarizarse coa lingua francesa  nun ambiente lúdico. 

         
 

Taller de reciclaxe

21/10/2019 16:20
21/10/2019 17:10

Impartido por Mayra Moure, Departamento Medio Ambiente.   ANCARIA – XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL. 

 CURSOS:  1º ESO A- B

 Horario: 16,20/ 17:10h

 LUGAR:  Salón de actos

 

Momento do taller de reciclaxeMomento do taller de reciclaxe

Momento do taller de reciclaxe Momento do taller de reciclaxe Momento do taller de reciclaxe Momento do taller de reciclaxe
Momento do taller de reciclaxe Momento do taller de reciclaxe Momento do taller de reciclaxe Momento do taller de reciclaxe

Clic nas fotografías para ver ampliadas 

Charla da misioneira Ana López Castaño

18/10/2019 10:30
18/10/2019 14:20

Organiza: Departamento relixión.

 CURSOS e HORARIO:

 3ºESOB:  10,30- 11,20h

4ºESOB: 12,40-13,30h

2º BPMAR: 13,30-14,20H

Destinatari@s: alumnado de relixión e aberta a tod@s @s interesad@s.

Momento da charla da misioneira Ana López CastañoOutro momento da charla da misioneira Ana López Castaño

Clic na fotografía para ver ampliada 

Unidade de doazón de sangue no IES Muralla Romana

24/10/2019 09:30
24/10/2019 21:00

Folleto

[Ver ampliado]

Distribuir contido


by Dr. Radut