Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

O alumnado de 1º e 2º CM ESTBEL colabora co Conservatorio profesional de danza de Lugo no X Festival Unicef Lugo

13/12/2019 11:30
13/12/2019 16:30

O alumnado de 1º e 2ºCM de Estética e Beleza amosará os seus coñecementos axudando a maquillar os bailaríns e as bailarinas do CDAN para que o X Festival Unicef Lugo, volva ser un éxito.
 
DÍA:  VENRES 13 DE DECEMBRO


HORA DE COMEZO DO TRABALLO: 15.30h

Profesora acompañante: Carmen Quintela

As fotos amosan que a colaboración foi todo un éxito. 

 

Rutas literarias polo Museo de Lugo

12/12/2019 12:25
12/12/2019 13:45

Rutas literarias polo Museo de Lugo

ORGANIZA: Departamento de Lingua e Literatura galega

ALUMNADO: 4ºESOA

HORARIO: 12,25h- 13,45h

OBXECTIVOS:achegar o alumnado a diferentes artes dun xeito lúdico. 

As seguintes imaxes amosan que aproveitaron a experiencia. 

  

              [Ver álbum fotográfico completo]

Andaina ata a ribeira do río Miño

03/12/2019 11:45
03/12/2019 14:20

A andaina programada para o día 19 co alumado de 2ºESO B realizarase neste día (3/12/2019), sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Actividades para ciclos formativos de Informática. Charlas: SCRUM e LOPD. Visita a JIM SPORTS.

17/12/2019 12:00
19/12/2019 12:00

17 de decembro - Charla sobre metodoloxía SCRUM

CHARLA: Metodoloxía SCRUM

ASISTENTES: 1º e 2º DAM (Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma) e DAW (Desenvolvemento de aplicacións web).

DATA: 17 de decembro de 2019

HORA: 12,00 – 13,30

LUGAR: IES MURALLA ROMANA

ORGANIZA A CHARLA: Departamento de INFORMÁTICA e COMUNICACIÓNS

 

18 de decembro - Charla sobre LOPD

CHARLA: LOPD (Lei Orgánica de Protección de Datos)

ASISTENTES: 2º DAM, 2ºADSIINRE, 2ºSIMIRE, A_DAW, A_ADSIINRE e A_SIMIRE.

DATA: 18 de decembro de 2019

HORA: 17,00 – 18,30

LUGAR: IES MURALLA ROMANA

ORGANIZA A CHARLA: Departamento de INFORMÁTICA e COMUNICACIÓNS

 

19 de decembro - Visita a JIM SPORTS, S.L.

VISITA: JIM SPORTS TECHNOLOGY, SL (en Palas de Rei)

ASISTENTES: 2º DAM e DAW.

DATA: 19 de decembro de 2019

HORA: 09,00 – 12,00

LUGAR: Palas de Rei, Lugo

ORGANIZA A CHARLA: Departamento de INFORMÁTICA e COMUNICACIÓNS

   

 

Visita ao CEI Nodus. Organiza Depto. Administración e Xestión.

29/11/2019 09:00
29/11/2019 11:00

2º ASIDIR asistirá ás xornadas de portas abertas que realiza o CEI Nodus polo seu 15 aniversario. 

DÍA: 29 de novembro

HORARIO: 9,00h - 11,00h 

 

 

Andaina ata a ribeira do río Miño - APRAZADA!!!

19/11/2019 11:45
19/11/2019 14:20

A andaina programada para o día 19 co alumado de 2ºESO B realizarase neste día, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. 

2ºESOB - Aprázase para o 26 de novembro, polas condicións meteorolóxicas adversas. 

A SAÍDA REALIZARASE O 3 DE DECEMBRO. 

 

Yolanda Castaño imparte un taller de creación ao club de lectura, "Lecturas e andanzas"

11/12/2019 11:40
11/12/2019 12:40

Yolanda Castaño visita o centro e comparte o seu bo facer literario cos compoñentes do club de lectura do centro. 

DÍA: mércores 11 de decembro

HORARIO: 11,40h- 12,40h 

DESTINATARIOS/AS:  membros do club de lectura, "Lecturas e andanzas I,II"

LUGAR: biblioteca ou salón de actos. 

Chegou o día e o taller de creación literaria foi todo un éxito, como amosan estas imaxes. 

 

  

[Máis fotografías]

 

Máis información no blog do club de lectura

 

Charla a cargo de Marta Rodríguez Engroba, presidenta da asociación contra a violencia de xénero, SI HAI SAÍDA.

09/12/2019 16:20
09/12/2019 18:00

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

RELATORA: Marta Rodríguez Engroba, presidenta de SI HAI SAÍDA. 

DÍA: 9 de decembro 

HORARIO E CURSOS: 

16,20H- 17,10H :  4ºESOA, 2ºBAC, 2ºFPB INFOFI, 2ºFPB PEIEST.

17,10h- 18,00h :   4ºESOB, 1ºBAC, 1ºFPB INFOFI, 1ºFPB PEIEST. 

LUGAR: Salón de actos 

Marta e María informaron o alumnado deste tipo de violencia e amosáronlle o camiño para poñerlle fin. 

  

[Máis fotografías]

Moitas grazas!

 

 

CONCURSO: BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!!

 

BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!!


Cartel do concursoCONCURSO:
Deseñamos a identificación dos contedores de lixo do centro.

OBXECTIVOS:
- Sensibilizar e concienciar á comunidade educativa sobre a correcta selección do lixo e do uso dos contedores do centro.
- Fomentar unha cultura e práctica de hábitos saudables que non contaminen o medio ambiente.
- Concienciar á comunidade educativa sobre o valor dos residuos.
- Desenvolver diferentes actividades que poñan en práctica a regra das 3R: reducir, reutilizar e reciclar.

TEMÁTICA:
O concurso: BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!! ten como finalidade concienciar a toda a comunidade educativa á hora de seleccionar os residuos xerados por nós. Comezando polo que está máis próximo, educarémonos para facelo alá por onde vaiamos.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN: Os e as participantes terán que deseñar unha imaxe que identifique o lixo que recolle cada contedor:
  • Amarelo
  • Azul
  • Verde
- A imaxe debe presentarse en formato A4 con técnica libre e debe ser orixinal e inédita.

DESTINATARIOS/ AS:
  • Alumnado de 1ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor azul.
  • Alumando de 2ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor amarelo.
  • Alumnado de 3ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor verde.
PRAZO
Dende o 18 de novembro ata 16 de decembro de 2019.

EXPOSICIÓN E GAÑADORES/AS
Cos traballos presentados a concurso realizarase unha exposición no centro e o xurado valorará e elixirá os tres que mellor reflictan o obxectivo deste concurso.

XURADO
Estará formado polos membros do grupo de biblioteca, un representante do equipo directivo e un membro do persoal non docente.

PREMIOS
Haberá tres primeiros premios, xa que serán elixidos os mellores deseños para cada contedor. Impresión dos deseños gañadores para colocar en cada contedor.
VALE LIBRARÍA para os/as autores/ as

[CARTEL DO CONCURSO]
Cartel creado con Canva

Asistimos ao IX Maratón de cine do club de lectura, "Argalleir@s das letras"

28/11/2019 17:20
29/11/2019 08:40

O xoves 28 de novembro os compoñentes do club de lectura do centro, "Lecturas e andanzas I, II", compartirán unha velada de cine no IES Castro da Uz ( As Pontes) xunto aos seus e súas compañeiros e compañeiras do club de lectura, "Argalleir@s das letras". 

DÍA: 28 de novembro

LUGAR de destino: As Pontes de García Rodríguez. 

Saída do centro: 17, 20h 

Regreso ao centro: día 29 de novembro ás 08,40h 

Alumnado implicado: compoñentes do club de lectura que desexen asistir. 

Se pinchades aquí teredes información sobre as películas que veremos. 

Vai unha pequena mostra dese día. Pronto teredes máis información no blog do club de lectura.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut