Para o cartel utilizáronse imaxes gratuítas de Canva, de Pixabay, da Wikipedia e de dominio público.
CONCURSO DE DISFRACES PARA O DÍA 21 DE FEBREIRO.
TEMÁTICA: A muller na sociedade da súa época.
MODALIDADES:
-comparsas ( por grupos clase)
-individuais
DESTINATARIOS/-AS: todo o alumnado
HORARIO: 12:40h ata 14:20h
LUGAR: salón de actos
OBSERVACIÓNS:data límite para achegar a información solicitada, 14 de febreiro.
ORGANIZA: depto. orientación, vicedirección e aberta a todos/as.
CHEGOU O DÍA E FOI COMO ESPERABAMOS: ALEGRÍA, HUMOR, DIVERSIÓN, COMPAÑEIRISMO UNÍRONNOS A TODOS E A TODAS.
O xurado decidiu que a gañadora fora a comparsa, "musas gregas, deusas romanas e sacerdotisas exipcias", 1ºESOB (grazas Manuel polo traballo realizado en titoría e parabéns a todo o alumnado dese curso)
Agrademos a colaboración do departamento de imaxe persoal (alumnado -2ºfpbásica e ciclos- e profesorado) por maquillar os/as participantes no festival e facelos aínda máis protagonistas nas súas actuacións. Tamén a todas as persoas que axudaron a que o alumnado vivira uns momentos inesquecibles. E por último, parabéns a Aroa, presentadora do festival polo seu bo facer, e a Noa por levar o mantemento informático dun xeito maxistral. E COMO NON, A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU, PORQUE FOI O QUE FIXO POSIBLE ESTA ACTIVIDADE.
O alumnado de 3º e 4ºESO do CPI Luís Díaz Moreno -acompañado por representantes do profesorado deste centro- coñecerá a oferta educativa do IES Muralla Romana da man de docentes, que imparten clase nos ciclos de informática, ADMON, imaxe persoal... e percorrerán as diferentes dependencias do centro.
O alumnado de 4ºESO A-B e 1ºBAC visitirán esta cidade, vivirán de preto a súa historia e coñecerán todos os seus segredos para compartilos con todos e todas nós.
SAÍDA: DÍA 16 DE FEBREIRO ÁS 08.15H (o autobús estará diante do IES MURALLA ROMANA ÁS 07.50H)
REGRESO: DÍA 20 DE FEBREIRO. Saída de Oporto 20.25h (hora española), chegada ao IES MURALLA ROMANA ás 00.30h (aproximadamente)
CHARLA INFORMATIVA: " Enfermidades de transmisión sexual"
RELATORES: Pablo Sueiro e Juan Francisco Ollarves (médicos do servizo de Urxencias do HULA)
CURSOS: 4ºESO A -B, 1º e 2º Fpbásica PEIEST e INFOFI.
HORARIO: 16.20h - 17.20h.
LUGAR: salón de actos
ORGANIZA: depto. orientación, vicedirección en colaboración co depto. bioloxía.
Nas seguintes imaxes podedes ver algúns momentos da charla informativa.
Moitas grazas a Pablo Sueiro e a Juan F. Ollarves por compartir estes momentos co alumnado; por informalos dun tema tan importante e por responder a todas as súas dúbidas e preguntas.