Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

CHARLA INFORMATIVA: BOLSA DE ESTUDOS FUAC (CANCELADA)

25/03/2020 10:30
25/03/2020 12:00

CANCELADA 

Charla informativa: Bolsa de estudos FUAC

RELATORA: Rosa Villar Mouro

DESTINATARIO: alumnado que realice a FCT

DÍA: 25 de marzo 

HORARIO: 10.30H / 12.00H

LUGAR: salón de actos 

ORGANIZA: departamento de orientación, coordinadora do FCT e vicedirección

Charla: INNOVACIÓN E EMPRENDEMENTO (CANCELADA)

25/03/2020 09:15
25/03/2020 10:15

CANCELADA

Charla informativa: INNOVACIÓN E EMPRENDEMENTO 

RELATORES: Yolanda Hernández Pinilla, Isabel Rejes Canoura, Norman Javier Veiga Álvarez ( orientadores laborais Concello de Lugo) 

DESTINATARIOS: alumnado de 2º curso de ciclos de grao medio e grao superior de todas as familias profesionais que se imparten no centro. 

DÍA: 25 de marzo 

HORARIO: 09.15H / 10.15H

LUGAR: salón de actos

ORGANIZA: departamento de orientación, coordinadora de FCT e vicedirección

Pinchando aquí pódese ver o cartel anunciador. 

Charla informativa: observatorio das ocupacións SEPE, Lugo (SUSPENDIDA)

26/03/2020 11:30
26/03/2020 13:00

CANCELADA

Charla informativa: Observatorio das ocupacións SEPE, Lugo. 

  • Información sobre mercado laboral
  • Informe mensual/anual, mercado de traballo de persoas tituladas (FP, Universidade)
  • Prospección e detección de necesidades formativas.

Relatora: Ana María García Fernández ( coordinadora do observatorio ocupacional do SEPE de Lugo)

Dirixida: alumnado 2ºcurso FP -grao medio e grao superior- de todas as familias profesionais que se imparten no centro. 

Día: 26 de marzo

Hora: 11.30h

Lugar: salón de actos

Organiza: depto. Orientación, coordinadora FCT e vicedirección 

Pínchando aquí pódese ver o cartel anunciador.  

 

 

Charla informativa: Oposicións Administración Pública (SUSPENDIDA)

26/03/2020 09:30
26/03/2020 09:30

CANCELADA 

Charla informativa: OPOSICIÓNS ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Relator: Antonio Estévez 

Destinatario: alumnado 2ºcurso FP grao medio e grao superior de todas as familias profesionais que se imparten no centro. 

Día: 26 de marzo

Horario: 9.30h

Lugar: salón de actos

Organiza: depto. Orientación, coordinadora da FCT e vicedirección. 

 Pinchando aquí pódese ver o cartel anunciador. 

Visita a BIOCULTURA, A CORUÑA

28/02/2020 08:30
28/02/2020 21:00

VISITA A BIOCULTURA, feira de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable. 

ORGANIZA: departamento de Imaxe Persoal 

CURSOS: 1º e 2ºPECOCA; 1º e 2ºESBE e 2ºFPbásica PEIEST

LUGAR: A Coruña 

DÍA: 28 de febreiro 

HORARIO: saída do centro ás 08.30h. Regreso da Coruña ás 19.00h (aproximadamente)

Deixámosvos cunha pequena mostra da saída. 

Imaxes da visita

 

 
 

Charla da misioneira Rosa María de los Reyes

31/01/2020 10:30
31/01/2020 11:20

Charla: " Explotación de recursos naturais na RD Congo"

RELATORA: Rosa María de los Reyes

CURSOS: 3ºESO A- B (alumnado de relixión) 

Aberto a todos os cursos que desexen asistir. 

ORGANIZA: Departamento de relixión.

HORARIO: 10.30-11.20H

LUGAR: salón de actos 

  

Información de interese

Entrevista a Rosa María de los Reyes en El Progreso: Rosa María de los Reyes: "Hay niños expulsados de sus familias por creer que son brujos" 

CELEBRAMOS O ENTROIDO: A MULLER NA SOCIEDADE DA SÚA ÉPOCA

21/02/2020 12:40
21/02/2020 14:20

Cartel - bases do concurso

[CARTEL DO CONCURSO]

Para o cartel utilizáronse imaxes gratuítas de Canva, de Pixabay, da Wikipedia e de dominio público.

CONCURSO DE DISFRACES PARA O DÍA 21 DE FEBREIRO. 

TEMÁTICA: A muller na sociedade da súa época. 

MODALIDADES: 

-comparsas ( por grupos clase) 

-individuais 

DESTINATARIOS/-AS: todo o alumnado 

HORARIO: 12:40h ata 14:20h

LUGAR: salón de actos 

OBSERVACIÓNS:data límite para achegar a información solicitada, 14 de febreiro.

ORGANIZA: depto. orientación, vicedirección e aberta a todos/as.  

CHEGOU O DÍA E FOI COMO ESPERABAMOS: ALEGRÍA, HUMOR, DIVERSIÓN, COMPAÑEIRISMO UNÍRONNOS A TODOS E A TODAS. 

 

       Presentadoras do festival           lema da comparsa gañadora

O xurado decidiu que a gañadora fora a comparsa, "musas gregas, deusas romanas e sacerdotisas exipcias", 1ºESOB (grazas  Manuel polo traballo realizado en titoría e parabéns a todo o alumnado dese curso)

    Membros do xurado   Comparsa gañadora

Agrademos a colaboración do departamento de imaxe persoal (alumnado -2ºfpbásica e ciclos- e profesorado) por maquillar os/as participantes no festival e facelos aínda máis protagonistas nas  súas actuacións. Tamén a todas as persoas que axudaron a que o alumnado vivira uns momentos inesquecibles. E por último,  parabéns a Aroa, presentadora do festival polo seu bo facer, e a Noa por levar o mantemento informático dun xeito maxistral. E COMO NON, A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU, PORQUE FOI O QUE FIXO POSIBLE ESTA ACTIVIDADE. 

FELIZ ENTROIDO A TODOS E TODAS! 


VÍDEOS DO CONCURSO
ENTROIDO 2019/2020
21 de febreiro de 2020

Presentación

Comparsa 1º ESO-B

Deusa Hathor

As musas gregas

Os deuses e os heroes

As 9 musas gregas

Unha carta para tod@s

Parabéns a 1ºB

Baixo o título ANIMAIS

Comparsa M&M's

Pink Ladies

Os unicornios
Actuacións fóra de concurso

Dúas voluntarias

Flamenco en vivo
Comparsa gañadora no fin de festa

O alumnado de 3º e 4º ESO do CPI Luís Díaz Moreno ( Baralla) visita o centro

18/02/2020 09:00
18/02/2020 10:30

O alumnado de 3º e 4ºESO do CPI Luís Díaz Moreno -acompañado por representantes do profesorado deste centro- coñecerá a oferta educativa do IES Muralla Romana da man de docentes, que imparten clase nos ciclos de informática, ADMON, imaxe persoal... e percorrerán as diferentes dependencias do centro. 

ORGANIZA: departamento de orientación

HORARIO:  09.00h- 10.30h 

 

 

 

 

VIAXE DE ESTUDOS A ÁMSTERDAM

16/02/2020 09:00
20/02/2020 22:00

VIAXE DE ESTUDOS A ÁMSTERDAM 

 

O alumnado de 4ºESO A-B e 1ºBAC visitirán esta cidade, vivirán de preto a súa historia e coñecerán todos os seus segredos para compartilos con todos e todas nós.  

 

SAÍDA: DÍA 16 DE FEBREIRO ÁS 08.15H  (o autobús estará diante do IES MURALLA ROMANA ÁS 07.50H

REGRESO: DÍA 20 DE FEBREIRO. Saída de Oporto 20.25h (hora española), chegada ao IES MURALLA ROMANA ás 00.30h (aproximadamente) 

FELIZ VIAXE! 

No aeroporto   No aeroporto No autobús cara a Madrid

[Ver álbum fotográfico - irase actualizando]

 

 

Charla informativa sobre " Enfermidades de transmisión sexual"

10/02/2020 16:20
10/02/2020 17:20

CHARLA INFORMATIVA: " Enfermidades de transmisión sexual" 

RELATORES: Pablo Sueiro e Juan Francisco Ollarves (médicos do servizo de Urxencias do HULA)  

CURSOS: 4ºESO A -B, 1º e 2º Fpbásica PEIEST e INFOFI.

HORARIO: 16.20h - 17.20h. 

LUGAR: salón de actos 

ORGANIZA: depto. orientación, vicedirección en colaboración co depto. bioloxía. 

Nas seguintes imaxes podedes ver algúns momentos da charla informativa. 

Momento da charla impartida por Pablo e Juan Momento da charla impartida por Pablo e Juan Momento da charla impartida por Pablo e Juan 

Moitas grazas a Pablo Sueiro e a Juan F. Ollarves por compartir estes momentos co alumnado; por informalos dun tema tan importante e por responder a todas as súas dúbidas e preguntas. 

Relatores da charla

 

Distribuir contido


by Dr. Radut