Se xa é todo un éxito contar con tres equipos finalistas do noso centro, entre os 29 do concurso internacional D3MOBILE Metrology World League (concurso de escaneado 3D de precisión, que contou este ano con cifra récord de finalistas- entre os 496 participantes- e coa colaboración de 120 docentes de 99 centros educativos de 17 países de todo o mundo) para fomentar STEM entre os/as estudantes; agora tócanos a nós amosarlles a nosa satisfacción polo seu esforzo, votando os seus traballos para que así consigan o posto e recoñecemento que merecen.
Só votando poderemos apoiar os nosos finalistas, porque un dos premios decídese por votación pública, QUE NON SE DIGA!!!
O proceso de votación está aberto atá o 14 de xuño na web www.d3mobile.es e é moi sinxelo, tal como volo explicamos ao final desta nova, xa que antes deixámosvos cos traballos dos NOSOS FINALISTAS!!!! (Recordamos que haberá un sorteo entre todos/as os/as votantes.)
OS NOSOS EQUIPOS E O SEU TRABALLO
Equipo: 3D-MURALLA
Formado por Alejandro Muñoz e Adrián Rego, de 2º BAC
Modelo 3D: A muralla
Equipo: LOSPATCH
Formado por Valentín G. Iliescu e Ángel Rodríguez, de 2º BAC
Modelo 3D: Goma de borrar
Equipo: WARRIOR SOUL
Formado por Andrés Coucheiro, Pablo Ferreiro e Borja Porto, de 4º ESO
Modelo 3D: Cubo de rubik
Proceso para votar:
PARABÉNS A TODOS E A TODAS OS/AS PARTICIPANTES!
PARABÉNS AOS TRES EQUIPOS SEMIFINALISTAS (para nós xa sodes gañadores)!
PARABÉNS Á DOCENTE QUE OS ANIMONOU A PARTICIPAR E AXUDOUNOS A ESTAR AÍ!
SORTE E, UNHA VEZ MÁIS, PARABÉNS POR CHEGAR ATA ONDE CHEGASTES.