Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Cerimonia de clausura e entrega de premios da VIII D3Mobile (03/12/2020)

Modelo en 3D elaborado polo equipo do IES Muralla RomanaA cerimonia de clausura e entrega de premios da VIII Edición D3Mobile Metrology World League puxo en valor o talento e a creatividade dos estudantes participantes, na que un equipo do IES Muralla Romana de Lugo alzouse co premio EQUIPO CAMPIÓN DO MUNDO na modalidade de ARTISTAS 3D. O modelo gañador nesta categoría representa unha figura da muralla de Lugo escaneada en 3D, cuxa autoría corresponde ao equipo formado polos xa ex-alumnos do IES Muralla Romana: Adrián Rego e Alejandro Muñoz; coordinados pola profesora de TIC.

Máis información Xornal da USC

 

DÍA 25 DE NOVEMBRO. O IES MURALLA ROMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/2020 00:01
25/11/2020 23:59

O alumnado do IES Muralla Romana elaborou carteis, lemas, coplas populares, cantigas, vídeos, adaptou letras...para amosar o seu enfado e dicir BEN FORTE E ALTO : 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!  

Se pinchades no deseño que realizou Anum poderes acceder a todas as actividades. 

 Deseño realizado por Anum

DÍA 25 DE NOVEMBRO, O IES MURALLA ROMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado do IES Muralla Romana elaborou carteis, lemas, coplas populares, cantigas, vídeos, adaptou letras...para amosar o seu enfado e dicir BEN FORTE E ALTO : 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!  

Se pinchades no deseño que realizou Anum poderes acceder a todas as actividades. 

 Deseño realizado por Anum

VISITA DIDÁCTICA EN LIÑA Á EXPOSICIÓN: GALICIA, DE NÓS A NÓS.

02/12/2020 12:30
02/12/2020 13:20

Conectarase co Museo Centro Gaiás para realizar unha visita en liña na que o alumnado de 2ºBAC e 4ºESO A coñecerán contidos culturais e didácticos que os achegarán á importancia de Nós na construción da identidade galega. 

TEMA: GALICIA, DE NÓS A NÓS 

PROGRAMACIÓN DA ACTIVIDADE:  

MÉRCORES 2 de DECEMBRO: 2ºBAC 

HORA:  12:30H- 13:20H

LUGAR: SALÓN DE ACTOS 

 

XOVES 17 de DECEMBRO: 4ºESOA

HORA: 10:00H - 11.15H

LUGAR: SALÓN DE ACTOS 

ORGANIZA:  Departamento de Lingua galega e literatura.  

 

 

 

MAQUILLAXE E UÑAS ARTIFICIAIS LEMBRAN O SAMAÍN (1º e 2ºESBE)

OS CURSOS DE 1º E 2º ESBE LEMBRAN O SAMAÍN 

Compartimos os traballos de maquillaxe e uñas artificiais que realizou o alumnado de 1º e 2ºESBE con motivo da celebración do samaín e que, pese as circunstancias, amosan que o educativo segue a ser divertido e gratificador, como vemos no traballo que presentan só co traballado nun mes de clase.  

Agardamos que sirvan para lembrarvos esta celebración e desexar que o ano que vén poidamos gozalo con total normalidade. TRUCO OU TRATO!!!!????  

samaín   uñasmaquillaxe

[Ver álbum fotográfico completo]

A POR TODAS! TRES equipos do IES Muralla Romana finalistas no concurso D3MOBILE. A VOTAR!!!!

D3mobileSe xa é todo un éxito contar con tres equipos finalistas do noso centro, entre os 29 do concurso internacional D3MOBILE Metrology World League (concurso de escaneado 3D de precisión, que contou este ano con cifra récord de finalistas- entre os 496 participantes- e coa colaboración de 120 docentes de 99 centros educativos de 17 países de todo o mundo) para fomentar STEM entre os/as estudantes; agora tócanos a nós amosarlles a nosa satisfacción polo seu esforzo, votando os seus traballos para que así consigan o posto e recoñecemento que merecen.

Só votando poderemos apoiar os nosos finalistas, porque un dos premios decídese por votación pública, QUE NON SE DIGA!!!

O proceso de votación está aberto atá o 14 de xuño na web www.d3mobile.es e é moi sinxelo, tal como volo explicamos ao final desta nova, xa que antes deixámosvos cos traballos dos NOSOS FINALISTAS!!!! (Recordamos que haberá un sorteo entre todos/as os/as votantes.)


OS NOSOS EQUIPOS E O SEU TRABALLO


 
Equipo: 3D-MURALLA
Formado por Alejandro Muñoz e Adrián Rego, de 2º BAC
Modelo 3D: A muralla
 

 
Equipo: LOSPATCH
Formado por Valentín G. IliescuÁngel Rodríguez, de 2º BAC
Modelo 3D:  Goma de borrar
 

 
Equipo: WARRIOR SOUL
Formado por Andrés Coucheiro, Pablo Ferreiro e Borja Porto, de 4º ESO
Modelo 3D: Cubo de rubik
 

Proceso para votar:

Infografía


PARABÉNS A TODOS E A TODAS OS/AS PARTICIPANTES! ben

PARABÉNS AOS TRES EQUIPOS SEMIFINALISTAS (para nós xa sodes gañadores)! ben

PARABÉNS Á DOCENTE QUE OS ANIMONOU A PARTICIPAR E AXUDOUNOS A ESTAR AÍ! ben

SORTE E, UNHA VEZ MÁIS, PARABÉNS POR CHEGAR ATA ONDE CHEGASTES. sorte

10º Concurso Europeo de Marcapáxinas

17/05/2020 00:00

Iria Liñares, alumna de 1º de Bacharelato, premiada cun ACCÉSIT no  X Concurso Europeo de Marcapáxinas. 

Ao concurso preséntanse cada ano centos de marcapáxinas a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 – Carvalho Calero

A finalidade deste proxecto é promover a colaboración escolar con outros centros europeos, utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación.

Desde aquí desexámoslle os nosos parabéns a Iria Liñares polo seu excelente traballo; animándovos a todos e todas a seguir participando nestes tipo de proxectos educativos.

anverso reverso

Nestas imaxes está o marcapáxinas realizado por Iria e que mereceu a mención no concurso deste ano.

Visita Balneario de Lugo ( SUSPENDIDA)

18/03/2020 10:00
18/03/2020 14:30

Charla informativa sobre as propiedades terapéuticas das augas mineromedicinais do balneario.

Relatora e guía: directora médica Dª Asunción Sánchez

Descrición da actividade: 

Parte teórica: propiedades terapéuticas das augas,  a cura balnearia e as técnicas hidrotermais. 

-Visita guiada polas instalacións.

-Prácticas

- Acceso a circuíto termal 

Destinatarios/as: 2ºCS Estética Integral e Benestar. 

Horario: 10.00h- 14.00h ( aproximadamente) 

Lugar: Balneario de Lugo 

Organiza: departamento de imaxe persoal  

Por causas de forza maior suspéndese esta actividade. Máis información no seguinte enlace. 

Técnicas de manicura

15/04/2020 09:30
15/04/2020 14:00

Taller sobre técnicas de manicura 

Imparte: Susana Vizcaíno 

Destinatarios/as: 1ºPECOCA e 2ºFPBÁSICA PEIEST

Horario: 09.30h - 14.00h 

Lugar:áulas específicas da materia 

Organiza: departamento de imaxe persoal 

Taller de maquillaxe ( SUSPENDIDO)

25/03/2020 09:30
25/03/2020 14:00

Taller de maquillaxe

SUSPENDIDA

Imparte o taller: Susana Vizcaíno

Destinatarios/as: 2º Fpbásica PEIEST 

Horario: 09.30h- 14.00h 

Lugar: áulas específicas da materia

Organiza: departamento de imaxe persoal 

Por causas de forza maior suspéndese esta actividade. Máis información no seguinte enlace. 

Distribuir contido


by Dr. Radut