Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Visita ao Árquivo Histórico Provincial de Lugo

27/10/2021 12:20
27/10/2021 14:10

Visita ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Máis información

PRESENTACIÓN DO LIBRO, LIBRES E VIVAS

27/10/2021 10:40
27/10/2021 12:30

Asistencia á presentación da obra, Libres e vivas

Máis información

PRESENTACIÓN DO LIBRO, LIBRES E VIVAS

O mércores 27 de outubro, o alumnado de 4ºESO e 1ºBAC asistiu (acompañado polo profesorado titor) á presentación do libro Libres e vivas.

Visita ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo

O mércores 27 de outubro o alumnado de 2ºASIADIR (acompañado da súa titora)  realizou unha visita guiada ao Arquivo Histórico para coñecer as súas instalacións e os fondos dos que dispón.

CAMPIÓNS DO MUNDO NA D3MOBILE METROLOGY WORLD LEAGUE 2021

Modelo en 3D elaborado polo equipo do IES Muralla RomanaNa 9ª Edición D3Mobile Metrology World League un equipo do IES Muralla Romana de Lugo álzase co premio EQUIPO CAMPIÓN DO MUNDO - METRÓLOGOS. O modelo gañador representa un globo terráqueo escaneado en 3D, cuxa autoría corresponde ao equipo NIIDEA3D formado por: Adrián López Montouto, Nahir Armesto Pallares e Juan Carlos Amedo López; alumnado de 4ºESO e coordinados pola profesora de TIC. 

Para acadar este premio, ademais de presentar o globo, enfrontáronse a unha proba para extraer coordenadas e realizar medicións sobre un obxecto 3D, onde tentaron conseguir a máis alta precisión... e deberon conseguilo.

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!

Noticia no Xornal da USCXornal da USC

Noticia en El Progreso Xornal da USC

Máis información Xornal da USC

FESTIVAL CLAUSURA ENREDANDO CO GALEGO

10/06/2021 11:30
10/06/2021 14:10

O alumnado que participou na actividade EnRedando co Galego asistirá no Auditorio Gustavo Freire ao festival de clausura no que se darán a coñecer os/as gañadores/as e gozarán cun recital musical e coa entrega de agasallos. 

XOVES DÍA 10 DE XUÑO        HORARIO: 11.30H - 14.00H

Velaquí as gañadoras do IES Muralla Romana de EnRedando co Galego, durante o acto de clausura, recollendo os premios. PARABÉNS!!!

María Penín por BolboretasSilivia López por..Jennifer Fernández por Oda á naturezaAinhoa Reija por A cova misteriosa
Sara Pico por Carapuchiña vermellaMomento do eventoTOD@S @S PARTICIPANTESa

- El Progreso
- Facebook de Cultura e Turismo de Lugo

Para ler as súas creacións só tedes que premer neste enlace da páxina da Asociación de Escritores e escritoras en lingua galega

GALA 12ª EDICIÓN DO CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO (concurso Coca- Cola)

11/06/2021 11:00
11/06/2021 12:00

PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA NOTICIA, PREMER AQUÍ. 

GALA 12ª EDICIÓN DO CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO (concurso Coca-Cola)

O venres 11 de xuño está prevista a celebración da Gala 12ª Edición do Concurso de Novos Talentos de Relato Curto, onde se darán a coñecer os/as premiados/as. Dita gala seguirase dende o centro educativo de xeito virtual e asistirán os grupos de 2ºESOA, 2ºESOC e 2ºPMAR,  por ter participantes neste evento. 

Farase o seguimento da gala dende o Salón de Actos, comezando ás 11.00h e tendo como hora aproximada de remate as 12.00h

Moita sorte a todos os/as participantes!

Dous equipos de 4ºESO-A participan no concurso D3MOBILE

D3mobileDous equipos de 4ºESO-A do noso centro participan no concurso internacional D3MOBILE Metrology World League (concurso de escaneado 3D de precisión, para fomentar STEM entre os/as estudantes).

Podemos apoiar os nosos equipos votando, porque un dos premios decídese por votación pública.

COLABORACIÓN DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER NA INDIA

CHARLA / COLOQUIO POR VIDEOCONFERENCIA CON LANCY DODEM E MARÍA DÍAZ (membros da Fundación Vicente Ferrer

TEMA: deron a coñecer a situación na India e o traballo da Fundación nas diferentes áreas (educación, muller, persoas con discapacidade, ecoloxía, saúde). 

DÍA: MÉRCORES 12 DE MAIO

HORARIO: 13:20H-14:10H

CURSOS: 3ºESOA, 3ºESOB E 3ºPMAR

LUGAR: salón de actos.

 

Para contextualizar esta charla, uns días antes tivemos unha exposición no vestíbulo do centro sobre os OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE nos que veremos a contribución da Fundación para axudar a conseguir estes. 

Moitas grazas Lancy e María por compartir con nós o traballo que realiza a Fundación Vicente Ferrer e responder as nosas preguntas. 

momentos da conferencia

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut