Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Ruta "Arte urbana de Lugo"

26/11/2021 09:00
26/11/2021 14:10

O club de lectura, "lecturas e andanzas", realizará o día 26 de novembro  a ruta "Arte urbana de Lugo" da man de Guido. Esta ruta será o punto de partida para unha nova andanza literaria deste club de lectura. 

HORARIO: 

Saída do centro ás 09:00h e regreso ás 14:20h. 

O percorrido farase a pé para coñecer mellor todos os recunchos da nosa cidade. 

 

 

O GRUPO CIDADÁN "COIDEMOS LUGO" ACHÉGASE ATA O CENTRO

08/11/2021 11:40
08/11/2021 17:40

O movemento cidadán, Coidemos Lugo visitará o centro o luns 8 de novembro e compartirá co alumnado de 1ºESO A, B e C e 2º ESO A os seus proxectos, lembrándolles o preciso que é estar comprometido co medio ambiente. 

HORARIO:

11:40h - 13:20 h (1ºESOA-B)

16:00H- 17:40H (1ºESOC E 2ºESOA) 

 

Visita ao Árquivo Histórico Provincial de Lugo

27/10/2021 12:20
27/10/2021 14:10

Visita ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Máis información

PRESENTACIÓN DO LIBRO, LIBRES E VIVAS

27/10/2021 10:40
27/10/2021 12:30

Asistencia á presentación da obra, Libres e vivas

Máis información

PRESENTACIÓN DO LIBRO, LIBRES E VIVAS

O mércores 27 de outubro, o alumnado de 4ºESO e 1ºBAC asistiu (acompañado polo profesorado titor) á presentación do libro Libres e vivas.

Visita ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo

O mércores 27 de outubro o alumnado de 2ºASIADIR (acompañado da súa titora)  realizou unha visita guiada ao Arquivo Histórico para coñecer as súas instalacións e os fondos dos que dispón.

CAMPIÓNS DO MUNDO NA D3MOBILE METROLOGY WORLD LEAGUE 2021

Modelo en 3D elaborado polo equipo do IES Muralla RomanaNa 9ª Edición D3Mobile Metrology World League un equipo do IES Muralla Romana de Lugo álzase co premio EQUIPO CAMPIÓN DO MUNDO - METRÓLOGOS. O modelo gañador representa un globo terráqueo escaneado en 3D, cuxa autoría corresponde ao equipo NIIDEA3D formado por: Adrián López Montouto, Nahir Armesto Pallares e Juan Carlos Amedo López; alumnado de 4ºESO e coordinados pola profesora de TIC. 

Para acadar este premio, ademais de presentar o globo, enfrontáronse a unha proba para extraer coordenadas e realizar medicións sobre un obxecto 3D, onde tentaron conseguir a máis alta precisión... e deberon conseguilo.

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!

Noticia no Xornal da USCXornal da USC

Noticia en El Progreso Xornal da USC

Máis información Xornal da USC

FESTIVAL CLAUSURA ENREDANDO CO GALEGO

10/06/2021 11:30
10/06/2021 14:10

O alumnado que participou na actividade EnRedando co Galego asistirá no Auditorio Gustavo Freire ao festival de clausura no que se darán a coñecer os/as gañadores/as e gozarán cun recital musical e coa entrega de agasallos. 

XOVES DÍA 10 DE XUÑO        HORARIO: 11.30H - 14.00H

Velaquí as gañadoras do IES Muralla Romana de EnRedando co Galego, durante o acto de clausura, recollendo os premios. PARABÉNS!!!

María Penín por BolboretasSilivia López por..Jennifer Fernández por Oda á naturezaAinhoa Reija por A cova misteriosa
Sara Pico por Carapuchiña vermellaMomento do eventoTOD@S @S PARTICIPANTESa

- El Progreso
- Facebook de Cultura e Turismo de Lugo

Para ler as súas creacións só tedes que premer neste enlace da páxina da Asociación de Escritores e escritoras en lingua galega

GALA 12ª EDICIÓN DO CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO (concurso Coca- Cola)

11/06/2021 11:00
11/06/2021 12:00

PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA NOTICIA, PREMER AQUÍ. 

GALA 12ª EDICIÓN DO CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO (concurso Coca-Cola)

O venres 11 de xuño está prevista a celebración da Gala 12ª Edición do Concurso de Novos Talentos de Relato Curto, onde se darán a coñecer os/as premiados/as. Dita gala seguirase dende o centro educativo de xeito virtual e asistirán os grupos de 2ºESOA, 2ºESOC e 2ºPMAR,  por ter participantes neste evento. 

Farase o seguimento da gala dende o Salón de Actos, comezando ás 11.00h e tendo como hora aproximada de remate as 12.00h

Moita sorte a todos os/as participantes!

Distribuir contido


by Dr. Radut