Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

I TORNEO DE XADREZ

cartel

 COMEZA O I TORNEO DE XADREZ DO IES MURALLA ROMANA. 

 Os 24 participantes poñerán a proba a súa axilidade e destreza para poder chegar ata a final; aínda que o camiño percorrido para chegar ata ela estará cheo de xogo,  aprendizaxe e inesquecibles momentos compartidos. 

As partidas desenvolveranse no tempo de lecer dos luns e mércores de cada semana. 

 

ÁNIMO E que tardedes en dicir: XAQUE MATE! 

 

Como podedes comprobar, todo un éxito os primeiros encontros!

XORNADAS "VIDEOXOGOS E REALIDADE VIRTUAL"

Desenvolveranse no salón de actos do centro dende o 29 de novembro ao 3 de decembro en horario de 18:00h - 20:00h.  

Dirixidas a: curso de Especialización en Desenvolvemento de Videoxogos e Realidade virtual e aos segundos cursos dos ciclos de Administración de Sistemas Informáticos e en Rede, Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e Desenvolvemento de Aplicacións Web. 

información das xornadas

 

VISITA FORMATIVA AO BALNEARIO DE LUGO

A mañá do 26 de novembro as alumnas de 2ºCS de ESTÉTICA INTEGRAL E BENESTAR visitaron o balneario da nosa cidade. 

foto da visita  foto da visita

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. NON MÁIS BÁGOAS!

imaxeToda a comunidade educativa participou ao longo deste mes de novembro nas actividades que realizamos para lembrar que somos moitas as voces que din moi alto: 

NON QUEREMOS MÁIS BÁGOAS! 

E como di Carlos Negro, "NUNCA ME PINTES COSTURAS NOS LABIOS" 

Premendo nesta ligazón ou na imaxe veredes todo o que nos uniu e nos unirá ata que se poña fin a este tipo de violencia. 

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

O xoves 25 de novembro, o alumnado de 1ºADMFIN_A, _B e 1ºASIADIR realizou unha visita guiada ao Parlamento de Galicia para coñecer de primeira man o funcionamento desta institución. 

foto da visita

VISITA AO CEI-NODUS, LUGO

O luns 22 de novembro, o alumnado de 2ºADMFIN_A e 2ºASIADIR_A realizaron unha visita guiada ao CEI-NODUS do Concello de Lugo co fin de coñecer a actividade que o centro leva a cabo no campo do emprendemento. 

foto grupo

2ºASIADIR_A VISITA SPORTUR_OURENSE

O venres 19 de novembro, o alumnado de 2ºASIADIR_A visitou o recinto Expourense para asistir á IV feira do Deporte e Turismo Activo co fin de coñecer a situación do sector e as claves para a súa reactivación. 

foto da visita      foto

BASES PARA PARTICIPAR NO CALENDARIO "O ANO DOS SENTIDOS"

Cartel concursoPoderá participar no concurso para elaborar o calendario do ano 2022  toda a comunidade educativa (preferentemente alumnado) do IES MURALLA ROMANA.

A temática do concurso será "O ANO DOS SENTIDOS". Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.

As fotografías ou ilustracións presentaranse en formato dixital. Deben ser arquivos preferiblemente JPG ou PNG e con boa resolución (calidade), preferiblemente en formato apaisado. O peso do arquivo non debe superar un máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o nome e primeiro apelido do autor/-a e a palabra elixida para o sentido que reflicte a fotografía/ilustración. Exemplo: NomeApelido_agarimoso.jpg.

Cada fotografía enviarase por correo electrónico ao enderezo durotraballo18@gmail.com co asunto da mensaxe “Calendario. O ano dos sentidos”. Tamén se poderán presentar as fotografías nun pendrive entregándoo en vicedirección.

O período de envío de fotografías remata o 30 de novembro de 2021, inclusive.

PRESENTACIÓN DA OBRA DE IGNACIO VILLAR, AURA 1964

O sábado 13 de novembro asistimos no Vello Cárcere de Lugo á presentación do guión escrito por Ignacio Villar, Aura 1964. Este evento contou coa presenza do xornalista Paco Nieto e a actriz Melania Cruz. Os/as asistentes gozamos dunha contextualización da obra única e, por riba, conseguimos unha dedicatoria do autor para a biblioteca do centro. GRAZAS! 

momentos da presentación   

O GRUPO CIDADÁN "COIDEMOS LUGO" ACHÉGASE ATA O CENTRO

imaxe

O movemento cidadán, Coidemos Lugo visitou o centro o luns 8 de novembro e compartiu co alumnado de 1ºESO A, B e C e 2º ESO A os seus proxectos, lembrándolles o preciso que é estar comprometido co medio ambiente. 

Guido, un dos fundadores deste movemento, conduciou ás sesións da mañá e lembrou o importante que é coidar o medio ambiente e que, para iso, hai que comezar polo máis próximo. Logo dunha charla, que estivo acompañada de intervencións do alumnado, dirixímonos a pasear pola contorna do centro. Este paseo axudounos a concienciarnos de que se non manchamos, o medio ambiente agradeceránolo. 

 Deixámosvos cunhas imaxes da sesión da mañá: 

Distribuir contido


by Dr. Radut