Poderá participar no concurso para elaborar o calendario do ano 2022 toda a comunidade educativa (preferentemente alumnado) do IES MURALLA ROMANA.
A temática do concurso será "O ANO DOS SENTIDOS". Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.
As fotografías ou ilustracións presentaranse en formato dixital. Deben ser arquivos preferiblemente JPG ou PNG e con boa resolución (calidade), preferiblemente en formato apaisado. O peso do arquivo non debe superar un máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o nome e primeiro apelido do autor/-a e a palabra elixida para o sentido que reflicte a fotografía/ilustración. Exemplo: NomeApelido_agarimoso.jpg.
Cada fotografía enviarase por correo electrónico ao enderezo durotraballo18@gmail.com co asunto da mensaxe “Calendario. O ano dos sentidos”. Tamén se poderán presentar as fotografías nun pendrive entregándoo en vicedirección.
O período de envío de fotografías remata o 30 de novembro de 2021, inclusive.