Visita formativa ao balneario de Lugo. O alumnado asistirá a unha charla sobre aspectos relacionados co centro hidrotermal. Realizarán unha visita guiada e asistirán a unha demostración técnica e práctica nas instalacións.
HORARIO: Saída do centro ás 9:00h e regreso ás 14:00h
Visita ó recinto de Expourense para asistir á feira do Deporte e Turismo Activo co fin de coñecer a situación do sector e as claves para a reactivación do turismo activo e deportivo.
DÍA: VENRES 19 DE NOVEMBRO
HORARIO: saída do centro ás 9:00h, regreso (aproximado) 19:00h
Os 24 participantes poñerán a proba a súa axilidade e destreza para poder chegar ata a final; aínda que o camiño percorrido para chegar ata ela estará cheo de xogo, aprendizaxe e inesquecibles momentos compartidos.
As partidas desenvolveranse no tempo de lecer dos luns e mércores de cada semana.
ÁNIMO E que tardedes en dicir: XAQUE MATE!
Como podedes comprobar, todo un éxito os primeiros encontros!
Desenvolveranse no salón de actos do centro dende o 29 de novembro ao 3 de decembro en horario de 18:00h - 20:00h.
Dirixidas a: curso de Especialización en Desenvolvemento de Videoxogos e Realidade virtual e aos segundos cursos dos ciclos de Administración de Sistemas Informáticos e en Rede, Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e Desenvolvemento de Aplicacións Web.