Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN NA VIOLENCIA DE XÉNERO

11/01/2022 09:35
11/01/2022 10:25

Dentro do Programa socioeducativo da prevención na violencia de xénero, que oferta o Concello de Lugo, o alumnado de 2ºESO, 3º ESO e 4º ESO asistirá a uns obradoiros que os achegarán a este tema seguindo unha metodoloxía de traballo baseada na reflexión e na participación activa dos/das asistentes. 

RELATORA: Natalia Quiroga, técnica do Concello de Lugo.

CURSO: 3ºESOA

HORARIO: 9:35H- 10:25H. 

LUGAR: aula de referencia 

Esta actividade seguirá estritamente a normativa sanitaria actual, respectando a capacidade do espazo e todas as medidas de seguridade e hixiene. 

OBRADORIO DE PREVENCIÓN NA VIOLENCIA DE XÉNERO

Dentro do Programa socioeducativo da prevención na violencia de xénero, que oferta o Concello de Lugo, o alumnado de 2ºESO, 3º ESO e 4º ESO asistirá a uns obradoiros que os achegarán a este tema seguindo unha metodoloxía de traballo baseada na reflexión e na participación activa dos/das asistentes. 

RELATORA: Natalia Quiroga, técnica do Concello de Lugo. 

SUSPENDIDA VISITA ÁS INSTALACIÓNS E LABORATORIOS DA FACULTADE DE CIENCIAS DE LUGO

13/01/2022 09:20
13/01/2022 13:30

SUSPENDIDA ACTIVIDADE

Dentro do programa "Ciencia para xoves investigadores" o alumnado de 4ºESO (que cursa Física e Química), acompañados polo alumnado de 1ºBAC de bioloxía, visitará as instalacións e laboratorios da Facultade de Ciencias de Lugo. 

ACTIVIDADES: 

Recepción polo equipo decanal. 

Visita ás instalacións da Facultade de Ciencias.

Visita aos laboratorios: o alumnado participará no desenvolvemento de diferentes tipos de experiencias relacionadas co coñecemento da rama de ciencias e enxeñaría. 

HORARIO: 

Saída do centro: 9:20h

Regreso ao centro: 13:30h

 

 

TALLER SOBRE TRATAMENTOS ESTÉTICOS DE MANS E PÉS

Hoxe, martes 21 de decembro,  Susana Vizcaíno, técnica da casa Prodube achegou o alumnado de Asesoría de Imaxe  técnicas sobre tratamentos estéticos de mans e pés.  

Deixámosvos cunhas imaxes que amosan o bo aproveitamento do taller. 

imaxe da relatora e alumnado

imaxes do taller

TALLER SOBRE TRATAMENTOS ESTÉTICOS DE MANS E PÉS

21/12/2021 16:00
21/12/2021 18:30

Taller sobre tratamentos estéticos de mans e pés

Impartido por Susana Vizcaíno, técnica da casa Prodube

Destinatarios: alumnado de Asesoría de Imaxe. 

Horario:  16h- 18h. 

 

 

 

CONFERENCIA SOBRE A LOPD

20/12/2021 17:00
20/12/2021 18:00

CONFERENCIA SOBRE A LOPD

Relatora: Lorena Vázquez (Asesoría Álvarez Real)

DÍA:  20 de decembro

HORA: 17 H.

LUGAR: Salón de actos do centro

DESTINATARIOS/AS: 2º cursos de ciclos formativos de Informática, tanto de réxime ordinario como de adultos. 

MODALIDADE: presencial (respectando en todo momento a capacidade permitida do salón de actos)

 

TÍRALLE DA LINGUA 2021

O xurado do XX Concurso de relato oral Tíralle da lingua decidiu NON outorgar premio ás representantes do noso centro neste certame. 

Parabéns aos/ás premiadas no concurso!

Milleiros de felicitacións para Sara e Nahir pola súa participación e o seu bo facer. Sabedes que, para nós, sodes gañadoras!

Deixámosvos cos enlaces para poder gozar das súas historias. 

O hábito do defunto

O leñador honrado

TALLER DE RADIO CON SARA MEIJIDE

fotoO luns día 13 de decembro, a xornalista Sara Fernández Meijide comezou o taller sobre o manexo e funcionamento da radio escolar, "Radio Llama".

 

Máis información, no blog do club de lectura. 

Para ver o desenvolvemento do segundo taller de radio, só tedes que premer neste enlace.

TALLER DE RADIO CON SARA MEIJIDE

20/12/2021 16:00
20/12/2021 16:50

A xornalista Sara Fernández Meijide impartirá un taller sobre este medio de comunicación a compoñentes da radio escolar ("Radio Llama") para indicarlles o camiño a seguir e descubrirlles o funcionamento e as vantaxes desta canle comunicativa. 

DESTINATARIOS/AS: 

alumnado colaborador de  "Radio Llama"

HORARIO: 

Luns 13 de decembro de 16:00H -16:50H

Lugar: aula 05 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut