Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

CARMEN CONDE IMPARTIU UN OBRADOIRO DE NARRATIVA

Carmen Conde (Tarabela Creativa) impartiu un taller de  narrativa, baixo a perspectiva de xénero, ao alumnado de 4ºESO_A_B e 1ºBAC.

imaxe  imaxe  imaxe

 Pronto compartiremos as súas creacións con todos vós.

FINALISTAS DO I TORNEO DE XADREZ

Aquí están os finalistas do I TORNEO DE XADREZ do IES Muralla Romana. 

finalistas

Agardamos  con gran expectación o desenvolvemento dos seguintes encontros: 

TEATRO EN FRANCÉS

09/03/2022 10:00
09/03/2022 14:00

A compañía La Bohème, informounos que esta representación tería  que aprazarse ata o día 10 de marzo


NOVA INFORMACIÓN NO DÍA 10 DE MARZO. 

O departamento do centro que organiza esta actividade é alleo a este cambio de última hora e sente as molestias e modificacións que poidan afectar aos cursos que asistían a esta actividade.  

Asistencia á representación teatral Le fantôme de l´Opéra a cargo da compañía La Bohème. 

CURSOS: 2ºESO A,B, C; 3ºESO A; 4ºESO A; 1ºBAC e 2ºASIDIR. 

LUGAR: Auditorio Gustavo Freire

HORARIO: achegarase proximamente. 

X CONCURSO "LUCUS INTERCENTROS" (Actividade APRAZADA!!!)


Aprazada
O Concurso "Lucus Intercentros" CANCÉLASE DEBIDO A SITUACIÓN ACTUAL.


O X Concurso "Lucus Intercentros" terá lugar o venres 21 de xaneiro de 2022 no Salón de Actos do IES Muralla Romana de Lugo e poderá ser visto en directo na web do Servicio de Audiovisuais da Deputación de Lugo (http://audiovisuais.deputacionlugo.org/) e na web do IES Muralla Romana (https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmurallaromana/).

Organiza e coordina o Departamento da Familia de Administración e Xestión do IES Muralla Romana. 

acceso á información

BASES DO CONCURSO Bases en pdf

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN NA VIOLENCIA DE XÉNERO

11/01/2022 09:35
11/01/2022 10:25

Dentro do Programa socioeducativo da prevención na violencia de xénero, que oferta o Concello de Lugo, o alumnado de 2ºESO, 3º ESO e 4º ESO asistirá a uns obradoiros que os achegarán a este tema seguindo unha metodoloxía de traballo baseada na reflexión e na participación activa dos/das asistentes. 

RELATORA: Natalia Quiroga, técnica do Concello de Lugo.

CURSO: 3ºESOA

HORARIO: 9:35H- 10:25H. 

LUGAR: aula de referencia 

Esta actividade seguirá estritamente a normativa sanitaria actual, respectando a capacidade do espazo e todas as medidas de seguridade e hixiene. 

OBRADORIO DE PREVENCIÓN NA VIOLENCIA DE XÉNERO

Dentro do Programa socioeducativo da prevención na violencia de xénero, que oferta o Concello de Lugo, o alumnado de 2ºESO, 3º ESO e 4º ESO asistirá a uns obradoiros que os achegarán a este tema seguindo unha metodoloxía de traballo baseada na reflexión e na participación activa dos/das asistentes. 

RELATORA: Natalia Quiroga, técnica do Concello de Lugo. 

SUSPENDIDA VISITA ÁS INSTALACIÓNS E LABORATORIOS DA FACULTADE DE CIENCIAS DE LUGO

13/01/2022 09:20
13/01/2022 13:30

SUSPENDIDA ACTIVIDADE

Dentro do programa "Ciencia para xoves investigadores" o alumnado de 4ºESO (que cursa Física e Química), acompañados polo alumnado de 1ºBAC de bioloxía, visitará as instalacións e laboratorios da Facultade de Ciencias de Lugo. 

ACTIVIDADES: 

Recepción polo equipo decanal. 

Visita ás instalacións da Facultade de Ciencias.

Visita aos laboratorios: o alumnado participará no desenvolvemento de diferentes tipos de experiencias relacionadas co coñecemento da rama de ciencias e enxeñaría. 

HORARIO: 

Saída do centro: 9:20h

Regreso ao centro: 13:30h

 

 

TALLER SOBRE TRATAMENTOS ESTÉTICOS DE MANS E PÉS

Hoxe, martes 21 de decembro,  Susana Vizcaíno, técnica da casa Prodube achegou o alumnado de Asesoría de Imaxe  técnicas sobre tratamentos estéticos de mans e pés.  

Deixámosvos cunhas imaxes que amosan o bo aproveitamento do taller. 

imaxe da relatora e alumnado

imaxes do taller

TALLER SOBRE TRATAMENTOS ESTÉTICOS DE MANS E PÉS

21/12/2021 16:00
21/12/2021 18:30

Taller sobre tratamentos estéticos de mans e pés

Impartido por Susana Vizcaíno, técnica da casa Prodube

Destinatarios: alumnado de Asesoría de Imaxe. 

Horario:  16h- 18h. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut