Hoxe realizouse a entrega de premios aos /ás finalistas do I TORNEO DE XADREZ e agradecemos a colaboración do alumnado que actuou como presentadores/as e dinamizadores/as do evento por facelo así de ben, sen esquecer felicitasr a todos e todas os participantes ao longo do torneo por amosar que o tempo de lecer sempre abre camiños e ao profesor e profesora coordinadores que fixeron posible achegar este deporte ao alumnado.
Imaxes dos presentadores e do gañador -Samuel- acompañado por Gabriel, profesor organizador e encargado de entregar os premios.
Premendo nesteenlacepoderedes ver as fotos da entrega de premios.
Achegamos o vídeo realizado por Yolanda, profesora organizadora do torneo, para lembrar esta gratificadora experiencia.
PARABÉNS AO GAÑADOR!
PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!
PARABÉNS AOS/ÁS ORGANIZADORES/AS!
Agardámosvos o seguinte curso no II TORNEO DE XADREZ.
O alumnado de 1ºESO e 2º ESO asistiu á representación teatral, Leonardo e os biosbardos, posta en escena pola compañía "A Xanela do Maxín". Baseada na obra de Blanco Amor, tratáronse temas como a superación dos medos, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas.
Ao longo das xornadas realizadas no período de lecer e nas que participaron un amplo número de alumnos e alumnas de todas as idades, só temos que reafirmar que: "Presta de verdade ver a tanta xente facer deporte xuntos, desfrutando do xogo, esquecéndose de problemas e aprendendo a saber gañar e perder".
Deixámosvos co equipo gañador (4ºESOB) do torneo de voleibol e co segundo clasificado (3ºESOA).
PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!
Lembramos que agora estase a disputar o torneo de bádminton e logo comezarase co de brilé.
O alumnado de 1ºESO e 2º ESO asistirá á representación teatral, Leonardo e os biosbardos, posta en escena pola compañía "A Xanela do Maxín". Baseada na obra de Blanco Amor, trataranse temas como a superación dos medos, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas.
Arantzazu Domínguez, responsable da empresa Mohare servicios de imagen y vestuario,con ampla experiencia profesional como figurinista e asesora de vestiario no eido audiovisual, de eventos e persoal, estableceu un coloquio co alumnado de 1º ASIMPE para ofrecerlle unha panorámica deste sector profesional.